miércoles, 12 de noviembre de 2008

Historia da Burrita



Velaquí a tendes, á famosa Burrita. Pero a súa historia é xa de moi antigo, pois estou a encontrar versións do 1948, e logo gravacións de unha casa discográfica: Viticor. Esta, en ritmo de cumbia colombiana.
Hai ó mesmo tempo unha obra musical do mestre D. Ventura Romero, na que intervén Pedro Fernández, isto é en película. Chámase asimesmo "La Burrita".
Ou sexa, que non hai un acordo mui claro de quén é o autor verdadeiro, pois son moitos os que a fan de seu. Eu máis ben penso que foi versioándose cos anos aínda que mantén a letra orixinal que logo vos deixo para lembranza dos cormeláns. Se poido máis adiante e..., aprendo, poñereivos un vídeo fermoso que encontrei nun curruncho do meu "faiado". É de "agárrate", sobre todo polas bailarinas do balet que fan a coreografía. Á parte, a versión musical, foi a mellor que atopei desta peza.
------------------------------------------------------------------------------------
La Burrita
------------------
1ª-Ven coge sillón y ponselo-a-la Burrita. (Coro responde:Ponselo-a-la Burrita, ponselo-a-la Burrita.
2ª- Ven coge-el machete y metelo-en-la vainita. (Bis coro).
3ª-Ves que va-a llover y-el camino es culebrero. (Bis coro).
4ª-Pero como me voy yo me pongo mi sombrero. (Bis coro).
(Música e de novo volta a comezar. D.C.)
----------------------------------------------------------------------------------------
Desexo que a lembredes no recordo dunha etapa fermosa como foi a de Novas Ideas durante os seus 30 anos de vida musical, pero quero matizar tal e como dixen de principio que a canción é, pero que moi antiga.
---------------------------------------------------------------------------------------
¿Pero a que non sabedes quén bateu o record cantándoa con nós na Ribeira? Pois para que o saibades para sempre, foi: Loudes Lista, quen aguantou nada máis nin nada menos ca..., vinte minutos, que se dí moi axiña, pero ata nós acabamos pingando. Ela como é de supor, o mesmo ca se caera ó mar.
Toda unha bela lembranza da, para nós, campiona de " La Burrita".

4 comentarios:

Anónimo dijo...

gracias suso por ter este detalle, a verdade que o levas na alma.apertas

Anónimo dijo...

pois xa sabemos quen é a campeona da Burrita. noraboa Lourdes. eres moito para aguantar 20 minutos. bicos

Anónimo dijo...

Vamos ter que facer coma os do depor que fixeron dun rockandroll un himno e facer da burrita o noso, pero mais solemne.
Ja, Ja, Ja

Anónimo dijo...

non somos nada, non hai dereito que unha moza nos dea unha pasada de Burrita. Campeooona,campeooona, oé, oé, oé, ó.........