miércoles, 11 de junio de 2014

O GRILO E A GRILA

O grilo e a grila

Unha noite de claro luar, na que todo era un doce grilar, un griliño dicía a unha grila:

 “¡Eu tamén quería grilar!”. “¡Pois grila, grila canto ti queiras, que griliñas hai sen grilar! ” “Eu son  grilo novo, e non sei  que é grilar, e as novas  non saben, do grilo un grilar”. “¿Que queres griliño, comigo grilar?” “¡Se ti me ensinaras, contigo a grilar, despois eu grilaría ás grilas ó par!”.
“¡Ai, vaite preto griliño, e cos grilos ponte a grilar, que a noite aledan co seu ledo cantar!”. “¡Pro, ti non entendes, que eu non quero cantar, o que a min me preme é saber grilar!” “Mira griliño novo, que teu pai foi griladeiro, pois con el eu aprendín, a grilar con el primeiro”. “¿Logo, sabes ti quen foi, o grileiro de meu pai?” “¡Ai, filliño do grileiro, que teu pai foi griladeiro, á miña grileira viña, cada noite silandeiro!”

“A ti meu pai te ensinou, a grilar na túa grileira, mais a min non hai unha grila, que me ensine a griladeira”. “Pois ven acó meu griliño, e baixa á miña grileira, que teu pai  me ensinou a min, e a ti grílote eu primeiro”.  

martes, 6 de mayo de 2014

CORME NAS FRAGAS DO EUME


O pasado venres, día 2 de maio, cumplin por fin un desexo como era o de visitar ese lonxano lugar onde no 1.105 aparece por primeira vez o nome de Corme no Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, concello de A Capela. Era unha intriga que me premía, como digo, dende hai moitos anos.

Durante a miña vida musical, podo dicir que toquei nos cinco concellos que rodean as Fragas, e nalgunha romaxe actuei mesmo á sombra das súas árbores. Mais esta vez tomei o camiño principal que é o de Pontedeume o cal dista da subida ao Mosteiro, uns quince kilómetros.

 A consabida subida dende o río é de 500 mts. por unha rilleira costa e toda ela cun chán cuberto de pizarra. Poden subir perfectamente turismos, aínda que está vetado o tránsito e solo autorizado para o servicio do mesón-bar que hai arriba. E velaí onde subín moi ledo, pero baixeu non tanto: o meu corazón xa non está para estes trotes e unha vez arriba un abafo fíxome a pascua. Afortunadamente a cousa non foi a maiores, aínda que non penso volver. “Solo se vive una vez…”, dí a canción.

E o que vos quería contar, que sufrin unha desilusión por chegar á cume do Mosteiro, totalmente restaurado pola Deputación, pero valeiro total e sin o menor símbolo de cristiandade. Alí non hai o máis mínimo santo nin moble en recordo do que foi nalgún tempo. E centos de visitas diarias polo que poiden observar.

Malia todo isto, a viaxe vola recomendo polo enclave do Mosteiro e a frondosa vista dende o alto. Un auténtico tesouro en forma de verxel que a natureza nos ofrece.  Logo,  outra cousa que non entendin foi como poideron levar deica alí a cantería, pois, na cume somentes hai pizarra a cal sirve de alicerce á lexendaria construccíon.

Polo que alí poiden ler, toda riqueza e lenda do Mosteiro foi levada  -coma sempre- para Santiago, co cal a miña intriga por saber como raios aparece alí por vez primeira o nome da nosa vila fíxome vir como fun.
Pero eu creo que o nome de Corme ten que aparecer dende moito antes en outros rexistros de Galicia. En algúns traballos en prol da nosa historia, xa falei de que non atisbaba a saber de como aparece alí, xustamente naquela fermosa selva, o nome  de Corme por vez primeira.

Eu persoalmente coido que o noso nome ten que estar rexistrado en Santiago de moito antes. Pero coa Igrexa topamos, nunca lle vin xeito de ter acceso aos arquivos diocesanos nin con recomendación. E mirade que morrerei con esa intriga. Ata busquei algún cura amigo para que me botara unha man. E nada, que tampouco llelo permitiron.


E xa para rematar, somentes dicirvos que cando poidades, non deixedes de facer esta excursión. De calquera maneira vale a pena. E tamén de calquera maneira virmos coa intriga de como foi parar alí o nome de Corme.

martes, 22 de abril de 2014

A ALAMEDA DE CORME


Se dalgunha cousa podemos presumir os cormeláns, é de ter a única alameda de tódolas vilas da Costa da Morte a excepción de Cee que ten unha de máis vello preto da igrexa e como anterga praza principal.

Unha alameda que comezou coa iniciativa veciñal, como todo que se fai neste pobo. E velaí como dou o seu froito: de aquel vello xardinciño chegamos a esta fermosa e senlleira alameda da Costa.

Aínda lembro a mañá do 24/F. Aquela mañá cando o de “marras” se estaba rendindo no Congreso, nós estabamos plantando a terceira palmeira comezando pola Estada. E abofé que saiu rechonchiña a devandita palmeira. Debíu ser en lor do día e da hora!

Mais para chegar a este fermoso xardin, que como digo é o senlleiro da Costa, antes tivemos que plantar centos e centos da árbores que non foron adiante por mor do chán de recheo ou dos salseeiros do preto mar.

Pero a cousa valíu a pena, pois, quizais naquela data nunca eu pensei en chegar a ver as palmeiras con esta envergadura. E velas aí están formando a consabida alameda para darnos sombra no verán e ledicia incluso durante o inverno.

Moitas veces penso: ¿Cantas parelliñas se declararían ó longo destes anos ó socairo das nosas árbores? Porque decídeme a verdade: ¿Que mellor ca un xardín para darse o primeiro bico? Ou sexa, romanticismo puro. Porque para unha declaración de amor, tamén fai falla un pouco de ar fresco, para non chegar ao sofoco.

Antes, os da miña xeración nos declarábamos no salón Miramar. E co ruído da orquestra tocando. Pero tocándoche o mesmisimo e facéndoche a pascua para dicirllo no oído á rapaza que che quitaba o sono. E a golpes e empuxóns dos mal bailantes que naquel intre tamén estaban co mesmo apuro. E con tanto nervio, que, así tropezábamos uns contra os outros.

E todo, carallo, porque non tiñamos alameda para susurrarllo no oído e escoitando como as ondas do mar de Corme baten contra o Petón das Gaivotas. E así vai a cousa, que, un bico pide outro ou máis ben ducia e media con tanto arrumaco.

Ai, quen fora mozo de novo para declararse na nosa alameda á  penumbra das farolas envoltas nas follas de palmeiras e plataneiros! Aínda que ben pensado, antaño tamén servía a Furna do Osmo para tan grato menester, pois a Furna tamén ten o seu encanto, feitizo e embruxo. O problema era a ver quén levaba ate alí unha rapaza para declararlle o seu amor.


Así que meus, por fin arranxamos o problema das parellas. Que non era pequeno polo de arrexuntarse. E para máis xa pretos da nosa Igrexa para dar remate á cousa. Ou sexa: o sí quero. Mirade vós senón foi cousa boa esta nosa alameda. Non solo dá sombra senón que tamén inspira ao amor!.

sábado, 22 de marzo de 2014

A RIBELA, O PULMÓN DE CORME


Non hai máis ca dar unha volta polo muelle (peirao) para ollar o pinar espeso (como diría Pondal) que é o preto monte da Ribela. Sen dúbidas, Corme ten mesmo dentro das súas entrañas quizais o mellor e senlleiro pulmón de ar fresco de toda a Costa da Morte.

Realmente somos un pobo, mellor dito unha vila, que está rodeada dunha vexetación de envexa. Pois non só é a Ribela, senón que tamén temos mesmo enrriba os montes de Bustelo e o Cubeiro, para un pouco máis ao Este  seguir co cuberto tamén de piñeirais como son As Areas.

Verdadeiramente dende o muelle, a imaxe tan saudable que ofrece o noso Corme rodeado de piñeirais, repito, é de encher os pulmóns do peito. Do peito, pero tamén da ialma, pois ó mesmo tempo vemos a limpeza das augas da nosa Ría, que máis cristalinas non poden ser.

En fin, que dan gañas dende o peirao, de sentarse en col dunha banqueta e fartarse de xantar e cear este ar fresco, que, como din os máis vellos en prol desta imaxe: “enche os pulmóns de aire”.

Con respecto ós nosos veciños que por mor do traballo viven na Coruña, non é de extrañar que cando veñen algún “finde” ao seu Corme natal digan: veño cargar as pilas. E abofé que os entendo, isto é unha riqueza autóctona que para si quixeran tódolos pobos e ciudades que nos rodean.

Moitas veces pregúntome: como estes pescadores da bisbarra, pero de terra adentro, veñen coa súa silliña e alí están pasando horas sen pescar un inocentiño calamar? Pois iso, meus, coido que veñen relaxarse e encher, senón os devanditos pulmóns de ar, polo menos levar no maxín esta imaxe  de relaxo total. Eles, dende máis de trinta kilómetros, tamén veñen cargar as pilas.

Ante isto, eu penso (pois, como sabedes, son moi cavilador) que se o Mediterráneo ou ben Canarias, venden clima máis quente ca o noso, nós tamén podíamos vender o noso ar fresco. Da mesma maneira que tamén Viena vende a súa música ou Manzaneda a súa neve. Ou Carballo, sen ir máis lonxe,  a auga do seu balneario.

Pero como non seremos capaces de vender este noso ar, polo feito de non atopar padriño para bautizalo, disfrutémolo nós mesmos. Enchamos os pulmóns, pero respirando fondo e se pode ser dúas ducias de veces. Ollemos esa riqueza, repito, que temos cando menos coa preta Ribela fisgando por entrela as Pedras Miúdas, e repitamos cando voltemos á cidade: hoxe veño coas pilas cargadas do meu Corme.


 ¡Ai, ata escribindo isto me dou por tirar do alento e encher o peito! E iso que veño axiña do noso peirao!.

miércoles, 5 de marzo de 2014

CORME NO DICCIONARIO DE PASCUAL MADOZ


No ano 1.850, este autor do Diccionario Geográfico Estadístico Histórico de España, escribía así en referencia a Corme:  (SIC): CORME. (San Adrián de): Feligresía en la provincia de la Coruña (7 ½ leg), del distrito marítimo de Malpica y ayuntamiento de Bugalleira, situado al E. de la ría de su nombre enfrente del puerto de Laje, clima templado y sano, tiene unas 190 casas distribuídas en los 1. de Aldea. Candelago, Frojan, Gondomil, Gujin, Puerto y Roncado, con fuentes de agua potable y una escuela indotada y poco concurrida.
La iglesia parroquial (San Adrián) pertenece al arciprestazgo de Seaya. Su término se extiende por donde más de ¾ de leg. y confina por NE. con el de San Julián de Brántuas, y al SE. con las de San Vicente de graña y San Tirso de Cuspindo, comprendiendo el Monte-blanco, el cual es una elevada altura blanquecina parecida a un monte de arena y en la cual no crece vegetal alguno; aun  en los días más nublados se distingue a 5 leg. de distancia.
El terreno en la parte destinada al cultivo, es fértil; el camino que enlaza con los que se firijen a Malpica, Coruña, Camariña y otros puntos, se encuentra en mediano estado. El correo se recibe por Malpica. Prod.:maíz, patatas, trigo, centeno, cebada, y algunas legumbres; cría ganado, prefiriendo el vacuno.
Industria: la agrícola, la marinera y pesca, esta con especialidad la de sardina, constituía la principal riqueza de estos naturales, pero se halla en notable decadencia por el abandono con que se han mirado los abusos cometidos en ella.
Población: 186 vecinos, 1.068 almas. Contr. con su ayunt. Fue natural de esta feligresía el general de marina D. Francisco Antonio Mourelle que tan celebre se hizo por los meritos que contrajo en las Californias.
CORME Y LAJE; ensenada y puertos en la provincia de la Coruña y part. Judicial de Carballo. Desde la punta del Roncudo sigue la costa alta y escarpada al S.34” , E. 2/3 de milla, inclinándose mas hacia el E. hasta la punta de Chá, que es de poca elevación y tiene un bajo al SO. á un cable, con otros varios que hay á la misma distancia, desde esta punta á la indicada del Roncudo; desde aquí sigue al E. hasta la de la Atalaya de Corme, que se encuentra inmediata la población y desde ella continúa la ensenada como al ENE. no muy profunda á que llaman el puerto de Corme, en cuyo fondo tiene las playas de Arnela, Osmo y de la Estrella; esta es la mayor y todas 3 tienen riachelos, donde se puede hacer aguada para una escuadra.
Donde termina la playa de la Estrella, hay una isla dicícil de reconocer por estar proyectada con la costa, la cual sigue con el mismo escarpe y elevación hasta la punta del Canteyro, encontrándose en el intermedio de estos dos puntos, la pequeña ensenada de Río Cobos.
Desde la punta del Canteyro principia playa hasta el fondo de la ensenada, donde se eleva la montaña ó monte Balarés, que desde la medianía de su altura, remata en picacho, es de arena y le nombran monte Balarés: sirve de reconocimiento cuando se viene de mar afuera por el color de arena en sitio tan elevado.
De este monte nace una punta de arena muy baja con dirección al SO., que casi se une con la costa del S.; no obstante, en pleamar deja paso a embarcaciones pequeñas para el río de Puenteceso que tiene bastante fondo, y su dirección al NE. donde quedan muy abrigadas de todos vientos. Antes de llegar á la punta de arena, hay una isla baja y de piedra, que denominan la Tiñosa. Al S.26º-8” de la punta del Roncudo 2- ½ millas largas, está la punta de Laje que es la meridional y occidental de esta frande ensenada: es alla y remata en punta baja con restinga hacia el O., NO. Y N.1/4 NO. de â cables de extensión y un bajo al nE. aún cable de dest.
Un pouco máis abaixo, pois isto é mui largo, unha nova anotación que me parece interesante:
El Sr. Troitiño, en su derrotero, aconseja que si se fuese á fondear al puerto de Corme con viento NE., se atraque al islote de Roncudo á distancia de un cable y se dirija á la isla Tiñosa, que como se ha dicho está en el fondo de la ensenada, por cuyo rumbo se pasará á una distancia regular de la costa y libre de todos los bajos que están en ella, hasta la punta de Cha, que en demorando al NE. se debe ceñir el viento, y que por lo regular se rinde la bordada en la ensenada del Río-Cobo.
 Pero que si el viento permite bordear, se podrá hacer éntrela isla Estrella y la Atalaya, no aproximándose en los bordos, ni á una ni á otra costa menos de un cable y con 2 ó 3 repiquetes, se ganará hasta frente de las playas de Arnela Y Osmo, donde se fondea por 1 ú 8 brazas Arnela, amarrando con ancla al S. y cabo en tierra al N. con abrigo de todos los vientos, pues el que hace mas daño es el S. que nace de la costa: si fuese el viento tan fresco que no permita bordear, luego que se descubre la población de Corme, ó mas para adentro, puede fondearse en fondo limpio, pero con viento largo, no hay necesidad de atracarse tanto á la costa del N. sino dirifirse por medio hasta llagar al citado fondeadero.
E remata tamén un pouco máis abaixo con isto: Habiendo precisión de fondear en Laje, se ejecuta por la medianía del puerto; y cuando la punta E. s de é se enfile con el monte Balarés, dar fondo en 9 brazas y en paraje limpio de piedras; pero si fuese embarcación pequeña, ha de introducirse mas en el puerto y aproximarse a la población, donde fondeará por 4 ó 6 brazas. Este puerto no es tan bueno como el anterior, Corme, bien que en invierno es lo mejor escusar el uno y el otro; pero en caso necesario preferir siempre el primero. En Laje también hay aguada aunque sea para una escuadra.

Nota: Como dixen ó principio o texto está recollido tal como o ledes, con ou sin acentos e nese castelán da época do século XIX . Que bos guste.



martes, 25 de febrero de 2014

HAI HOXE 47 ANOS


Hoxe é un deses días que che traen recordos dun día feliz, o máis feliz da vida de calquer persoa. Hoxe, e arestora, estábamos ao pé do Altar da Igrexa de Corme-Aldea. E con chubascos coma hoxe, onde un deles nos caiu pasando o Petón –a praza do baile-cando xa case chegábamos ao adro parroquial.

¡Cantas lembranzas e cantos recordos! En Facebok –Xente de Corme- podedes ver unhas fotos dese inesquecido día. A verdade que me lembro minuto a minuto dese día, como se fora hoxe, como se non pasara ese case medio século para o que somentes faltan tres anos.

E hoxe, 47 anos despois, volvería a dar o mesmo “si quero” coa mesma firmeza e corazón que lle puxen aquel día. ¡Non sabedes a emoción coa que estou escribindo hoxe estas verbas. Non me dá a miña escola para transmitirvos o que quero dicir!

Onte buscaba un novo artigo e non sabía de que tratar. Hoxe namais espertar, xa me sobraba de que escribir. E escribiría até a noite, contando cada intre de aquel maravilloso día. De un día que somentes temos un na vida, aínda que ben pensado, todos son senlleiros días na vida, ningún outro volve a ser igual.

Estou emocionado, repito sen vergoña, pois, de feito sempre fun e sigo sendo un romántico da vida e do amor sobor de todo. Esa palabra tan en desuso a día de hoxe: romanticismo. ¡Que pouco saben os nosos púberes de romanticismo! E este adxetivo da exaltación do sentimento ou da paixón, descubríronma os chavales na miña orquestra xa hai moitos anos: “Xefe, ti és un romántico, téñoche envexa”, dicíanme.

Aquel día, 7 de febreiro de 1.967, chegábamos ao pé do Altar, somentes nolos dous. Hoxe e, a Deus grazas, xa non somos somentes os dous, somos sete máis: Tres fillos e catro netos, citando solo os que levan as nosas raiceiras, a nosa sangue e os nosos apelidos. E atrás foron quedando no camiño da vida os mesmos que aquel fermoso día nos acompañaron.

Porque aquel día, a pesar dese mal tempo do mes de febreiro, foi o máis fermoso da nosa vida. O sol non brilaba, pero  brilaban as nosas meniñas cheas de ledicia. E con iso chegaba. Até a auga que caía do Ceo, mesmo parecía auga bendita e non mollaba,  bendecía.

Pasaron 47 anos. Hoxe hai 47 anos. E parece que foi antonte, a semán pasada, o més pasado ou ben o pasado ano. ¡Que logo pasa o tempo! E estes días paso o tempo ollándo esas mesmas fotos que podedes ver onde antes dixen. Quedo absorto, ensimismado, e váiseme o reloxo de cotío sen dar cadra do tempo.

Mais estou emocionado, pois, arestora e mentres fun escribindo estas letras, veu dando a hora de estarmos axeonllados ao pé do Ara.  E quixera seguir, agáx que non encontro, repito, as verbas que eu quixera. A primeira familia fóisenos, pero queda a nosa familia, a que fundamos nolos dous mantendo a manda da vida que os nosos devanceiros nos encomendaron, esa tea que xa nós temos a quén encomendarlla.

Aquel día, naquela época non pedían os convidados: “Que se biquen os noivos”. Quizais era pecado naquel tempo. Mais hoxe desde aquí, eu douche o meu bico, miña dona. Mellor dito: Bicámonos.   Grazas, Deus.



miércoles, 12 de febrero de 2014

VELARSE A NOITE DA VODA


   Morrerei sen entendelo, meus, pero o que nunca entendín foi aquilo dos cregos de antes de penitenciar aos noivos na súa primeira noite de vodas, que: Había que velarse.
E eu pregúntome: Haberá algún paspán que non o faga xa sen ser por penitencia?. Eu penso que ata os máis lerdos noivos xa se velaba sen a condicionante do crego. E con seis vélas, dicían os máis vellos do lugar, que era a tarifa mínima que imponían os da sotá. Mellor que mellor, así tamén se vía mellor. ¡Cantas mellorías!

   Ante isto, vén de seu que os cregos por moita ducia de anos que tivesen de seminario non era tan listos como debían. ¿Ou non pensaban eles que os noivos xa se querían velar sen mandarllo? E que tiña que ser unha semana enteira. Velaí que eiquí xa me gustaba máis a ditosa condicionante: Unha semana enteira. Que mellor. Así xa non era pecado, dicían os vedraños do lugar. Dicían, pois, total xa se ían velar o mesmo.

   Eu penso, logo eixisto, que os cregos dalgunha maneira queren compensarche o interrogatorio en prol do devandito 6º e, por iso despois che compensan, ou compensaban, cunha semaniña enteira. Se xa o dicía o refrán cantareiro: “Unha noite non é nada, unha noite non é nada/ unha semaniña enteira, si que’é boa foliada”.

   Pero eu xa debo ser da era moderna, pois, non me mandaron velarme nin nada diso. ¡ E mira que o desexaba eu despois de 23 anos esperando! E nada, tivo que ser con luz eléctrica o cal xa non é o mesmo. E agora que me lembro nunca llelo confesei ó crego, vaite ti a saber se non estarei en pecado. Aínda que ben pensado, a culpa non foi miña.

   Así as cousas, e aténdome a isto, antonte cumplin os 70 taquiños, pero son un vello moderno, ai non! Aínda que agora que recordo, algunha noite de inverno que faltaba a luz de Don Manolo, tivemos que velarnos. Ou sexa, que grazas a este D. Manolo quedamos a ben con Deus! Digo eu , pois no tempo do meu casamento aínda a cousa era á vella usanza. Co cal maxino que debiu de esquencerlle ao crego que nos casou.

   Non me extraña, que, dademún fixo máis ca ter teima no 6º mandamento a véspera da voda cando nos confesamos. E volta e dalle, coma se non houbera 9 máis. Pero non, tiña que ser o ditoso 6º. ¡Eu xa non sei para que nos fixeron aprender os dez, se total somentes preguntan polo do medio!.

   E así foi a cousa que, aquela noite tan longamente, ansiadamente, sufridamente e tódalas mentes (habidas e por haber) esperada, chegamos ó hotel Sevilla, fronte ao Obelisco e facendo esquina á Rúa dos Olmos, onde comeza o roteiro dos viños,  por máis que remexín no armario e nas mesiñas de noite, malditúnha véla había. ¡E a cousa non foi tan romántica, pero tamén menos cheirenta polo fume das ditosas vélas!.  Pero si vos son sincero, malditún das vélas me acordei!

   Mais agora que me lembro: aínda que houbera vélas, como non fumábamos tampouco tiñamos mechero para encendelas.