Levo máis dun mes ollando esta foto e por moitas voltas que lle dou, non atisbo a caer na conta do que está a matinar o pretendente. Porque sexa como for, a súa mirada deixa adiviñar varias cousas: "Largarme antes que sexa tarde". "Xa botou a máis de un para o cemiterio". "É certo que teño o pan debaixo do brazo coa comenencia, pero..., pero tamén se palmo no empalme"!
Mais logo vemos a cara de ledicia dela, da señora máis rica de Hispania. Ela non tira a toalla así como asado. Para mostra, ollade de esguello ese escote. ¡E esa chaquetiña vermella, a cor do amor!
Din os maiores da nosa banda da música ( fotos máis abaixo) aos mozos que non se comen unha rosca: "Vexetais, que sodes uns vexetais". ¡Pois debe ser certo cando despois de toda unha
vida coñecendo a esta muller, a verdade é que: Sangue e figura ata a sepultura!
Isto é pasar pola vida sen darse por vencida. (Que ben rima). Así as cousas o aspirante ó título está cos dedos facendo o "pito -pito colorito".¿ ? Ou ben esfollando unha margarida: "Esta sí, esta non..., pero segundo se vai achegando ó final..., se sae si, que fago?" Ata debía estar atafegado coa suor que tivo que sacar a gravata. E iso que parece máis novo ca ela. ¡Pero xa é de vello que aguanta máis un Mercedes antigo ca un utilitario do trinque!
Dicía o noso batería Pichita cando tiña vinte anos: "Un home é un home, e un gato é un bicho". ¡Dicía! Mais naqueles anos non sabía o que era iso da "prostáta". "¿Logo, as mulleres non a teñen, meu?", preguntou. "Polo que parece non, amais diso son coma o Sol: incombustibles, irresistibles, inaguantables, inaccesibles, imposibles, inconfundibles, intocables?". E vámolo deixar aí que xa está ben de gastar tinta ó custo que está agora.
Malia co visto, val máis unha retirada a tempo ca ser retirado no carrexón, por moi ateigado de flores e coroas que leve de galano e un funeral con doce cregos. Mellor siga co "pito-pito colorito" que, con mulleres así, fai falla ter moito "esprito".
"Mellor meu señor galán, achéguese a unha ruliña, vostede é pouco gabián e ela moita pombiña".
5 comentarios:
Eu tamén penso que ó aspirante éralle mellor "fugarse".
Yo creo que es mucha paloma para tan poco gavilán. Chao Suso.
Dicen que de ilusiones también se vive
mira ti por onde queren retirar o "Jueves", condenada marchosa.¡Pero se o pobriño non chega nin ó mércores. vaia por Deus!
que jueves nin que carallo, este canijo non terma deica ó luns.¡pobre xoíña!
Publicar un comentario