Outro ano que remata, un ano no que esperimentei novas
sensacións como foron a de voar en avión. Nunca o fixera e este ano xa lle
tocou seis veces. Pero a cousa é que lle sigo tremendo, somentes me consola ver
a tripulación tan nova e penso que si eles non teñen medo con toda unha vida
por diante, pois, o meu xa non é capote.
Efectivamente foi o ano das viaxes da miña vida: tres
excursións polo Imserso, un total de 35 días e outros 60, como xa dixen de
caravaning. E chegáronme a pouco. Agora con este tremendo inverno non hai
maneira de saír a ningures.
Dicía que outro ano remata e cada nadal neste tempo é tempo
de meditación, de facer un repaso de todos os aconteceres dende o 1º de
xaneiro. Das cousas boas que o 2013 nos trouxo e asimismo tamén das malas. No
meu caso non teño queixa, somentes foron boas a Deus grazas como foi o
nacemento da netiña Noa.
Remata o ano, dicimos, e sempre acostumamos a pedir que o
vindeiro sexa mellor, as máis das veces sin motivo para pedir unha mellora que
tampouco non fai falla se non tivemos ningún contratempo. Eu sempre dixen que o
vindeiro sexa coma o que remata e punto. Con tal que non sexa peor xa me
conformo. E con respecto aos cartos, hai que dicir que o tempo dos cartos
foise. Conformémonos entón co que temos e toquemos madeira.
No que a Corme, á nosa vila respecta, penso que non tivemos queixa este 2013. Non tivemos
loterías, agáx que a mellor lotería foi non ter digracias. Ben, é un dicir,
pois sí tivemos a caída do Cruceiro da Calle que esta vez, e polo trizado que
quedou, penso que non terá arranxo, sorte que
polo menos non collío a ninguén na súa caída.
Malia isto, coido logo
que hogano non foi malo para o noso pobo excepto que non saíu calamar no
peirao, tamén todo hai que falalo. Pero iso si, saíu moito xureliño e, para
matar o bicho os máis de 30 aspirantes a calamareiros da bisbarra que cada
noite nos visitan, pois iso, que foron lévedos para a súa casa. Polo menos
levaron para o gato.
Bromas aparte e, este mal tempo máis aparte aínda, rematamos o
ano coa nova da subida da luz de 1º prato para a noite de fin de ano. De postre
xa veremos sobor da marcha. É unha boa
nova para comezar aninovo. Así de entrada e para amargarche o pouco turrón que
se come por mor dos ácidos úricos, diabetes e colesteroles. Ante isto propoño
cear con véla, ten o seu romanticismo.
E como escribía hai un ano D.Victor Freixanes lembrando unha
anterga costume da súa aldea, pois, pasémonos lume novo dunha casa á outra.
Isto era que o 1º día do ano, os veciños íanse pasando iso, lume novo dende a
primeira á última casa da aldea. Unha costume que xa quixera eu poñer novamente
de moda. Ano novo, lume novo.
1 comentario:
pois para seguir a costume haberá que decir : feliz aninovo a todos (incluido o autor do blog). e que sexa con saude.
Publicar un comentario