lunes, 5 de enero de 2009

OS NENOS DO MUNDO

Dende pola mañá que ollei a foto dos dous nenos mortiños na triste guerra en Gaza, non son capaz de entender o porqué Deus nos fixo así. Somos quizais a raza máis animal de cantas Deus, repito, creou neste mundo chamado Terra. Ou terra chamada Mundo.

Ós que nós lles chamamos animais, só matan para comer. Unha vez a barriga chea non queren máis. Acougan o seu letargo de longa sesta. Nós, os que nos chamamos seres humáns, os intelectos, os estudados, matamos sen ton nin son. Matamos o mesmo cas alimañas coma o lobo, rara "avis especia" que mata por matar. O mesmo ca os homes. Quizais somos nós coma os lobos.

Hoxe era o día de Reiceiros para: "Os nenos do Mundo", esa cantiga do meu amigo D.Xosé Neira Vilas que eu musicalicei. Mais non fixemos nada, Pepe, a túa cantiga non a entenden os homes. Os homes que mandan na Terra. Nin no Modo Menor musical para que lles afondase no corazón. ¿Corazón? Non, non teñen. Nin teñen iso nin saben o que é a celme.

Logo unha nova de última hora subliña a dor da familia Bush chorando polo seu canciño. ¡E a foto ó lado dos dous nenos mortos! Nunca un se deitará sen saber unha cousa máis: Os Bush tamén sabían chorar. ¡E a humanidade pensando que nunca choraran! Á mesma hora que os nenos están a recibir os agasallos dos Reiceiros ¡Menos os nenos pobres! ¡Menos os nenos mortos! E o xefe do Mundo chorando coa súa familia polo seu canciño!
Dende fai tempo sinto vergoña de chamarme ser humán. Non entendo a vida. Non entendo a guerra. Non entendo a fame no Mundo habendo cheúra abonda se a soubéramos repartir. Non entendo como se poden matar os teus: "Os nenos do Mundo", Xosé Neira Vilas.
Pero xa ves, Neira, que o Bush tamén sabe chorar.¿Polos nenos? Non Pepe, polo seu canciño. Choremos nós, enchamos o teu Río Ulla de Bágoas neste triste día de Reiceiros.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Suso¡Tes toda razon no que dis.Mais que esperas deste mundo,que vemos morrer de fame mais de 3000 nenos o dia,e cando falan desto ou poñen algunha imaxen na t.v.nos mesmos voltamos a cara para outro sitio.Cada dia somos mais individualistas,miramos soio polo noso,e os demais non importan,e asi vai este p... mundo.

Anónimo dijo...

Suso, gracias por tú artículo, un periodista no lo haría mejor. Es triste ver llorar por su perrito a quién no llora por miles de niños. Pero no es de extrañar, cada uno llora por los de sú raza...

Anónimo dijo...

tranquilo Suso, que xa van aló os canciños do señor, ou sea, o trio. este vai ser máis enterro co do teu conto do can da notaria.