domingo, 30 de noviembre de 2008

A voda de Óscar e María:Felicidades



Casarse é sen dúbidas a primeira cousa seria e ben pensada que ten que facer o home na vida. O mesmo ca un edificio que ten que ser asentado en bos alicerces.
E así foi como onte 29 de novembro do 2008, Óscar e María, noivos de toda vida, dixeron: adeus soltería. (Que ben rima). Pois si meus, unha voda no Faro Fisterra cal trasatlántico cruzando os mares. Sempre me dá esa sensación cada vez que piso o Finisterrae. Realmente parece o fin do mundo. ¡Ou o comezo!, segundo como se queira entender. No caso dos nosos noivos, foi o comezo dunha nova vida e ollando ó mar infindo. ¡Realmente maxestuoso!
Onte maxinaba eu durante o acto, que o noivo xa non vai ser de todo noso como deica agora. Teremos que conformarnos coa metade, sempre que María nolo deixe de man. Eu coido que si porque a coñezo. Ela aínda vai deixar que nos siga botando unha man.
Mais agora entra a tiraxe de quén dos dous vai ser máis cormelán ou máis fisterrán. Pero será un pulso de amor e senso común e diso teñen o corazón ateigado e rebosado de celme.
Quedei ademirado cando ollei todo noso rueiro da Fontiña na voda. Non faltaba ninguén de casa algunha. Iso é ser veciño, amigo e ben querido. Mais sobre todo o feito de estar a ben con todos e poder convidalos. ¡Non todos poden facer o mesmo! ¡De envexa ese feito!
En canto á festa, pois unha das poucas que vin con tanta xuventude e nun belo marco como é o Centolo de Fisterra. Un fermoso local e un tremendo convite. Xa vedes que pase, máis ben de tango, lle dá Óscar a súa muller. ¡A súa muller! Pois si meus, agora xa hai que falarlle da súa muller, amais de María. E tamén lembrar que; "home casado muller é".
Sinto ledicia por velo casado, pero tamén dalgún xeito, xa non o terei de cotío acó na miña oficiña, que sempre foi a súa. Dende sempre subía el só, aínda que eu non estivera, e facía os seus traballos neste ordenador. Foi e segue sendo o meu mestre de informática. Senón é por el, endexamais me metería en Internet. (Agora que non mo quiten a ningún prezo). ¡Canto me ensinou!
Nunca entendín como eu con 64 e el con 27 nos buscabamos un ao outro coma dous da mesma xeración. E sempre reñindo. E sempre ó día seguinte un ó pé do outro.¡Quizais sen darnos conta, fomos os mentores un do outro! Eu coa experiencia da vida e el coa súa moita escola e intelixencia.
Mais logo disto, parece que hai cousas na vida que deixan a un abraiado. ¿Quen pensaría que ela, María, era a que ía diante miña na procesión do Venres Santo de Fisterra? E non só ela, senón tamén a súa irmá, máis a nai das dúas. ¡A verdade que a vida é un pano da man!, di un vello refrán.
E seguiría falando deles deica mañá, pero non, xa están camiño (mais ben voando) de Canarias. ¡Seica van quentarse!. De calquer maneira, casaron no inverno, cando hai que ter con quentar os pés. ¡Chamádelle tontos!
FELICIDADES MATRIMONIO.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ai, que ilusión o de casarse, a verdade que este rapaz é moito.
Bicos María e Óscar.....mua...mua...mua.......

Anónimo dijo...

¿non terás un biquiño pa min Loli, pois tou a dúas velas, ou a velas vir que tantotén. a óscar xa hai quen llos dea. que listo foi con esta nevada que está caendo...

Alfredinho dijo...

Parabéns ós dous dende o teu recuncho, sobre todo pra el, xa que se hai unha boa persoa en Corme, con tódalas letras, ese é Óscar.

Un saúdo.


P.D.: Anda con ollo, que esto de internet é un mal vicio. Os chiquitos son menos peligrosos, jejeje!

Anónimo dijo...

Alfredo, non terás algo por aí para min?, non rasco....