martes, 11 de noviembre de 2008

Margotas na Fonte do Campo



A Rafael, o rei do calamar, do seu amigo Vicente.

Pois xa ves Rafa, aqui tés a Vicente que sen ir máis lonxe e mentres tomaba unha taciña no bodegón, zas, unha margota que, como podes ollar quedas á "altura do betún", segundo Vicente, "con aquel pobriño calamar". Dí el que non entende como un alumno seu pode saír a Internet amosando aquel imberbe calamariño. Malia isto, dicindo que son Made In Corme. "¡Que vergoña para nós os de Corme!", palabras de Vicente.
"Dademún sei para que teñen semellantes lanchas con motores de cen cabalos, e non pescan un farro de frixó, que xa é dicir". "¡E mira que o ensinei, pero nada!".
"Teño que vir eu dende Avilés e deixar o pobo á altura que merece, senón estes aprendices non dan cunha bicuda".
Rafael, isto xa é o non vai máis, pois estache a chamar as de San Quintín. Como el dí de ti: "O meu mellor alumno e nada, que falto eu e isto é unha fame".
Fálame de mandarcha fresca por Fax, (a margota) para que a probes axiña e canto antes. Xa vai limpa, escamada e cunha area de sal.
E recordos del neste San Martiño. Deica o verán. Mellor dito, que sexa na primaveira.
Apertas de Vicente.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

a verdá que esta fonte sempre dou la "mar de gotas",sobre todo amanecendo o domingo.

Anónimo dijo...

a verdá é que na ría non se dan mellor ca na fonte do campo. será pola miñoca...

Anónimo dijo...

Moi bo o do mar de gotas.
Que tempos aqueles que entraba xurelo a toneladas e cando chegabas con outra bolsa del a casa, xa te miraban mal.

Anónimo dijo...

pois debe ser certo o que decía miña avoa, questa fonte sempre foi moi milagreira. Ata dá cerveza....