jueves, 7 de mayo de 2020

AQUEL 7 DE MAIO DE 1967


AQUEL 7 DE MAIO DE 1967
Ola amigos: Hoxe tiña preparados varios temas en reserva. Pero de mañá, me din conta que hoxe debía adicarllo a meu pai por máis que hai 53 anos. Así logo, desexo falar del, do mellor pai, mestre e amigo que tiven.
Nacera en Froxán o 15 de agosto de 1.915, o mesmo día que miña nai. Era o segundo de 10 irmáns, nada fóra do normal  nese tempo. Froxán, 17 casas tiña no século XIX  e as mesmas segue tendo a día de hoxe. Fillo de labradores, coma toda aquela aldea. Nese  Froxán do meu corazón.
Comezou á escola en Corme-Aldea. Mais tanto afán tiña de saber, que se iba xantar á casa, non podía volver de tarde por mor de ir coas vacas. Así a cousa, pasaba sen xantar, ou cun anaquiño de broa e auga da fonte máis preta, pra quedar á escola de tarde.
Dende sempre, surxío unha ademiración mútua coa súa mestra Dona Teresa Colls, que anos despois e xa de casado recibía cartas dela. Na páxina 196 do meu libro, foto dunha carta manuscrita da mestra.
Aos 11 anos, e coma case todos os de parroquia de Corme-Aldea, comeza a estudar música. A alternativa ao mar naqueles pequenos veleiros de cen toneladas e pouco máis. Aos 13 sae ver mundo formando na Banda do seu profesor o señor Gamallos, así coñecido. Soio de Froxán, case 20 músicos das 17 casas.
Aos 19 anos, no 1.934 se incorpora á mili e dous anos despois, xusto no intre de cumplir, estala a fatídica guerra no 1.936. Enlaza xa sen remdio. Destinado a Teruel, entra de oficinista da Compañía dada a súa boa letra e rápida caligrafía. Mais, no outubro, tres meses despois, se decata o Capitán que tiña músicos suficentes pra formar unha Banda. Case todos  eran do mesmo Froxán e  Corme-Aldea e algún de Tella.
Veñen á casa un mes de permiso, por mor de levar os instrumentos e xa de volta se plantexa a cuestión do director. É nese intre, á proposta do Capitán de se aceptaban a Basilio de director e todos por unanimidade  dan o si, nace a que sería a derradeira das 7 Bandas da parroquia de Corme. A mesma que sobor das súas raiceiras dirixo eu  84 anos despois.
Remata a triste continda en abril do 1.939, xusto cando a tempada de festas comezaba. Viñan xa ensaiados e falan entreles de seguir como: Banda de Música La Nueva de Corme.  Pero como en tódalas Bandas da época, o nome queda a un lado, sempre se coñecerían polo do director. Sería logo, a Banda de Basilio. Ata hai hoxe, 7 do maio,  53 anos. Logo, en 8 anos máis, até o 1.975,  pasarían 4 directores.
Casáramos nós o 25 de febreiro e o 23 de abril, un ictus o levaría tal día coma hoxe. Soio fixera o Venres Santo en Fisterra, a primeira do ano. E a última. Por sorte, alguén hai anos me dou a foto dese día dirixindo a Danza dos Paus. Ali, na entrada ao Adro. Onde eu tamén tocara esa danza. Aquela esquina, a entrada, segue sendo para min  algo que non atopo as verbas do que me pasa para expresalo.
Papá, meu pai, foi o mestre, dicía. O amigo. Quén me ensinou os routeiros da vida e tantas portas abertas aló por onde el andivo. Ou ese íntimo amigo, pra superar o despecho coitado da carta desa primeira noiva que te deixa. E con catro agarimosas palabras. Lle sobraban. Nunca o entendín. Canta personalidade sen estudos, cando menos de bacharalato.¡E nacera en Froxán, corredoiras lamacentas. Sen luz e chan de terra na cociña!.
Hoxe fun ao cemiterio. Non sei a qué?. Alí non hai nada. Nada había xa cando mamá me dixera de o xuntar con el. E soio pasaran 40 anos. Era a miña ínqueda esperanza de volver a velo. Mais, me quedan catro consellos que marcaron o Norte da miña vida: “A un home, non hai falla de dicirlle unha cousa dúas veces”. “A palabra dun home, é un acta de notario”. “Hai sinceridades que matan, fillo”. E a última: “O importante non é atopar o músico, o importante é atopar o home”. Sabias palabras e sabios consellos.
Así, aprezados amigos, vos pido perdón por non ser capaz de esquecer este día. Ou este pai, amigo, compañeiro e casemente padriño, porque aló onde vou, serei sempre: Suso de Basilio. 

No hay comentarios: