A MOCIÑA CHORABA SEN TRÉGOLA
UN ROLLO/VIRUS MÁIS
Con esta frase de “Unha noite na Eira do Trigo” de Curros,
comezo con lembranzas da miña vida de trotamundos facedor de festas;
casementos; vodas; xantares; ceas baile e procesións moitas, fun facendo unha
recolleita como se dí agora, virtual, pero no meu caso de ollador da vida.
A verdade que non sei o que durará este confinamento, un
palabra que nunca escribira até este mes, pero creo que teño recolleita para
mentres viva. Malia que non podo nin por moito, sacar as mellores, porque sería
ferir sensibilidades, machismo ou o que queirades imaxinar.
Así, neste eido, o que máis me doío na miña vida de
remancheiro (músico, no verbo gharnucio dos canteiros) foi ver dende os palcos tantos
amores e desamores chorando por coitados. Cando vía unha parelliña rifar
entreles, e logo a mociña chorar, me tiraba a noite, algo que nunca puiden
evitar.
Pero mirade vós estoutra sen ser en ningún palco nin facendo
bailar á xente. Estabamos case de “lúa de mel” estreando a caravaniña, o “noso
niño de amor” como eu lle chamo e a “parella” se enfada. Porque tamén quero ser
moderno e chamarlle parella, inda que sexa eiquí e ela non se entere, senón, xa
a teño clara: durmir ao faiado esta noite.
Dicía eu que, estábamos aparcados no Burgo das Nacións en Santiago e cerquiña do
Auditorio de Galicia por mor de asistir aos concertos. Unha fermosa noite de
prácido luar naquel casemente Bosque Animado da literaria obra de W.Fernández
Flórez con árbores centenarios.
¡Ai, pero de entre as árbores, escoitamos un desgarrador
grito que resoou naquel fermoso paisaxe. E velaí baixo eu, a pesar de impedirmo
a consocia. E comezo a ollar entre vidueiros e plataneiros, eos gritos seguían
dunha xove voz feminina e eu sen ver a quen auxiliar.
Ata que comezo a escoitar o pisar da follaxe das árbores que
cubrían o chan de todo o parque. E alí aparecen os dous anxeliños do Ceo e ela
seguía gritanto e a miña señora dona berrando. Berraba, pero por min, para que volverá
ao coche. “Diso nada, como vou abandonar esta pobre mociña”, lle dixen. Se
foron achegando ao paseo alumeado e a mociña que nada, que bágoas e chantos
todo era un: “Que no te quiero ver más, márchate”, lle dicía a pobriña limpando
as meixelas mentras eu, ollo avizor por se había violencia, me mantiña a
distancia prudencial.
E así case unha hora, meus, ata que se acabaron aloumiñando
entre o verdal matigueiro. ¡E por fin o bico, e outro, e cen máis!. E se
entrebellaron nunha aperta de amor, que case ten que pedir auxilio de novo a
mociña. ¡Ai, respirei aliviado! E respirou a medio dona da caravaniña, unha de
tantas naquel fermoso lugar. Até que baixaron amartelados e agora case choro eu
vendo o que é o amor.
Logo, para relaxarme, comecei a dar uns paseos á luz do
alumeado do parque. E pasou a Patrulla Municipal. E volvío na volta e volvío a
vir de volta. “Suso, ven xa que están desconfiando de ti”, me dixo o meu Anxo
da Garda. E outra volta, ata que os parei, porque estaban quedando sen gas-oíl
que o pagamos todos. Indentifiqueime e lles contei o conto. Sorriron e me deron
as grazas, as boas noites e se foron. Creo que
tamén felices.
¡Ai, pero logo case choro eu no noso “niño de amor”, casemente
estiven a coller unha manta e durmir ao socairo dun vidueiro ou debaixo do coche. Porque
aquilo, amigos, me trouxo o recordo do que vos contaba ao principio, de tantos
e tantos amores coitados. E me lembrei de case unha das derradeiras festas das Novas Ideas na
Terra Chá de Lugo.
Acabáramos a verbea e unha espesa néboa apenas deixaba ver.
Fun pola furgo eos cristais empañados total. Encendo e meto marcha atrás,
porque ollara que non había ningún coche. Ata que abro a ventanilla, porque non
vía nada. E de repente case me dá un infarto vendo o que estiven a punto de
facer: Unha parelliña, estaba acochadiña debaixo do furgón, e non me extrañou
con aquela noite de xiada. Rastrellándose como puideron, saíron a cen, mentras
en daba o Nome do Pai pensando no que puidera pasar.
Tiven que baixar e calmar os nervios matinando no que puido
pasar. Eu, que embelexo vendo o amor nas parellas, ou as parellas nomoradas, aquela noite enxedamais a esquecerei por mor
do que houbera pasado se non abro a ventanilla. Xa na casa, non peguei ollo, e
o trauma me durou un tempo. Un recordo de case uns 25 anos. Espero que sexan
felices. E viva o amor; os bicos; os abrazos, e todo de verdade, pero non
virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario