miércoles, 8 de octubre de 2008

Cousas de Corme






Un andamio para a historia e un peirao con fronteira.

Pois iso, meus: Que despois de case nove meses e cansos de sufrir as nosas protestas, parece que Sanidade, segundo dou a coñecer estes días, están cavilando para que puxeron o andamio. ¡Non é de extrañar, dende o 18 de febreiro! A verdade que xa fai falla ter caletre para non olvidarse do que ían facer. ¿Sería para arranxar a ditosa cornisa da fachada da Casa do Mar? ¡La mar me deixe se o entendo, isto é superior ás miñas forzas! ¡Co que custa un andamio por día e para dar un pouco cemento que o facía calqueira albanel de Corme nun par de días! Logo vén o do orzamento, enténdase presuposto, no que a estada (andamio) levará miles de euros para un par de sacos de cemento que van usarse. (Antes iso do orzo...,orzón ou algo así, era unha sobrecella infectada. Colleu o nome porque un albanel canso de non cobrar o presuposto, púxolle un ollo o mesmo ca un orzo ó executivo de quenda. E..., velaí o nome).
Pero volvendo ó conto, quizais estou nun erro e a obra vai ser de armas tomar. Se é así, benvida sexa, pido perdón. Mais se é como eu penso, tampouco llelo perdoo a eles, ós que todo arranxan cando están na oposición. Pero o que máis mágoa me fai, é que nos tilden de inconformistas ós cormeláns. ¡Pero se somos do máis sofrido que ollei en toda bisbarra! ¡Non me digades que non queda ben esa tule transparente verde, sobre o fondo branco da Casa do Mar! Ata parece un vestido de voda.
Non entendo de cores, pero coido que un "azul celeste" polo lado de vendaval, ata faría xogo co verde. ¡Verde que te quiero! Ou un "rojo fusia", a cor dos namorados que "fusian". ¡O que pasa é que non vos decatades que agora hai unha muller de xefa! E...,que dicirlle a unha dona, que non saiba de gustos e vestimenta?. ¿Que saberemos nós?
Así que o dito: deixar a cousa que, entre unhas e outras, o noso andamio-estada, vai camiño de ser monumento histórico e vai chegar ó seu tempo: aos nove meses. Apadriñarémolo. Namentras o siguen pensando, poden usalo as nosas mulleres de colgadoiro e poñer a roupa ó clareo, é moi soleado á tardiña.
-----------------------------------------------------------------------------
Mais as cousas deste noso Corme non acaban aí. Veño de facer a miña andaina diaria e atopeime na Ribeira cun letreiro moi bonito co logotipo da Xunta: "Prohibido o paso a toda persoa allea ás funcións portuarias". Parei en seco o mesmo ca no stop da Ponte (pois aquí nin siqueira temos un de segunda man), e ollei, ollei de esguello se había algún gardán (polo da multa), pero non. ¡Ó mellor tamén ía cear!, pensei. Logo, vexo toda Ribeira e o peirao ateigado de barandales brancos por mor de non caer a xente ó mar. As furtadelas fun indo ata o muelle e cavilei: ¡Se caio ó mar, a miña viúva non cobrará por min, ben de seguro!
Xa de volta, pero agatuñado ó socairo das casetas, (polo da multa, pero máis por non caer ó mar) seguín co crebacabezas: Se está prohibido o paso, para que poñen barandeles? E se poñen barandeles, para que está prohibido o paso? "La mar (non) me coma se o entendo".
Corme Cháns Cousillas.

No hay comentarios: