lunes, 13 de octubre de 2008

A nobreza de Corme


Velaí a tendes, á nosa aristocracia. Ano 1929 na praia do Osmo. O primeiro pola esquerda era o "famoso" D.Darío con traxe de baño a raias-cebra, moi sexi. O do seu lado outro máis sexi aínda que dá que pensar. E o do centro, pernas abertas e bañador completo: D.Juán Ponte que parece de bon ano. A súa esquerda, un de paxarela e lentes tipo Chopín, ata ía así á praia polo de impor o seu respecto, debía ser o galeno do pobo. ¡Logo ollade o que está deitado: Sombreiro, traxe e zapatos de boscal con solas dobres! Debía ser o xefazo do pobo. ¡Pero que porte e prestancia, meus! E canta ledicia en todos eles. ¡Non é de extrañar!
¡Malia, que mágoa a deste Corme! Agora ata non temos aristócratas para presumir deles. (Enténdase mantelos, que aínda cambea a cousa). ¡Pero pensade un pouquiño o que sería a nosa vila a día de hoxe: Unha boa aristocracia, con traxe, camisola abotonada e chaleco; paxarela e un bon sombreiro chapeu; xogando no casino ó dominó e logo á saída da misa do domingo fardando polo Campo con aquel reloxo de cadea ó peto e fumando en cachimba! Iso sería un pobo de alcurnia e senlleiro en toda bisbarra.
¡Está visto que do cabazo sen millo ata fuxen os ratos ! (Sen ofender a ninguén, é unha frase vella aínda que non sexa unha bella frase). E así nos pasou a nós, quedamos sen ter quen nos comera o millo, os pintos e besugos; patacas e ovos; pernil e un longo, etc. ¡Ou tamén fuxiron por non haber etcéteras, vaite ti a saber! O asunto que Corme non é o que era sen a súa nobreza. Antes os rapaces pasabamolo día dando os "buenos días don...", e en castelán. Aquilo ata che enchía o peito aínda que..., o estómago fora valeiro. Amais en "castrapo" ¡Casemente xa o criamos: que eramos de Madrí ou da Cruña, ai non! Así tiñamos educación, non coma os de agora que pasa o mestre e: ¿Que pasa, tío?
Pero que tristura, non temos a quen saúdar nin manter, porque, dicídeme vós: ¡Se un pobo non dá para manter a media ducia de nobres, tamén vaia por Deus! Pois non, non debe de dar cando todos se foron e non voltaron. Antes tiñamos que pagar a Bula, a Oblata, a contribución ó señor do cabalo, a renda das leiras ós señores, a maquía no muíño e..., que sei eu cantas cousas máis. Ata os funerais eran con dez curas. ¡E con almorzo, non como agora que só veñen dous e a seco. ¡E sobraban cartos, la mar me deixe!
Por iso meus, eu boto de menos unha boa nobreza, o que agora se coñece como a Jeet Sett esa de moda. ¡Pero xa non é o mesmo! ¡Esta xa non levan chapeu, paxarela nin caxato!.

2 comentarios:

Luna dijo...

Pues sí que hay variedad de vestimenta en esta foto.
Si los de abajo son la nobleza los que están en las rocas serán los plebeyos?

Administrador dijo...

Gracias Luna.El que está en medio con bañador completo, es el abuelo de nuestra famosa modelo:L.P.