OS CALCETÍNS DOS EXECUTIVOS
Dende hai moitos anos, sempre tiven inquedanza en saber se os
nosos politicazos e executivos non sinten fríaxe nos pés, porque servidor,
fillo de Teresa e Basilio, ten 20 pares negros tamén por mor do uniforme, antes
da Orquestra e agora da Banda, e lar mar me coma senón pasan o ano enteiro
aloumiñándose un aos outros. Aínda que ben, no verán os saco ao sol, por mor
das actuacións da Banda. E xa, que non se queixen.
Hoxe, namais abrir o xornal, velaí vemos ao Sánchez perna en
col de perna lucindo os seus calcetíns con zapato de “chúpame la punta”. Como
asimesmo estaría no outro lado virtual da pantalla, o Casado, que ben podería
ir en zapatillas de paño e escarpíns de lana que ninguén llelas iba ver. Pero
non, a chulería desta xente ten que molar cantidade, como dín os rapaces. E logo,
cando se sentan de frente co sorrioso máis ficticio, alá os dous ensinando o
profidén dos dentes e a sola do zapato un ao outro. Mirade vós, que se un deles
pisara na calle antes de entrar, unha caquiña de can, sería o notición dos
Telediarios do día en vérllelo pregado na sola do zapato. Malia que non temos
esa sorte.
Pero non solo me refiro aos políticos, senón a tódolos
executivos. E logo esa “pose” tan “sexi” das pernas como dixen, que mesmo
parecen as top-les, que cando menos teñen algo que ensinar, Deus mo perdoe se
peco e a ver senón se entera o Cura. Amén.
Así o conto, eu me pregunto dende sempre, se estes
estilistas, políticos e executivos, non sinten frío nos pés, por moito que
queiran disimular. Non, se xa sei que neses despachos abrilantados polos
empregados da limpeza (iba dicir polas mulleres, non debín durmir abondo) hai
catorze estufas eléctricas. Ou baixo o parquet, o mesmo ca nos modernos fornos
de pan, unha instalación que fai ferver o chan ou a soleira do forno.
Calqueira día, lemos unha mala nova, que o poli-executido
ídem, saíu coma o pan de molete do forno que falei. Pero alá eles, porque
ademáis, tantotén que sexa o mes de xaneiro como o solsticio de verán, sempre
coa mesma vestimenta. Aínda que non temos vergoña, non lle mercar aos nosos dirixentes
uns traxes de pana para o inverno ou daqueles Mac-klaun que quitaban o frío e
fardaban de chulería coa envexa.
E logo ese meneo ao andar, e esa pose nas mans que case dá
noxo velos de tan sofisticado estilismo, innatura como se adoita dicir. Para
que estudiaría eu Mímica?, unha das miñas paixóns dende púbere. Porque isto se
me fai insoportable, tanta pose artificial ensinada polos seus “asesores de
imaxe”. Como se con iso, arranxáramos os problemas do país.
Recordo hai anos, que, algunha vez me tocaba guardia na tenda
da señora dona e ama de chaves, en vendo entrar algún viaxante tamén tipo
executivo e cuns aires que casemente me facían poñer firmes, dicía eu pra min: “Ti
vás deiquí sen sacar o boli”. E así era, meus. Os deixaba falar, pero o mesmiño
que un catedrártico na aula de turno. E eu caladiño, serei zorretón. Ata que
sacaban libreta sobre o mostrador e lles pegaba un corte a escuadro que
quedaban lívidos. ¡E pensaban ir…lévedos coa nota!.
Pois iso, que, eu frioleiro de pés a cabeza (o da cabeza é un
dicir, case me ferve moitas veces porque non para de cavilar) e neste tempo con
non sei cantos calcetíns, eiquí quedo conxeladiño por culpa vosa escribindo
estas parrafadas para aledarvos un pouco o día. Porque isto entre nós, eu levo
mes e medio sen mirar o televexo e no xornal dixital da Voz, ao que estou
abonado, pouco menos que pasafolla virtual despois de ver as esquelas nas que
sempre se atopa algún comentario que te fai dar que pensar e casemente rir. Tamén
entre nós, están mellor as esquelas, Deus mo perdoe se peco, que a metade do
periódico por non dicir todo.
E nada meus, que de cotío lle digo a esa señora que me ten de
hospedaxe na súa casa, con habitación e dereito a almorzo, xantar e cear, que,
cando sexa, aínda que sen présa, me vista o pixama, dous ou tres pares de
calcetíns, eo traxe da Banda, porque total vai ir ao contenedor. E se pode ser,
que no “tormentorio” me poñan calefacción sequera a 20ª centígrados, así en
letra por se as moscas. Logo, xa no intre de saír o cadaleito, a derradeira
vontade como din os notarios: A manta aquela que sabemos ela e eu, e en dobla.
E irei medianamente satisfeito.
Ai, que me esquecía, e nas mans, unhas luvsr de coiro que
teño eiquí sen estrear con forro de lá por dentro. Tamén xa non recordaba, a
gorra nova que merquei para a Banda, e veaí quedou case recén estreada, por
culpa dos rapeces novos. Serán parvos, nos cubrían do sol, e de algún
chubasquiño cando vamos de pasarrúas ou Procesións. Pero non, querer ser
modernos así se frixan de sol ou chuvia. O mundo ao revés, tontos.
Mais agora que caio da burra, acabo de decatarme
mentras vos escribía. que tamén o Corna-virus funciona mellor co frío. Así as
cousas xa me dá que pensar se non haberá algo entreles: Os poli-executivos e o
Covid-19
No hay comentarios:
Publicar un comentario