¡A QUE MUNDO CHEGAMOS, VÓS!
Así dicían as nosa avoas e aínda non viran máis ca o Nodo da
pilícula que viría despois. Logo viñeron as fillas das nosas avoas, ou sexa,
nosas nais, e a mesma historia: O que unha ten que ver antes de morrer. Logo
viñemos os netos das avoas e fillos de nosas nais, e, e xa dicimos o mesmo que
antes os nosos devanceiros e nos daba moita risa. Páganse todas na vida. Ou
sexa, que velaí lles temos que dar a razón: Agora xa vedes que a palabra de
moda é Virtual.
¡Onde van aqueles tempos de que o leite era morniño da vaca?;
aqueles ovos de curral con dúas xemas?; o galo tamén de corral que cocido ou ao
forno, era chupar os dedos; a carne de cucho sen pienso algún; a manzanilla do
sauce chorón, pois nada, que a temos que comprar tamén e o sauce chegando ao
chan.
Ata o tabaco, meus, ata o tabaco era natural. Onde vai aquel
Cuarterón e o Caldo de Galiña ao natural feito polo propio fumador. (Isto entre
nós, pero non saibades a teima que había na Banda de meu pai entre os do Cuarterón
e os do Caldo, xustamente se poñían a “caldo” rosmando co recendo). Pero ata
era unha obra de arte en verllelo facer tan feituquiño con toda parsimonia e
logo a lambetada final para pregalo. Aquilo xa relaxaba sen fumar. Eo lume, ao
natural, co chispeiro que ata lle prestaban aos fogueteiros para botar a pólvora
cando quedaban sen mecha.E agora, tabaco laife, a saber o que lle meten dentro?.
Eos bicos, ai, meus, onde van aqueles bicos de verdade, de
tornillo total coma os do Chico á Chica que sempre era os ghuapos do cine. E se
copiaba da pilícula do domingo antes. Ata na mili, a algúns lles chegaba o bico
da noiva sellado na carta co seu xazmín pregado. Pero do máis vermello. E así
quedaba o noivo: tamén vermello bicando a carta. Aquilo era romanticismo.
E así chegamos a isto, que todo é virtual. Coma os iogures
laifes eses, ou sexa, a saber de que son feitos. E todo é laife; o leite
desnatado; o café descafeinado; o aceite desaceitado; as patacas que as levou o
resío e se poñen de loito namais cocelas; o pan, mellor non falalo, esas que
lle chaman baghetes, mesmo parecen ás dúas horas, o conto aquel de “aquelare”,
pero mortiño total; o viño, ai, o viño, disque tamén se facía de uva, lle dixo
o taberneiro ao fillo antes de morrer.
Dixen morrer. Ata nin iso, antes ibas a un velorio e non
faltaba café á pota coa súa copiña de Terri Malla Dourada e unhas rosquiñas que
case se iba a noite sen darte conta. Agora nada, vás a un “tormentorio” deses
tan moderno, e se tés sede, ou pagas o pocilliño de café (mais ben
cascarilla) ou vás ao bidón aquel e
bebes, pero en vaso de plástico e auga tamén descafeinada, da máis barata. E entre
nós (sen que se entere o cura que a teño clara), ata che fan trampa co
botafumeiro, antes carbón de verdade, agora unha pastilliña tamén laife e nin
vás afumado como Deus manda. E a campá, tamén laife/virtual. E as nosas de
cobre criando verdín. Que nada, que non vale a pena morrer, que volo digo eu.
Pero o máis triste é
ver as probiñas vacas que se van deste mundo sen comerse unha rosca. Ou sexa,
saber o que é un boi. Contabame hai 15 uns días un de Vilarriba, que, cando
levaba a vaca vella ao boi, nin caso. ¡Ai, pro cando lle levaba unha xovenquiña
nova, ai, madre, saltaban no aire. Os dous, o boi e a cuchiña. Xa vedes. E agora nada, aló vén o veterinario
(antes lle chamaban o albeite) e aló a
“inseiminia” tamén virtualmente. Unha tristura meus,que digraciadiñas naceron.
Ai, que me esquencía, antes tamén o “aquele de aquelare” era
ao natural. Agora nin iso, tamén laife, in, out, e moito englis, como xa avisan
no colexio: Póntelo y pónselo. Casemente parece a letra da Burrita de Corme:
“Poselo a la burrita, poselo a la burrita”.
P.D. Bicos, apertas,
vinde tomar café ou mellor tila, e todo que queirades, total, todo é virtual. ¡A
que mundo chegamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario