A verdade que os galegos somos o non vai máis. De
intelixentes, quero dicir. A cousa ben sendo que durante esta última viaxe
(viaxe da que vos falo no artigo anterior) ademáis de comer, durmir e pasear,(
do resto nanai de la China) un tamén esculca. Ou sexa, sen querer, pero
querendo.
A cousa ben sendo que
estabamos unha noite no comedor do hotel e nunha mesa fronte a min un
matrimonio galego, coma tantos outros. O patrón de fronte e a súa dona de
costas. Tiña boa cor na face o patrón, boa cor a pesar de beber auga.
O asunto era que para o viño (que había que servirse) contabamos
cuns pequenos vasos. E para a auga, tamén na máquina do lado tiñamos que darlle
á billa o mesmo cás máquinas de cervexa nos bares. Os vasos da auga eran de
plástico, agasallo ou propaganda da marca 7/up, e moi grandes, por certo.
E dicíame eu con asombro fisgando de esguello: Mira ti por
onde este home con tan boa cor na cara bebe somentes auga. (Ben pensado
tampouco perdía moito, pois, o viño era purrela puro. Ou sexa, que podías beber
sen medo a ter que soplar aos de tráfico).
Ai, meus, pero que parviño son. Nestas estaba eu cavilando
esa devandita cea, cando se ergue da cadeira o tal paisano e vai co vaso de
plástico a repostar de novo. E pensei, pois os vasos, repito, eran grandes de
carallo: Debe ter diabetes ou algo así para ter tanta secura.
E sen perder bocado tamén quixen saber onde repoñía o noso
galego. Ata que quedei pasmado mentres lle daba ó dente: O tío cabronazo foi encher de viño semellante
vaso. E quen o vía, pois iso, que viña da auga. E pensei para min: Aínda non o aprendín
todo na mili.
Outra mañá no almorzo, enténdase almorzo en galego, estaba eu
á cola para encher zume na máquina do ídem. Diante miña unha señora (e conste
que esta non era galega) dáballe ó botón e deixaba escorrer un pouco antes de poñer
o vaso debaixo. Ante o meu asombro apostilloume toda tranquila: “Sabe usted, la
máquina al principio echa agua, así que hai que dejarla escurrir un poco antes
que que salga el propio zumo”.
A partir de aquel día
eu tamén facía o mesmo na ditosa máquina. E abofé que tiña razón a señora para
conseguir un bo zume. Pero o que aprendin foi que aínda non estou “porparado”
para a terceira idade. Xa o día o refrán: Sabe máis o raposo por vello que por
raposo. E matinei tamén que fun moi noviño á mili, solo tiña 17 anos. Se me
quixeran la mar me deixe se non volvía de novo!. Aínda non son veterano.
2 comentarios:
Ola Suso¡So pra desexarche unhas boas festas en compaña cos teus.BO NADAL E SAUDE PRO 2014.
Ola Anxo: Dende o teu curruncho cormelán, correspóndoche co mesmo: Felices Festas co recendo da nosa maruxía.
E o mesmo a todos os meus lectores que a verdade pasóuseme o felicitarvos.
P.D. O mar chega ó Canteiro, pero iso sí, sin novidade.
Publicar un comentario