O PAPEL HIGIÉNICO
Teño aquí apuntes de darvos a lata, pra dar e tomar. Pero
hoxe vamos chegar a un acordo que espero me deades a razón. E se non a teño,
pois nada, pago os cafeces, os descafes, os pasteis, e na volta do serán,
chiculate con churros, pero chiculate espeso, dese de chúpalo dedo.
A cousa viña sendo, que, a ben seguro tedes na casa papel
hixiénico por saco, ou máis ben sacos. E mirade vós por onde comezou a suba dos
fraguantes mercando eucalipto pra celusosa, porque se agotaron eixistencias. Era
visto, nin que estivéramos toda familia tirando da cisterna noite e día. Bastou
un neura que no CONTINENTE enchío o carro, e xa sembrou o pánico total. E
senón, veredes vós este conto que foi real.
Era eu barbilampiño, cando dous patróns de Corme que eran o
demo facendo caralladas, pararon ás 12 da mañá, no mesmo Cantón Grande na
esquina fronte ao Banco Pastor. Estaba unha mañá clara total de primaveira e un
deles lle dixo ao outro no ouvido unha ocurrencia.
De repente, pararon, e un deles comezou a sinalar ao aire
poñendo cara de intriga. O outro comezou tamén a sinalar buscando no Ceo o que
nada había. En tres minutos, estaba todo Cantón Grande sinalando ao Ceo e a
xente toda parada. E os dous caralláns, se foron largando tomar un viño a Santa
Catalina, e rindo a partir. E alí quedou o Cantón enteiro mirando ao Ceo. Tal foi, que algún
“espabilado” xa vía o que non había, dicía el.
Pois o mesmo foi co papel hixiénico, meus, todo foi por un
neura que debe ter a casa máis chea que o ELCAMPO con almacén incluído.
Calqueira día van ter que comezar os bombeiros ( bombeiros da Banda non, os de
apagar o lume ) a vaciar pisos, pola “descomposición”, pero das cousas, a xente
sigue estreñida. E abofé, que van ter trafega pó que resta de ano.
Ben pensado, este conto de hoxe, casemente podíamos extrapolalo
ao de antonte, cando falabamos dos tempos dos nosos avós e avoas. Non había
papel nin de Interviú nin de Hola, polo de aproveitalo. O do periódico non
chegaba a nada. ¡E que ben limpaba, aquilo xa era un adianto! Logo, recordo o
primeiro que saiú ao mercado: El Elefante. Coime, pero iso era papel case coma
o de estraza, limpaba o que tiña que limpar. E non este moderno que é
igualitiño cao de librito pra liar un toscano de Cuarterón.
Pero non había ningún problema naquel tempo. Recordo na casa
dos avós en Froxán que, na cañeira, pois todo se reciclaba e mellor que agora.
Cando “acababas”, collías unha folla fresquiña dun coleiro e molladiña do
resío, e, ai, aquilo era unha frescura que ata che daba gustiño. E senón chegaba
unha, pois, dúas ou o coleiro enteiro. E non facía falla o Vidé ese de agora
coa auga fervendo. ¡Se é mellor auga fría prás almorrás!
En fin, que remato con outro conto real da vida mesma. Eu non
son contachistes, senón conto anécdotas reais que fun metendo na miña
recolleita virtual. (Pois, nada, xa me saiú o de virtual) . Dicía que en sendo
eu neno duns 5 anos, estaba co avó e padriño Jesús Torrado nas pedras do Biscoiteiro
vendo os golpiños de mar. E de repente, comecei a chorar.
“Que tés, meu neno?”, me dixo padriño. “Que teño gañas de
facer caca e non hai papel”, dixen eu choroso. Entón el, mariñeiro rexo e de
volta e media da vida, esbozou un sorriso que me fixo chorar máis. E el a rir,
e eu a chorar coa dor da barriga. “Ala, báixate e fai caquiña tranquilo”me
repetío. Ata que non puiden máis. E el mirando como as ondiñas do mar iban e
viñan polos regos do Biscoiteiro mentras “buscaba o meu papel “hixiénico”. Rematei
e, e velaí estaba padriño coas mans cheas de xeixiños mollados do mar, máis
desinfectados e suaves que o papel máis moderno.
Aquela lembranza, endexamais se me esquecío, o mesmo que na
casa dos avós de Froxán. Cantos problemas nos creamos tendo as solucións á man.
Canto temos que aprender dos nosos devanceiros, dicía eu antonte, e canto nos
complicamos a vida. Se o papel hixiénico ten 50 anos, e a vida miles por non
dicir millóns de anos. ¡E sen papel hixiénico! ¡Que problema!. P.D. Sequera
volve a subir o precio do “arcolito” pra facer…máis papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario