sábado, 11 de octubre de 2008

Velaí o tendes.






Cazado "in fragancias" do verde Valarés. E así nos quedou. Xantado e pillado. Coas mans na masa, ou..., mellor dito no formento. Abraiado, ollapeando e..., os bailaríns en seco total. (O de seco é un dicir, pois xa non estabamos aló moi enxoitos). Tanto foi así que, Ramón, o xefe parrilleiro do Chiringuito, tivo tempo de sacar a cámara e "plasmálo" para a posteridade. ¡Porque, a verdade..., "pasmado" xa estaba!
¡Mais, non foi polo que estades maxinando: que é un vello verde! Non oh, non; o conto foi que quedou negro en tal ver pois o cabelo xa o ten branco. ¿Que viu logo? ¿A unha moza en bikini?, nada, auga pasada. ¿Os figos da figueira?, menos aínda, non hai o primeiro. ¿Unha parella bicándose?, iso xa non ten mérito. ¿Unha rapaza bicándo ó mozo...?, cousa normal.
¿Logo, que coime ollaba? O que é durmir..., tampouco se lle vía cara de sono, aínda que esa barriguiña chea de churrasco..., vai parecendo a da felicidade.
Pois nada, que tivemos que confesalo cun chupito de Sta.María. ¡E vaia se "cantou" baixo os brelos da figueira! ¡Pois cantar tocando non hai maneira, o único..., tocar! Menos ese día que no tocante ó tocador, quedamos sen "tocón".
¿E que nos "cantou" ? Pois a verdade: que ollou mentras tocaba Paquito Chocolatero, a "un bikini dentro dunha muller". E así nese intre, quedáramos en seco coas mans "entrebicuadrilladas" nas "entremedias" cando estabamos co Paquito subindo e baixando os cadrís, mentras berrabamos iso de: ¡oh, oh, oh!
"¿Pero vamos a ver, ti tás ben, como vai ir un bikini dentro dunha muller?", "sería unha moza dentro dun bikini, dí a verdade oh, que non pasa nada", dixémoslle. Pero era verdade: "cando un home ten razón hai que darlla", dicían nosos avós. E estaba ben da vista. ¡A verdade, tampouco bebera máis ca auga!.
O asunto fora que viu baixar do monte unha parella bicándose -ata aí, normal- pero á señora saíanlle as chichas fóra do "suposto bikini". E non se lle vía. O bikini. ¡E o noivo..., ai o noivo! Oitenta anos sen arrebolar e apretándo que é xerundio, bastou ollalos na area "arru/rrolándose". ¡E así quedou o noso tocador, sen alento en tal ver! E matinou, pensou e cavilou: "¡Estou acabado..., e con vinte anos menos!".
Tivemos que darlle a razón, era de lei. Un café de pota con gotas, foi a maneira de arroufalo para voltar ó estribillo de Paquito.
No descanso e cunhas pingueiras no descafeinado (sen que el se decatase) tamén confesou máis cousas: Que xa na orquestra lle pasaba a miúdo, máis, como home formal que sempre o foi, colleu os seus teclados e xirounos á dereita ollando ó batería. Pero nada, tampouco tivo sorte, pois nas salas de festas con balconadas atopábase co mesmo problema. ¡Señor, para que lado me xiro agora, só me queda atrás ou de costas ós compañeiros!
En vista do visto e por ter tan boa vista, o seu fillo cortou polo san e terciou taxante: "Pá, á casa. Xa tá ben de andar por aí despistado".
Segundo el, tivera razón o seu fillo: podía coller unha torcedura de caluga. Segundo nós, era de lei que quedara aberto do peito en tal ver. "Pero home, se nós estamos coma tí; a excepción non fai a regra", dixémoslle. "Xa, pero debe haber regras de car...ballo que fan a excepción", dixo el.
¿A verdade? Que a "noiva", en teoría, debía ser 25 anos máis moza ca o "noivo". ¡Era visto!
A peña.






2 comentarios:

apañadita dijo...

eu tamén son unha moza dentro dun bikini, pero fora complexos ¡¡¡¡¡

Administrador dijo...

Pois non, miña, o noivo non ten boa pensión.Só cobra a mínima. Isto é amor puro. O romanticismo aínda non se acabou.