sábado, 17 de enero de 2009

CORMELANISMO ESQUECIDO



Cando hai agora 32 anos tomei a presidencia da AA.VV., aínda non tiña nome. Un ano adiante chegou o momento de legalizala e para iso poñerlle un nome concreto. Non servía, dicían, poñer o nome de AA.VV. de Corme, podían crearse outras na mesma vila. Ata aquí todo normal.

Mais velaí a cuestión do debate da que alí se armou. Eu propuxen a este home que tedes na foto, non fai falla presentación. Pero non, seica fora fillo de ricos e un facha de cuidado á hora dos seus descubrimentos. Unha vez máis, imperou a forza dos estudantes que para iso son xente moi lida ¡E unha vez máis amosouse o anticormelanismo! Si meus, os cormeláns somos o meirande inimigo de Corme. A vida foi ensinándomo segundo fun pasándo por ela.

E así saiu elexido o nome de Eduardo Pondal. El non era fillo de ricos nin nada diso. Suou a camiseta para gañar o caldo diario. Tampouco foi facha nin nada, non tiña porque ser, era o señorito da casa grande e punto. Somentes viña pasar os veráns á beira do Anllóns e logo espallarse pola agra de Cospindo facendo poesía en canta encrucillada hai.

Matizando: Recoñezo a obra de Pondal, faltaría máis. Respéctoa, faltaría maís. Pero cando naquel intre se entrou en valoracións como antes citei, maxino que o noso home polo menos arriscou a súa vida e mollouse no mar, e nunca mellor dito. E levou o nome de Corme aló onde foi. Malia, aí quedou o noso pobo, unha vila sobrada de personaxes a quen facer lembranza como foron ou son:Mourelle, Mosqueira, Saleta, Pailos e un, etc. que agora non me veñen á memoria. Ningún deles serviu para nomear a nosa asociación.

E así nos luce o cabelo, sempre enxalzando aos de fóra e ós nosos buscándolle trabas. Anos adiante, tamén á banda que agora eu dirixo se nomea como: E.Pondal por parte de quen a levou de Corme. Pero eles, os de fóra si saben valorar ós seus. Non tiveron en conta, cando menos, porlle un nome cormelán en loor á capital Bergantiñán de bandas de música en todo século XX como foi Corme Aldea. ¡E parece o meu fado! Non quería unha e levei dúas.

Pois así meus, xa vedes que somos nós quen non queremos lembrar aos nosos fillos ilustres. Para máis, aínda os deixamos en menosprecio falando deles. Se é que nalgún tempo houbo cormelanismo, dende que eu nacín foise perdendo. A día de hoxe xa non hai ningún. De vergoña que todos estes nosos fillos ilustres non teñan un monumento na vila que viron a primeira luz.

E remato engadindo a frase dunha persoa de fóra socialmente coñecedora, ante as miñas queixas do morrer da nosa vila: "Suso, son os cormeláns quen rexeitan ó voso propio pobo, naide, ninguén bos ten culpa". Baixei a caluga. Había atinado no que eu xa matinaba hai anos.

P.D. Non teño nada en contra de Pondal, somentes estou reflectindo o noso anticormelanismo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Suso.Por fin sei o porque do nombre da asociacion,eu teño pensado moitas veces por que non se lle puxo o de alguen do pobo,en vez dun veciño da Ponte,nos que tan mal lle queremos os do axuntamento,en fin como decia algun.Temos o que merecemos.Saludos Suso.

Anónimo dijo...

A verdade que é de vergoña ler isto. Suso, tés ´razón en todo que dís. Non temos perdón. ¡e canto calas por non levantar lebres, nótase!Mira que non había nomes en Corme.Pa chorar, vamos....

Anónimo dijo...

Dis mais verdá ca un sabio, non temos perdón. Con unha farmacia en Corme do melloriño, veña a encargar a Coruña as menciñas. Con pescadería nova, veña a comprar ós de fora. Panadería xa non quedou ningunha. Tendas escasas eo súper solo po azafrán. O resto a Ponte.
Logo veña a frasse de sempre, neste Corme non hai nada. Saúdos Suso, tés razón, o cormelanismo acabouse.

Anónimo dijo...

animo SUSO Corme esta contigo

Anónimo dijo...

En este caso estou de acordo con Suso, xa o pensei moitas veces. Porque lle puxeron este nome a Asociación cando Pondal é de todo menos patrocinador de Corme, penso que non o nombra en ningunha poesía.

Anónimo dijo...

suso que lle querias poñer. perico dos palotes.a pondal conoceo moita xente e esta mellor asi

Ponteceso dijo...

Tanta revolucion por un nombre?
cormelanismo acabado?
Esto suena a fascismo,lo mio vale lo demas no.Podeis juntaros con los viejos mandos militares que todavia lloran recordando tiempos gloriosos y privilegios perdidos.