O grilo e a grila
Unha noite de claro luar, na que todo era un doce grilar, un griliño dicía a unha grila:
“¡Eu
tamén quería grilar!”. “¡Pois grila, grila
canto ti queiras, que griliñas hai sen grilar! ” “Eu son grilo
novo, e non sei que é grilar, e as novas non saben, do
grilo un grilar”. “¿Que queres griliño, comigo grilar?” “¡Se ti me ensinaras, contigo a grilar, despois eu grilaría ás
grilas ó par!”.
“¡Ai, vaite preto griliño, e cos
grilos ponte a grilar, que a noite aledan co seu
ledo cantar!”. “¡Pro, ti non
entendes, que eu non quero cantar, o que a min me preme é saber grilar!” “Mira griliño
novo, que teu pai foi griladeiro, pois con el eu aprendín, a
grilar con el primeiro”. “¿Logo, sabes ti quen foi, o grileiro de meu pai?” “¡Ai, filliño do grileiro, que teu pai
foi griladeiro, á miña grileira viña, cada noite silandeiro!”
“A ti meu pai te ensinou, a grilar na túa grileira,
mais a min non hai unha grila, que me ensine a griladeira”. “Pois ven acó meu griliño, e baixa á miña
grileira, que teu pai me ensinou a min,
e a ti grílote eu primeiro”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario