Hoxe é un deses días que che traen recordos dun día feliz, o
máis feliz da vida de calquer persoa. Hoxe, e arestora, estábamos ao pé do
Altar da Igrexa de Corme-Aldea. E con chubascos coma hoxe, onde un deles nos
caiu pasando o Petón –a praza do baile-cando xa case chegábamos ao adro
parroquial.
¡Cantas lembranzas e cantos recordos! En Facebok –Xente de
Corme- podedes ver unhas fotos dese inesquecido día. A verdade que me lembro
minuto a minuto dese día, como se fora hoxe, como se non pasara ese case medio
século para o que somentes faltan tres anos.
E hoxe, 47 anos despois, volvería a dar o mesmo “si quero”
coa mesma firmeza e corazón que lle puxen aquel día. ¡Non sabedes a emoción coa
que estou escribindo hoxe estas verbas. Non me dá a miña escola para
transmitirvos o que quero dicir!
Onte buscaba un novo artigo e non sabía de que tratar. Hoxe
namais espertar, xa me sobraba de que escribir. E escribiría até a noite,
contando cada intre de aquel maravilloso día. De un día que somentes temos un
na vida, aínda que ben pensado, todos son senlleiros días na vida, ningún outro
volve a ser igual.
Estou emocionado, repito sen vergoña, pois, de feito sempre
fun e sigo sendo un romántico da vida e do amor sobor de todo. Esa palabra tan
en desuso a día de hoxe: romanticismo. ¡Que pouco saben os nosos púberes de
romanticismo! E este adxetivo da exaltación do sentimento ou da paixón,
descubríronma os chavales na miña orquestra xa hai moitos anos: “Xefe, ti és un
romántico, téñoche envexa”, dicíanme.
Aquel día, 7 de febreiro de 1.967, chegábamos ao pé do Altar,
somentes nolos dous. Hoxe e, a Deus grazas, xa non somos somentes os dous, somos
sete máis: Tres fillos e catro netos, citando solo os que levan as nosas
raiceiras, a nosa sangue e os nosos apelidos. E atrás foron quedando no camiño da
vida os mesmos que aquel fermoso día nos acompañaron.
Porque aquel día, a pesar dese mal tempo do mes de febreiro,
foi o máis fermoso da nosa vida. O sol non brilaba, pero brilaban as nosas meniñas cheas de ledicia. E
con iso chegaba. Até a auga que caía do Ceo, mesmo parecía auga bendita e non
mollaba, bendecía.
Pasaron 47 anos. Hoxe hai 47 anos. E parece que foi antonte,
a semán pasada, o més pasado ou ben o pasado ano. ¡Que logo pasa o tempo! E
estes días paso o tempo ollándo esas mesmas fotos que podedes ver onde antes
dixen. Quedo absorto, ensimismado, e váiseme o reloxo de cotío sen dar cadra do
tempo.
Mais estou emocionado, pois, arestora e mentres fun
escribindo estas letras, veu dando a hora de estarmos axeonllados ao pé do
Ara. E quixera seguir, agáx que non encontro,
repito, as verbas que eu quixera. A primeira familia fóisenos, pero queda a
nosa familia, a que fundamos nolos dous mantendo a manda da vida que os nosos
devanceiros nos encomendaron, esa tea que xa nós temos a quén encomendarlla.
Aquel día, naquela época non pedían os convidados: “Que se
biquen os noivos”. Quizais era pecado naquel tempo. Mais hoxe desde aquí, eu
douche o meu bico, miña dona. Mellor dito: Bicámonos. Grazas, Deus.
2 comentarios:
Falta moi pouquiño para as bodas de ouro. Noraboa polo aniversario.
Parabéns de parte do teu fillo e da túa nora.
Non son de ouro pero case. Quen soupera fai 47 anos todo o que se sabe hoxe, non?
Bueno, o importante é que ainda que tarde, se disfrute da vida en boa compaña e con saude.
A cuidarse e a celebralo como se merece.
Unha aperta grande para os dous.
Publicar un comentario