lunes, 16 de febrero de 2009

BENI-CORME











......................................................................................................................................................

Un día máis convosvo para ofrecervos as mellores fotos do verán de Corme. Mais isto matizado, xa vedes que ben de seguro merecemos o nome co cal dou título a este espazo de hoxe:Beni-Corme. De envexa, vamos. ¡E o Inserso mandando á xente para o Mediterráneo! E veña sopa de sobre e baile de discos. Non hai dereito, pois, aqui tomarían percebes de 1º, peixe fresco de 2º, e de postre tiramisú de marisco. Logo o baile nada de discos; en directo. Como anunciaban uns carteis hai anos dunha sala de festas na cal iamos actuar: "Nuevas Ideas y la atracción de Manolo Escobar en carne viva".
Pero non, hai que mandalos lonxe aínda que entoumen de friaxe, pois se acó está este tempo ten que chover en algures. E asi veñen reventados de tanto: "un dos, tres, para la izquierda y un, dos, tres para la derecha", tal como lles vai ensinando a monitora de baile. De discos, claro.

O conto meus, ben sendo que estas fotos sacounas a miña humilde cámara antonte sábado día de San Valentín. Xa vedes como rebaixou a Arnela, pero diso xa hai un mes. Neste momento xa subío case medio metro. Logo as demais xa podedes ollar como estaban de fin de semana os pesqueiros de Ribeira máis o da casa. ¡E a fonte do xardin vertendo auga fresquiña que, para iso somos Galicia! Logo está a do Museo, que como se pode ver a súa fachada xa promete. Debemos entender que é pedra e isto leva os seus retoques.

O Museo está case rematado, tanto por dentro como por fóra. En breve irei sacar unhas fotiños e logo ensinárvolas. Xa funciona o ascensor e non vos digo nada do luxo de portas adentro. ¡A verdade que tivemos unha sorte de envexa con esta mecenas de Cristina Cervigón! E non vos digo nada das súas compañeiras. Á hora de espremer cartos nas Institucións, os "esprimidos" tremen. ¡E soltan o carto, pois..., máis lle vale! Máis lles vale se queren ir xantar.

Pero eu coido que non valoramos en Corme o que poida reflectir nun futuro non lonxano, esta obra que para si tanto desexarían outras vilas ou cidades. É certo que nós desexariamos unha fábrica con cen postos de traballo. Malia que iso e a estas alturas, é pura utopía cando están a pechar as poucas que aínda quedan.

Se facemos un pequeno repaso mental a só uns anos atrás, ¡canto revoltixo económico e cultural fixo mover este aínda virtual Museo! Pero tamén debemos matinar canto puxemos nós do noso lado. Nada. É entón cando temos que valorar este alicerce sobre do cal a nosa vila vai a ter un novo hourizón, cando menos en termos turístico/culturais. Sen dúbidas algo ten que ser primeiro: O ovo ou a galiña.

E como comecei remato: Que o tempo é de envexa. O Museo está a punto. As obras do gas canalizado están en pleno auxe. A obra da Serra cementou hoxe os seus primeiros alicerces e vai ser unha obra fermosa, por máis que algún non queira velo así. Logo teño un segredo o que non poido de momento dar voo. Será unha regalía coa cal non contamos.

Saúdos dende Beni-Corme, a capital da Costa da Morte.
---------------------------------------------------------------------------------------

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade Suso que me fais sufrir de envidia en ver o meu pueblo cada día como se fora paseando por el.Este traballo teu si que e algo de mérito pos que tamos fora.saludos.

Anónimo dijo...

Como se nota que cumpliches os 65 que xa miras polos viaxes do imserso.
Pero pa comparar primeiro hai que ir a benidorm e logo ...

Administrador dijo...

Grazas Pepin polo teu comentario, pero de momento non me xubilo. Os artistas non nos xubilamos. Aparte diso, creo que ves claramente a miña intención cormelana en plan coñero. Tampouco saín de León para máis aló, a verdade. Pero segundo din os que foron ó Benidorm, aló tamén hai frío e chove cando lle cadra.
Dende logo a miña ilusión 1ª é ir a Madrid. Saúdos Pepin e reitero as grazas.