jueves, 16 de octubre de 2008

O grilo e a grila






O grilo e a grila

Unha noite de claro luar, na que todo era un doce grilar, un griliño dicía a unha grila:

“¡Eu tamén quería grilar!”. “¡Pois grila, grila canto ti queiras, que griliñas hai sen grilar! ” “Eu son grilo novo, e non sei que é grilar, e as novas non saben, do grilo un grilar”. “¿Que queres griliño, comigo grilar?” “¡Se ti me ensinaras, contigo a grilar, despois eu grilaría ás grilas ó par!”.
“¡Ai, vaite preto griliño, e cos grilos ponte a grilar, que a noite aledan co seu ledo cantar!”. “¡Pro, ti non entendes, que eu non quero cantar, o que a min me preme é saber grilar!” “Mira griliño novo, que teu pai foi griladeiro, pois con el eu aprendín, a grilar con el primeiro”. “¿Logo, sabes ti quen foi, o grileiro de meu pai?” “¡Ai, filliño do grileiro, que teu pai foi griladeiro, á miña grileira viña, cada noite silandeiro!”
“A ti meu pai te ensinou, a grilar na túa grileira, mais a min non hai unha grila, que me ensine a griladeira”. “Pois ven acó meu griliño, e baixa á miña grileira, que teu pai me ensinou a min, e a ti grílote de primeira”.



3 comentarios:

Administrador dijo...

A M. Dolores, que comentou onde non era, un pouco máis abaixo.
¿Ti que cres que quere o grilo?
Porque os grilos grilan e máis grilan...

Susinho Jaucho dijo...

Esto é coma o conto do vello que se casa coa nena e na noite ne vodas non pasa nada pois como di o vello ... ti que non sabes e eu que non me acordo.
Un saudo e parabéns polo blog.

Luna dijo...

El condenado del grillo quería una con experiencia.
Tienes habilidad para escribir.Felicidades