
Tamén estaba ás escondidas da xefa zorregándolle un de Caldo de Galiña por mor do catarro. Seica é moi bon, dicían os músicos vellos cando eu era neno, pero o Cuarterón facíaos tusir que era moito. Meu pai dirixindo e eles tusindo. Menos mal que o facía a tempo levando o compás da música.
Pois o conto, máis ben o asunto, ben sendo que non acabo de dar coa teima de quén gañará. ¡A verdade, segundo dín os xornais, tantotén! Pero non pensedes que estou a facer campaña para ninguén; aínda non cheguei a ese grado de estulticia, afortunadamente a Deus grazas. ¡A verdade que para ir a un mitin e non poder abrir a boca, vale máis ir á misa! Tampouco a podes abrir, pero polo menos é a misa.
Pero os meus cálculos para o domingo son..., haber se o sei explicar..., que teño varios pláns para dicidir a onde ir xantar o remate do antroido. Ou sexa, o derradeiro lacón con grelos da terra. Logo haberá que ir vendo a maneira de baixar os tres quilos, que entre turrón dun lado, bacallau doutro, máis follados e orellas, a cousa veu vindo que case parece que estou de tres meses.
Mais cambeándo de asunto, xa me chegou a foto da sueca de Suecia, pero quere asistir á voda da súa princesa e logo dime cando vén. ¡Ai pero non vexades como está a rapaza! Non ouso poñela por mor a unha vida desfeita. Haber se unha noite mentras ela, a parienta vai andar ó muelle coas amigas, zás, póñoa e só unhas horas. Caso de enterárseme a patrona, "tou" na calle coa maleta na man.
¡E dicideme vós! ¿A onde vou eu agora ós meus 65? Non sei frexir un ovo, facer un caldiño; guiso; follados; papas nin unha torta. O único a cama e barrer. ¡Ai, aí si que son un artista coa vasoira na man! A cama sáeme un pouco torcida dun lado por mor do edredón, pero total xa é pa desfacer...! Logo tamén lavo a louza, pero o que máis me dá raxeira é que mentras ela vé o Pasapalabra aínda ten a face de dicirme: "bótalle Fairi, veña". Iso si que me cabrea; e por encima sen poder eu escoitar o "parte".
Así que meus, un ten que termar e calar que agora as mulleres tomaron o poder e póñente na porta sen rechistar. Eu por si acaso xa teño unha camiña "porparada" nun sitiño queu sei. ¡Tamén a verdade, para que nos queren a nosa idade?, pois daquelo que falamos a miúdo..., xa me entendedes..., ou sexa..., o aquel de aquelare, nada de nada.
Entón meus, que, o domingo irei votar por quen ela queira. O mesmo ca un velliño termando co caxato que che poñen a papeleta na man e ti non sabes se o que vai dentro é o teu testamento. E calando, amigos, que iso é xerundio .
Logo disto, pois iso, que se poido unha noite destas poñeremos o "afoto" da sueca. E non digades nada ás vosas donas, senón xa sabedes: na rúa. Caso diso, chamédeme que teño unhas "piltras" pa uns cuantos.
E namais por hoxe, copiade de min como lle pego ó "ordeñador". E a mesa máis a banqueta fíxena eu. ¡Ai non!
2 comentarios:
Nunca é tarde se a pizza é boa, dicía un.
Eu quéroche dicir que a cociña é un dos praceres que ten a vida e se foche quen de escomenzar en isto da rede ti so (xa me explicarás como)a cociña non ten por que ser problema.
Suxerencias: Empeza por unha caldeirada que é facil.
Sorte
Grazas 69, ¡Que nome tan erótico!
Pero grazas de verdade. Aínda que o mellor pracer da vida é...,xa me entendes. Nin os percebes do noso Roncudo.Verás cando poña a foto de sueca. Está...,chapó, din os rapaces. ¿Sabes porque non a puxen antes? Porque non quero nin por moito que se me xulgue de vello verde. Nin son vello nin verde.
Logo a caldeirada xa sei que é fácil, pero nunca me sentou ben, en serio.
Apertas amigo e, tampouco tedes porqué ocultar o nome. Neste meu blog quero manter unha liña totalmente divertida, cormelana e sin controversias de ningún tipo. Así como ti fais. Saúdos.
Publicar un comentario