De vello é a lenda de que entre sogras e noras nunca houbo
boa relación. Sen embargo entre sogros e xenros sempre foi ao revés. Velaí a
cuestión. ¿Pero que demo do inferno hai, para que éntrelas nunca ben leiren?
Porque a cousa vén moito de vello. Non acabo de descubrir o Mediterráneo. A
cousa tamén é que non encontro aló moito de que escribir, e hoxe dóuseme por
isto.
Como dicía, entre sogros e xenros, todo de maravilla, agáx
que chega a nora a entrar na familia e…, aí te quero ver, meniña, xa se liou a
historia coa sogra de turno. Eu penso, ou maxino, que isto non é máis ca un
ataque de celos da mamá do fillo, ou sexa, do novo esposo da nora. Sempre pensa
a sogra que a súa nora non vai facerlle a cama tan ben feita como se lla fixera
ela. ¡Ai, a cama, xustamente a cama!
Tamén adoece a sogra polo de alimentar ao seu filliño, sobor
de todo cando o ve con oxeiras de recén casado. E algo paliducho. Non se decata
a sogra que o seu fillo está “requetebén alimentado”. Que xa se esquencío de
tortilla de mamá.
Pero isto era antes, cando os meus tempos, aqueles pobres
tempos de prexuízos e recate. De que falarían os veciños. E o crego da
parroquia excomulgaríanos por pecadosos en prol do sexto. E ata a garda civil
podería tomar cartas no asunto, pois, vivía o vello de Madrí e “mandaba carallo
na Habana” como dicía tío Fraga.
¡E agora que hai que falar xa non fala ninguén de ninguén!
Por qué será? Aí, meu amigo, porque hai para todos e máis que veñan da feira. O
que non ten a neta arrimada ten o neto coa neta da outra avoa. Así que hai un
pacto máis grande ca o da Moncloa cando se facían pactos, pois agora xa non fan
nin iso. Ou sexa, que ninguén fala de ninguén por sí acaso.
Mais xa me estou saíndo do contexto da cousa, da renxeira
entre sogras e noras, das de antes, claro. Agora chega o fillo coa noiva, que
xa dorme con ela (o de durmir é un dicir) e…, la mar me deixe se non son todo parabéns.
E nada, que non ten ningún defecto a rapaza aínda que non saiba frexir un ovo.
E digo eu, por fin chegou o momento de que as sogras aprendan
a respectar ás súas futuras noras. Por
fin chegou o século seculorum do século XXI e as noras son noras de verdade
aínda sen pasar pola vicaría. Velaí o truco, algo que non descubríramos os
paspáns de século pasado.
Non hai dereito, meus, cada día que pasa teño máis gañas de
volver a nacer, pois, todo hai que dicilo: Cáeme o ollo en tal ver. Protesto en
voz alta por pillarme algo tarde. Ata me dan gañas de non ir votar máis por mor
disto, como reivindicación. ¡Tampouco hai moito por quén votar, a verdade!
Así que, noraboa, noras da actualidade, pensade que vosas
nais foron unas pobriñas. Por encima de non comerse unha rosca (por embaixo xa
nada, nin ghiche nin velo) aínda eran miradas de esguello. Como si elas, esas
sogras de antes, non foran tamén noras uns anos antes! Quén dixo que o mundo non
cambeou: Abaixo as sogras das noras de antes. Perdón, salvo honrosísimas
excepcións que sempre houbo e haberá. Os sogros cos xenros, nunca problema
tiveron, ai non!
No hay comentarios:
Publicar un comentario