sábado, 22 de marzo de 2014

A RIBELA, O PULMÓN DE CORME


Non hai máis ca dar unha volta polo muelle (peirao) para ollar o pinar espeso (como diría Pondal) que é o preto monte da Ribela. Sen dúbidas, Corme ten mesmo dentro das súas entrañas quizais o mellor e senlleiro pulmón de ar fresco de toda a Costa da Morte.

Realmente somos un pobo, mellor dito unha vila, que está rodeada dunha vexetación de envexa. Pois non só é a Ribela, senón que tamén temos mesmo enrriba os montes de Bustelo e o Cubeiro, para un pouco máis ao Este  seguir co cuberto tamén de piñeirais como son As Areas.

Verdadeiramente dende o muelle, a imaxe tan saudable que ofrece o noso Corme rodeado de piñeirais, repito, é de encher os pulmóns do peito. Do peito, pero tamén da ialma, pois ó mesmo tempo vemos a limpeza das augas da nosa Ría, que máis cristalinas non poden ser.

En fin, que dan gañas dende o peirao, de sentarse en col dunha banqueta e fartarse de xantar e cear este ar fresco, que, como din os máis vellos en prol desta imaxe: “enche os pulmóns de aire”.

Con respecto ós nosos veciños que por mor do traballo viven na Coruña, non é de extrañar que cando veñen algún “finde” ao seu Corme natal digan: veño cargar as pilas. E abofé que os entendo, isto é unha riqueza autóctona que para si quixeran tódolos pobos e ciudades que nos rodean.

Moitas veces pregúntome: como estes pescadores da bisbarra, pero de terra adentro, veñen coa súa silliña e alí están pasando horas sen pescar un inocentiño calamar? Pois iso, meus, coido que veñen relaxarse e encher, senón os devanditos pulmóns de ar, polo menos levar no maxín esta imaxe  de relaxo total. Eles, dende máis de trinta kilómetros, tamén veñen cargar as pilas.

Ante isto, eu penso (pois, como sabedes, son moi cavilador) que se o Mediterráneo ou ben Canarias, venden clima máis quente ca o noso, nós tamén podíamos vender o noso ar fresco. Da mesma maneira que tamén Viena vende a súa música ou Manzaneda a súa neve. Ou Carballo, sen ir máis lonxe,  a auga do seu balneario.

Pero como non seremos capaces de vender este noso ar, polo feito de non atopar padriño para bautizalo, disfrutémolo nós mesmos. Enchamos os pulmóns, pero respirando fondo e se pode ser dúas ducias de veces. Ollemos esa riqueza, repito, que temos cando menos coa preta Ribela fisgando por entrela as Pedras Miúdas, e repitamos cando voltemos á cidade: hoxe veño coas pilas cargadas do meu Corme.


 ¡Ai, ata escribindo isto me dou por tirar do alento e encher o peito! E iso que veño axiña do noso peirao!.

miércoles, 5 de marzo de 2014

CORME NO DICCIONARIO DE PASCUAL MADOZ


No ano 1.850, este autor do Diccionario Geográfico Estadístico Histórico de España, escribía así en referencia a Corme:  (SIC): CORME. (San Adrián de): Feligresía en la provincia de la Coruña (7 ½ leg), del distrito marítimo de Malpica y ayuntamiento de Bugalleira, situado al E. de la ría de su nombre enfrente del puerto de Laje, clima templado y sano, tiene unas 190 casas distribuídas en los 1. de Aldea. Candelago, Frojan, Gondomil, Gujin, Puerto y Roncado, con fuentes de agua potable y una escuela indotada y poco concurrida.
La iglesia parroquial (San Adrián) pertenece al arciprestazgo de Seaya. Su término se extiende por donde más de ¾ de leg. y confina por NE. con el de San Julián de Brántuas, y al SE. con las de San Vicente de graña y San Tirso de Cuspindo, comprendiendo el Monte-blanco, el cual es una elevada altura blanquecina parecida a un monte de arena y en la cual no crece vegetal alguno; aun  en los días más nublados se distingue a 5 leg. de distancia.
El terreno en la parte destinada al cultivo, es fértil; el camino que enlaza con los que se firijen a Malpica, Coruña, Camariña y otros puntos, se encuentra en mediano estado. El correo se recibe por Malpica. Prod.:maíz, patatas, trigo, centeno, cebada, y algunas legumbres; cría ganado, prefiriendo el vacuno.
Industria: la agrícola, la marinera y pesca, esta con especialidad la de sardina, constituía la principal riqueza de estos naturales, pero se halla en notable decadencia por el abandono con que se han mirado los abusos cometidos en ella.
Población: 186 vecinos, 1.068 almas. Contr. con su ayunt. Fue natural de esta feligresía el general de marina D. Francisco Antonio Mourelle que tan celebre se hizo por los meritos que contrajo en las Californias.
CORME Y LAJE; ensenada y puertos en la provincia de la Coruña y part. Judicial de Carballo. Desde la punta del Roncudo sigue la costa alta y escarpada al S.34” , E. 2/3 de milla, inclinándose mas hacia el E. hasta la punta de Chá, que es de poca elevación y tiene un bajo al SO. á un cable, con otros varios que hay á la misma distancia, desde esta punta á la indicada del Roncudo; desde aquí sigue al E. hasta la de la Atalaya de Corme, que se encuentra inmediata la población y desde ella continúa la ensenada como al ENE. no muy profunda á que llaman el puerto de Corme, en cuyo fondo tiene las playas de Arnela, Osmo y de la Estrella; esta es la mayor y todas 3 tienen riachelos, donde se puede hacer aguada para una escuadra.
Donde termina la playa de la Estrella, hay una isla dicícil de reconocer por estar proyectada con la costa, la cual sigue con el mismo escarpe y elevación hasta la punta del Canteyro, encontrándose en el intermedio de estos dos puntos, la pequeña ensenada de Río Cobos.
Desde la punta del Canteyro principia playa hasta el fondo de la ensenada, donde se eleva la montaña ó monte Balarés, que desde la medianía de su altura, remata en picacho, es de arena y le nombran monte Balarés: sirve de reconocimiento cuando se viene de mar afuera por el color de arena en sitio tan elevado.
De este monte nace una punta de arena muy baja con dirección al SO., que casi se une con la costa del S.; no obstante, en pleamar deja paso a embarcaciones pequeñas para el río de Puenteceso que tiene bastante fondo, y su dirección al NE. donde quedan muy abrigadas de todos vientos. Antes de llegar á la punta de arena, hay una isla baja y de piedra, que denominan la Tiñosa. Al S.26º-8” de la punta del Roncudo 2- ½ millas largas, está la punta de Laje que es la meridional y occidental de esta frande ensenada: es alla y remata en punta baja con restinga hacia el O., NO. Y N.1/4 NO. de â cables de extensión y un bajo al nE. aún cable de dest.
Un pouco máis abaixo, pois isto é mui largo, unha nova anotación que me parece interesante:
El Sr. Troitiño, en su derrotero, aconseja que si se fuese á fondear al puerto de Corme con viento NE., se atraque al islote de Roncudo á distancia de un cable y se dirija á la isla Tiñosa, que como se ha dicho está en el fondo de la ensenada, por cuyo rumbo se pasará á una distancia regular de la costa y libre de todos los bajos que están en ella, hasta la punta de Cha, que en demorando al NE. se debe ceñir el viento, y que por lo regular se rinde la bordada en la ensenada del Río-Cobo.
 Pero que si el viento permite bordear, se podrá hacer éntrela isla Estrella y la Atalaya, no aproximándose en los bordos, ni á una ni á otra costa menos de un cable y con 2 ó 3 repiquetes, se ganará hasta frente de las playas de Arnela Y Osmo, donde se fondea por 1 ú 8 brazas Arnela, amarrando con ancla al S. y cabo en tierra al N. con abrigo de todos los vientos, pues el que hace mas daño es el S. que nace de la costa: si fuese el viento tan fresco que no permita bordear, luego que se descubre la población de Corme, ó mas para adentro, puede fondearse en fondo limpio, pero con viento largo, no hay necesidad de atracarse tanto á la costa del N. sino dirifirse por medio hasta llagar al citado fondeadero.
E remata tamén un pouco máis abaixo con isto: Habiendo precisión de fondear en Laje, se ejecuta por la medianía del puerto; y cuando la punta E. s de é se enfile con el monte Balarés, dar fondo en 9 brazas y en paraje limpio de piedras; pero si fuese embarcación pequeña, ha de introducirse mas en el puerto y aproximarse a la población, donde fondeará por 4 ó 6 brazas. Este puerto no es tan bueno como el anterior, Corme, bien que en invierno es lo mejor escusar el uno y el otro; pero en caso necesario preferir siempre el primero. En Laje también hay aguada aunque sea para una escuadra.

Nota: Como dixen ó principio o texto está recollido tal como o ledes, con ou sin acentos e nese castelán da época do século XIX . Que bos guste.



martes, 25 de febrero de 2014

HAI HOXE 47 ANOS


Hoxe é un deses días que che traen recordos dun día feliz, o máis feliz da vida de calquer persoa. Hoxe, e arestora, estábamos ao pé do Altar da Igrexa de Corme-Aldea. E con chubascos coma hoxe, onde un deles nos caiu pasando o Petón –a praza do baile-cando xa case chegábamos ao adro parroquial.

¡Cantas lembranzas e cantos recordos! En Facebok –Xente de Corme- podedes ver unhas fotos dese inesquecido día. A verdade que me lembro minuto a minuto dese día, como se fora hoxe, como se non pasara ese case medio século para o que somentes faltan tres anos.

E hoxe, 47 anos despois, volvería a dar o mesmo “si quero” coa mesma firmeza e corazón que lle puxen aquel día. ¡Non sabedes a emoción coa que estou escribindo hoxe estas verbas. Non me dá a miña escola para transmitirvos o que quero dicir!

Onte buscaba un novo artigo e non sabía de que tratar. Hoxe namais espertar, xa me sobraba de que escribir. E escribiría até a noite, contando cada intre de aquel maravilloso día. De un día que somentes temos un na vida, aínda que ben pensado, todos son senlleiros días na vida, ningún outro volve a ser igual.

Estou emocionado, repito sen vergoña, pois, de feito sempre fun e sigo sendo un romántico da vida e do amor sobor de todo. Esa palabra tan en desuso a día de hoxe: romanticismo. ¡Que pouco saben os nosos púberes de romanticismo! E este adxetivo da exaltación do sentimento ou da paixón, descubríronma os chavales na miña orquestra xa hai moitos anos: “Xefe, ti és un romántico, téñoche envexa”, dicíanme.

Aquel día, 7 de febreiro de 1.967, chegábamos ao pé do Altar, somentes nolos dous. Hoxe e, a Deus grazas, xa non somos somentes os dous, somos sete máis: Tres fillos e catro netos, citando solo os que levan as nosas raiceiras, a nosa sangue e os nosos apelidos. E atrás foron quedando no camiño da vida os mesmos que aquel fermoso día nos acompañaron.

Porque aquel día, a pesar dese mal tempo do mes de febreiro, foi o máis fermoso da nosa vida. O sol non brilaba, pero  brilaban as nosas meniñas cheas de ledicia. E con iso chegaba. Até a auga que caía do Ceo, mesmo parecía auga bendita e non mollaba,  bendecía.

Pasaron 47 anos. Hoxe hai 47 anos. E parece que foi antonte, a semán pasada, o més pasado ou ben o pasado ano. ¡Que logo pasa o tempo! E estes días paso o tempo ollándo esas mesmas fotos que podedes ver onde antes dixen. Quedo absorto, ensimismado, e váiseme o reloxo de cotío sen dar cadra do tempo.

Mais estou emocionado, pois, arestora e mentres fun escribindo estas letras, veu dando a hora de estarmos axeonllados ao pé do Ara.  E quixera seguir, agáx que non encontro, repito, as verbas que eu quixera. A primeira familia fóisenos, pero queda a nosa familia, a que fundamos nolos dous mantendo a manda da vida que os nosos devanceiros nos encomendaron, esa tea que xa nós temos a quén encomendarlla.

Aquel día, naquela época non pedían os convidados: “Que se biquen os noivos”. Quizais era pecado naquel tempo. Mais hoxe desde aquí, eu douche o meu bico, miña dona. Mellor dito: Bicámonos.   Grazas, Deus.



miércoles, 12 de febrero de 2014

VELARSE A NOITE DA VODA


   Morrerei sen entendelo, meus, pero o que nunca entendín foi aquilo dos cregos de antes de penitenciar aos noivos na súa primeira noite de vodas, que: Había que velarse.
E eu pregúntome: Haberá algún paspán que non o faga xa sen ser por penitencia?. Eu penso que ata os máis lerdos noivos xa se velaba sen a condicionante do crego. E con seis vélas, dicían os máis vellos do lugar, que era a tarifa mínima que imponían os da sotá. Mellor que mellor, así tamén se vía mellor. ¡Cantas mellorías!

   Ante isto, vén de seu que os cregos por moita ducia de anos que tivesen de seminario non era tan listos como debían. ¿Ou non pensaban eles que os noivos xa se querían velar sen mandarllo? E que tiña que ser unha semana enteira. Velaí que eiquí xa me gustaba máis a ditosa condicionante: Unha semana enteira. Que mellor. Así xa non era pecado, dicían os vedraños do lugar. Dicían, pois, total xa se ían velar o mesmo.

   Eu penso, logo eixisto, que os cregos dalgunha maneira queren compensarche o interrogatorio en prol do devandito 6º e, por iso despois che compensan, ou compensaban, cunha semaniña enteira. Se xa o dicía o refrán cantareiro: “Unha noite non é nada, unha noite non é nada/ unha semaniña enteira, si que’é boa foliada”.

   Pero eu xa debo ser da era moderna, pois, non me mandaron velarme nin nada diso. ¡ E mira que o desexaba eu despois de 23 anos esperando! E nada, tivo que ser con luz eléctrica o cal xa non é o mesmo. E agora que me lembro nunca llelo confesei ó crego, vaite ti a saber se non estarei en pecado. Aínda que ben pensado, a culpa non foi miña.

   Así as cousas, e aténdome a isto, antonte cumplin os 70 taquiños, pero son un vello moderno, ai non! Aínda que agora que recordo, algunha noite de inverno que faltaba a luz de Don Manolo, tivemos que velarnos. Ou sexa, que grazas a este D. Manolo quedamos a ben con Deus! Digo eu , pois no tempo do meu casamento aínda a cousa era á vella usanza. Co cal maxino que debiu de esquencerlle ao crego que nos casou.

   Non me extraña, que, dademún fixo máis ca ter teima no 6º mandamento a véspera da voda cando nos confesamos. E volta e dalle, coma se non houbera 9 máis. Pero non, tiña que ser o ditoso 6º. ¡Eu xa non sei para que nos fixeron aprender os dez, se total somentes preguntan polo do medio!.

   E así foi a cousa que, aquela noite tan longamente, ansiadamente, sufridamente e tódalas mentes (habidas e por haber) esperada, chegamos ó hotel Sevilla, fronte ao Obelisco e facendo esquina á Rúa dos Olmos, onde comeza o roteiro dos viños,  por máis que remexín no armario e nas mesiñas de noite, malditúnha véla había. ¡E a cousa non foi tan romántica, pero tamén menos cheirenta polo fume das ditosas vélas!.  Pero si vos son sincero, malditún das vélas me acordei!

   Mais agora que me lembro: aínda que houbera vélas, como non fumábamos tampouco tiñamos mechero para encendelas.


viernes, 24 de enero de 2014

ENTRE SOGRAS E NORAS


De vello é a lenda de que entre sogras e noras nunca houbo boa relación. Sen embargo entre sogros e xenros sempre foi ao revés. Velaí a cuestión. ¿Pero que demo do inferno hai, para que éntrelas nunca ben leiren? Porque a cousa vén moito de vello. Non acabo de descubrir o Mediterráneo. A cousa tamén é que non encontro aló moito de que escribir, e hoxe dóuseme por isto.

Como dicía, entre sogros e xenros, todo de maravilla, agáx que chega a nora a entrar na familia e…, aí te quero ver, meniña, xa se liou a historia coa sogra de turno. Eu penso, ou maxino, que isto non é máis ca un ataque de celos da mamá do fillo, ou sexa, do novo esposo da nora. Sempre pensa a sogra que a súa nora non vai facerlle a cama tan ben feita como se lla fixera ela. ¡Ai, a cama, xustamente a cama!

Tamén adoece a sogra polo de alimentar ao seu filliño, sobor de todo cando o ve con oxeiras de recén casado. E algo paliducho. Non se decata a sogra que o seu fillo está “requetebén alimentado”. Que xa se esquencío de tortilla de mamá.

Pero isto era antes, cando os meus tempos, aqueles pobres tempos de prexuízos e recate. De que falarían os veciños. E o crego da parroquia excomulgaríanos por pecadosos en prol do sexto. E ata a garda civil podería tomar cartas no asunto, pois, vivía o vello de Madrí e “mandaba carallo na Habana” como dicía tío Fraga.

¡E agora que hai que falar xa non fala ninguén de ninguén! Por qué será? Aí, meu amigo, porque hai para todos e máis que veñan da feira. O que non ten a neta arrimada ten o neto coa neta da outra avoa. Así que hai un pacto máis grande ca o da Moncloa cando se facían pactos, pois agora xa non fan nin iso. Ou sexa, que ninguén fala de ninguén por sí acaso.

Mais xa me estou saíndo do contexto da cousa, da renxeira entre sogras e noras, das de antes, claro. Agora chega o fillo coa noiva, que xa dorme con ela (o de durmir é un dicir) e…, la mar me deixe se non son todo parabéns. E nada, que non ten ningún defecto a rapaza aínda que non saiba frexir un ovo.

E digo eu, por fin chegou o momento de que as sogras aprendan a respectar ás súas futuras noras.  Por fin chegou o século seculorum do século XXI e as noras son noras de verdade aínda sen pasar pola vicaría. Velaí o truco, algo que non descubríramos os paspáns de século pasado.

Non hai dereito, meus, cada día que pasa teño máis gañas de volver a nacer, pois, todo hai que dicilo: Cáeme o ollo en tal ver. Protesto en voz alta por pillarme algo tarde. Ata me dan gañas de non ir votar máis por mor disto, como reivindicación. ¡Tampouco hai moito por quén votar, a verdade!


Así que, noraboa, noras da actualidade, pensade que vosas nais foron unas pobriñas. Por encima de non comerse unha rosca (por embaixo xa nada, nin ghiche nin velo) aínda eran miradas de esguello. Como si elas, esas sogras de antes, non foran tamén noras uns anos antes! Quén dixo que o mundo non cambeou: Abaixo as sogras das noras de antes. Perdón, salvo honrosísimas excepcións que sempre houbo e haberá. Os sogros cos xenros, nunca problema tiveron, ai non!

viernes, 10 de enero de 2014

CANDO PASEN CEN ANOS


Esta é unha reflexión que me fago case tódalas noites na miña andadeira nocturna aló sobor das nove da noite. Aínda que no verán, quenta o sol e poido contemplar mellor o noso contorno como é o Monte do Faro, O Canteiro, A Ribela e así o resto dos montes que nos rodean, cada día matino que dentro deses cen anos esa nosa xeografía seguirá onde está. E sí, os montes estarán o mesmo.
Pero será o noso Corme o mesmo dentro deses cen anos?, velaí a cuestión. E soño desperto e con tristura pensando que tampouco os nosos ancestros ven o que eu estou vendo. E moitas veces paréceme que o ven a través de nós, que aqueles nosos antergos cormeláns siguen vendo o seu pobo dende o Ceo.
Logo, pois, fágome tamén a ilusión de que eu tamén verei o meu Corme a través dos ollos dos meus descendentes. Porque non me resisto a crer que nunca máis vou volver a ver o meu pobo. Así, cada serán fico quedo uns minutos contemplando esta visión que antes vos citei. Ata que as bágoas me mollan as meniñas. Ata que coas bágoas, sin que ninguén me vexa, xa non podo seguir vendo o meu Corme. O noso Corme. O voso Corme.
Porque os nosos antergos, coas penurias que pasaron loitando pola vida, cando o Porto non tiña peirao; nin ramblas onde dar arriba as súas vellas chalanas; nin coñeceron a luz eléctrica ou tan sequera a poideron imaxinar, e, menos a televisión ou o xa vello teléfono. Por iso creo que están no Ceo aínda que faltaran á Misa dos domingos. Porque o inferno xa o tiveron en vida. Casemente creo que no inferno estarán moitos dos que ían á Misa diaria. Ou sexa, os que viviron a conta dos nosos pobriños ascendentes. Agora polo menos, teñen a sorte de non verse.
Mais volvendo ó conto, matino  (porque a cabeciña non para de carburar) que dentro deses cen anos tampouco estarán xa aquí  os meus netos. Ou sexa, nin eles nin ninguén dos que neste momento vivimos. Poderá haber excepcións de algúns chegar ós cen anos de vida co novo avance da meiciña, porque a media de idade de vida será máis alta. Malia que con esa idade, tampouco ningún centenario está xa aló moi cordo como para disfrutar da súa lonxevidade.
Malia  todo isto, aínda me sinto ledo de haber coñecido o noso Corme cando non tiña nin peirao, nin A Ribeira recheada e menos o xardín e o pasexo marítimo. Aínda me lembro da Ribeira antiga, da súa praíña, da praíña do Río dos Pulpos na baixada do Campiño. Síntome ledo, si, porque cando menos xa levo para aló  (sen présa, por suposto) a nova imaxe e para séculos quizais do Corme moderno.
A verdade que nunca tan vello me vin, cando estou preto de cumplir os 70 dentro de un mes. ¡Mirade que xa recordo cousas! Sempre pensei que non se vería tanto en tan pouco tempo, pois a verdade, que, aínda me sinto algo mozo. Ou tamén que me resisto a crer que xa estou na 3ª idade. E tamén que sinto dor, cando no televexo falan dun “anciano” da miña idade. Non hai dereito. E así, meus, xa vedes a onde fun parar.

Rematando e volvendo ó conto que comecei, a mágoa máis grande que levarei para “aló”, será a de non volver a ver o noso pobo, aínda que fose dende un furadiño. E tamén quén vivirá na miña casa dentro deses cen anos. Que cheguedes aló.

lunes, 30 de diciembre de 2013

UN ANO QUE SE VAI


Outro ano que remata, un ano no que esperimentei novas sensacións como foron a de voar en avión. Nunca o fixera e este ano xa lle tocou seis veces. Pero a cousa é que lle sigo tremendo, somentes me consola ver a tripulación tan nova e penso que si eles non teñen medo con toda unha vida por diante, pois, o meu xa non é capote.
Efectivamente foi o ano das viaxes da miña vida: tres excursións polo Imserso, un total de 35 días e outros 60, como xa dixen de caravaning. E chegáronme a pouco. Agora con este tremendo inverno non hai maneira de saír a ningures.
Dicía que outro ano remata e cada nadal neste tempo é tempo de meditación, de facer un repaso de todos os aconteceres dende o 1º de xaneiro. Das cousas boas que o 2013 nos trouxo e asimismo tamén das malas. No meu caso non teño queixa, somentes foron boas a Deus grazas como foi o nacemento da netiña Noa.
Remata o ano, dicimos, e sempre acostumamos a pedir que o vindeiro sexa mellor, as máis das veces sin motivo para pedir unha mellora que tampouco non fai falla se non tivemos ningún contratempo. Eu sempre dixen que o vindeiro sexa coma o que remata e punto. Con tal que non sexa peor xa me conformo. E con respecto aos cartos, hai que dicir que o tempo dos cartos foise. Conformémonos entón co que temos e toquemos madeira.
No que a Corme, á nosa vila respecta, penso que non  tivemos queixa este 2013. Non tivemos loterías, agáx que a mellor lotería foi non ter digracias. Ben, é un dicir, pois sí tivemos a caída do Cruceiro da Calle que esta vez, e polo trizado que quedou, penso que non terá arranxo, sorte que  polo menos non collío a ninguén na súa caída.
 Malia isto, coido logo que hogano non foi malo para o noso pobo excepto que non saíu calamar no peirao, tamén todo hai que falalo. Pero iso si, saíu moito xureliño e, para matar o bicho os máis de 30 aspirantes a calamareiros da bisbarra que cada noite nos visitan, pois iso, que foron lévedos para a súa casa. Polo menos levaron para o gato.
Bromas aparte e, este mal tempo máis aparte aínda, rematamos o ano coa nova da subida da luz de 1º prato para a noite de fin de ano. De postre xa veremos sobor da marcha.  É unha boa nova para comezar aninovo. Así de entrada e para amargarche o pouco turrón que se come por mor dos ácidos úricos, diabetes e colesteroles. Ante isto propoño cear con véla, ten o seu romanticismo.

E como escribía hai un ano D.Victor Freixanes lembrando unha anterga costume da súa aldea, pois, pasémonos lume novo dunha casa á outra. Isto era que o 1º día do ano, os veciños íanse pasando iso, lume novo dende a primeira á última casa da aldea. Unha costume que xa quixera eu poñer novamente de moda. Ano novo, lume  novo.