Mostrando entradas con la etiqueta Vida Musical. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vida Musical. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de septiembre de 2008

Vida Musical



Ben, pois aquí me tedes na miña salsa. Esta foto no Couto, foi sacada na actuación do centenario do Himno Galego o pasado ano 2007. E xa vedes como disfruto coa banda, a mesma para min na que eu me criei: a de meu pai Basilio. Sobre ela foi refundada a actual formación que agora dirixo. Dóeme que non leve o nome de Corme, patria bergantiñán musical durante o século XX, pero a vida é así. Malia isto, vou contarvos o que poñen os carteis das festas dende que eu tomei a batuta: Banda de Corme. Pero non porque eu llelo pida; sae das comisións da bisbarra.
Este ano batímo-la marca en canto a actuacións: corenta e cinco (45) sen contar que por mor dos chavales que están cos seus estudos, podiamos acadar unhas dez máis. Porque, todo hai que dicilo, a banda está neste intre formada por máis de vinte rapaces e mozos, e sete compoñentes maiores. En canto aos mozos, pois están en estudos de grado medio e superior musical, uns, e universidades e escolas -segundo a súa edade-outros. Pero todos cunha formación musical diña de envexa para a miña xeración.