O pasado venres, día 2 de maio, cumplin por fin un desexo
como era o de visitar ese lonxano lugar onde no 1.105 aparece por primeira vez
o nome de Corme no Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, concello de A Capela. Era
unha intriga que me premía, como digo, dende hai moitos anos.
Durante a miña vida musical, podo dicir que toquei nos cinco
concellos que rodean as Fragas, e nalgunha romaxe actuei mesmo á sombra das
súas árbores. Mais esta vez tomei o camiño principal que é o de Pontedeume o
cal dista da subida ao Mosteiro, uns quince kilómetros.
A consabida subida
dende o río é de 500 mts. por unha rilleira costa e toda ela cun chán cuberto
de pizarra. Poden subir perfectamente turismos, aínda que está vetado o
tránsito e solo autorizado para o servicio do mesón-bar que hai arriba. E velaí
onde subín moi ledo, pero baixeu non tanto: o meu corazón xa non está para
estes trotes e unha vez arriba un abafo fíxome a pascua. Afortunadamente a
cousa non foi a maiores, aínda que non penso volver. “Solo se vive una vez…”,
dí a canción.
E o que vos quería contar, que sufrin unha desilusión por
chegar á cume do Mosteiro, totalmente restaurado pola Deputación, pero valeiro
total e sin o menor símbolo de cristiandade. Alí non hai o máis mínimo santo
nin moble en recordo do que foi nalgún tempo. E centos de visitas diarias polo
que poiden observar.
Malia todo isto, a viaxe vola recomendo polo enclave do
Mosteiro e a frondosa vista dende o alto. Un auténtico tesouro en forma de
verxel que a natureza nos ofrece. Logo, outra cousa que non entendin foi como poideron
levar deica alí a cantería, pois, na cume somentes hai pizarra a cal sirve de
alicerce á lexendaria construccíon.
Polo que alí poiden ler, toda riqueza e lenda do Mosteiro foi
levada -coma sempre- para Santiago, co
cal a miña intriga por saber como raios aparece alí por vez primeira o nome da
nosa vila fíxome vir como fun.
Pero eu creo que o nome de Corme ten que aparecer dende moito
antes en outros rexistros de Galicia. En algúns traballos en prol da nosa
historia, xa falei de que non atisbaba a saber de como aparece alí, xustamente
naquela fermosa selva, o nome de Corme
por vez primeira.
Eu persoalmente coido que o noso nome ten que estar
rexistrado en Santiago de moito antes. Pero coa Igrexa topamos, nunca lle vin
xeito de ter acceso aos arquivos diocesanos nin con recomendación. E mirade que
morrerei con esa intriga. Ata busquei algún cura amigo para que me botara unha
man. E nada, que tampouco llelo permitiron.
E xa para rematar, somentes dicirvos que cando poidades, non
deixedes de facer esta excursión. De calquera maneira vale a pena. E tamén de
calquera maneira virmos coa intriga de como foi parar alí o nome de Corme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario