jueves, 27 de noviembre de 2008

1918 O primeiro hotel de Corme.

Así como ledes. Corme inaugurou o seu primeiro hotel no 1918 no recén construído chalet que hoxe dá nome a esa zona: O Chalet. Logo tiña eu razón cando escribía antonte que estamos peor ca fai case cen anos. Porque a cousa non era tan doada, meus, o conto foi que nesa data non tiñamos aínda coche de liña á Coruña nin luz eléctrica. A única comunicación era coa recén rematada estrada no 1910 ata Ponteceso, e a luz eléctrica tardaría dous anos máis, nunha centraliña feita no -máis adiante- taller de Pepe o Mecánico. Estaba mesmo na que a día de hoxe é a subida a Roncudo. Mais iso si, a base de sellas de auga das mulleres ó xornal, pois como sabedes, da Paxariña non baixa ningunha fervenza.
Un ano adiante, no 1921, contaríamos co 1º coche de liña á cidade: O Guillén.
¡Pero xa tiñamos ese fermoso hotel construído polo seu dono: Eliseo Pailos (Tecelán)! Unha das casas máis belas de Corme quizais a día de hoxe.¡Lástima del aínda neste tempo, sería un clásico hoteliño de luxo!
Mais non quedou aí a cousa, pois pouco tardou en haber o segundo hotel. Este novo sería no Río de Roda. Foi na casa de Julio de Gallardo (antiga farmacia *), para logo no ano 30 abrir a fonda e casa de comidas Miramar.(*Teño o nome gardado non sei onde. Poñereino).
E agora que vos digo amigos?, que cando temos auga corrente, estrada nova e luz boa (?) cando non falla, e así unha ristra de melloras que poidéchedes ver; naquel tempo terían que lavarse en palangana, deitarse con vela e chegar a Corme a pé ou a cabalo. ¡Pero había hotel! E do milloriño da bisbarra. Sen axudas da Xunta, pois aínda estaban por xuntar os xunteiros.
Sexa como for, cen anos hai tiñamos onde dar pousada ós nosos visitantes. E en hoteis. ¡Agora nin un palleiro para deitalos! Xa é de tristura. Hai uns meses encoutrei unha parella xaponesa ás dez da noite buscando pousada ou albergue. Traían mochilas e valíalle calquera cousa. Só querían un teito cuberto pois o nordés pelaba. Non souben que facer, faleille de ir a Ponte pero tampouco temos un só taxi. Ó final a rapaza estoupou a chorar mentras esperaban un taxi de Ponteceso. Sentin pena, vergoña, rabia e non sei cantas cousas máis. Aquela noite só cabilei na parella. ¿E senón tiñan cartos?
Cen anos hai, polo menos había cabanotes con palla enxoita para acougalos. Agora non temos palla nin cabaneles para dar abeiro ós nosos ousados e espóradicos turistas. En Fisterra hai 14 hoteis e pousada de peregrinos. ¡Pero hai xente para enchelos, din en Corme! ¡Pero en Corme non hai unha cama para ser "enchida", digo eu!
----------------------------------------------------------------------------------------
P.D. Desexo opinións, grazas adiantadas.




15 comentarios:

Luna dijo...

Pues es verdad,parece mentira que no tengais un hotel aunque sea pequeño para los turistas.Que alguien se anime....

Anónimo dijo...

La verdad que hasta siento pena por esa pobre pareja, que impresión se llevarían de Corme?

Anónimo dijo...

fermoso corme

Anónimo dijo...

ELISEO PAILOS FILGUEIRA inaugurou o primeiro hotel de Corme en 1918.
Fillo de Ramón Pailos natural de Corme e Pilar Filgueira natural de Lousame, seus padriños foron un tío materno don Santiago Filgueira Castro, igualmente natural de Chave-Lousame, cura de San Adrián de Corme e a Capela dos Remedios dende o ano 1870 ata 1897, e mais a súa avoa paterna Antonia Pailos. Eliseo Pailos Filgueira adicouse á ebanistería como o seu pai, especializándose no deseño e realización de mobles finos. O seu negocio medrou progresivamente e conseguiu abrir varios establecementos comerciais en Ponteceso e Carballo.

Andrés Mourelle dijo...

Hermoso el primer hotel de Corme, propiedad de la familia de Eliseo Pailos Filgueira, este palacete de gusto clasicista de la segunda decena del siglo XX, desarrollo del eclecticismo, fabulosa la mezcla de influencias, desde las referencias regionales al gótico y otros estilos exóticos, típico en viviendas de familias acomodadas que sin haber emigrado, siguieron el estilo de aquellos que hacían fortuna en América.

Anónimo dijo...

fermoso corme

Rosa dijo...

Soy natural de Corme, tengo 64, desconocía que Eliseo Pailos fuese sobrino de un cura de nuestra parroquia por casi 30 años. Sí sabía que el hotel fuese de esa familia. Recuerdo cuando me casé , mi abuela decía: "los muebles que te los haga Pailos que es un profesional". Siempre fue una familia bastante apreciada tanto en el puerto como en la aldea.
Saludos a todos los cormelanos que andan por el mundo.

suso dijo...

A verdade é que os cormelanos estamos moi orgullosos da nosa terra. O hotel da familia de Pailos Filgueira debe ser conservado, constitúe unha xoia digna de protección, forma parte da historia da nosa vila. Esperemos que moita xente nos visite xa que temos moito que ofrecer.

Antonio Guerreiro dijo...

Non cabe a menor dúbida de que a casa que foi hotel de Eliseo Pailos Filgueira é a máis bonita de Corme. Conserva ese aire señorial que evoca os finais do século XIX e principios do XX cando estas casas eran habitadas polas familias máis acomodadas. Por sorte a casa do señor Eliseo mantense en pé representando o seu orgulloso pasado. Impidamos a perda do noso patrimonio histórico e cultural.

Antonio Guerreiro dijo...

E incluso penso que poderiamos facer en Corme algún acto para recordar o centenario da inauguración por Eliseo Pailos Filgueira do primeiro hotel da nosa vila.

Anónimo dijo...

El pueblo de Corme desea unas muy Felices Fiestas de Navidad y Año Nuevo a la familia Pailos Filgueira.

Loli (Corme Puerto) dijo...

No sabeis lo que me alegro por la querida familia de Pailos Filgueira. Sus logros son premios a su manera de ser. Enhorabuena por este reconocimiento.

maria rosa dijo...

Hola a todos. Mi nombre es Maria Rosa Pailos.Soy de Argentina.Tengo 54 años. Mi abuelo paterno se llamaba Ramon Pailos y mi abuela paterna Rosa Nuñel. El padre de mi abuelo se llamaba Ramón Pailos y su madre Pilar Filgueira. Tal vez Eliseo era hermano de mi abuelo. No lo sé. Yo sólo conocí a una hermana suya que se llamaba Jesusa. Mis abuelos vinieron al país con dos niños pequeños (mi padre jose Demetrio y mi tio Jesus, ambos ya fallecidos), pero yo me crié con mis padres y mis abuelos y desde niña amé Corme, porque mis abuelos lo nombraban todo el tiempo y desgraciadamente nunca pudieron volver. Actualmente me conecto con la familia Nuñel ya que varios familiares tambien han venido a la ciudad de Mar del Plata. Pero buscando datos sobre Corme, me encontré con este hotel , tan preciado alli y el que algun dia me gustaria conocer porque no quiero morirme sin conocer Corme. La casualidad es que mi abuelo tambien era un excelente carpintero, igual que su padre. Si alguien puede darme mas datos se los agradecere. Hasta pronto!!!!

Manuel Rodríguez dijo...

Hola María Rosa. Mi nombre es Manuel. Yo también pertenezco a esa familia Pailos Filgueira. Originarios de Corme y Lousame. Saludos para todos en Argentina.

Anónimo dijo...

Meu avo era moi bo ebanista,de frito ainda conservamos mobles fritos po él