viernes, 9 de enero de 2009

CORME HOXE 9-1-09










Así estaba o noso Corme hoxe ás tres da tarde ¡A verdade, que uns levan a fama e outros cardan a lana! Quen falou de neve, temporal, estradas cortadas e outras con cadeas? ¿Dixo alguén de ir a Canarias, Benidorm ou Sanxenxo? Pois xa vedes meus, hoxe ata na Coruña hai neve á hora de escribir isto e foi imposible circular pola Autoestrada á primeira hora da mañá.( Normal). E frío, por suposto. Logo marchan dicindo que na cidade hai máis caloriña. ¡E nós a vinte grados á sombra!
Pero do noso problema decateime hoxe na Ermida ollando as dunas valeiras que mesmo daba gaña de botar unha cabezada co soliño. ¿Que faltará aquí para encher isto?,pensei. ¡Unhas suecas rubias! Iso é o que falta na nosa vila para encher as nosas praias con este verán de envexa. Sen máis pensalo, mañá falo co Canciller de Información e Turismo sueco, e plantéolle a oferta aproveitando a crise. Non podemos perder este clima. Cunha ducia delas de bo ver, isto estaría a rebosar con estes días de sol. Porén, se fai falla vou eu deica aló para escollelas (?). A Suecia, claro, non vaian meternos gato por lebre. (Agora con tanto maquilaxe xa non sabes o que hai debaixo).
Sexa como for, estas fotos están adicadas a tódolos cormeláns espallados mundo adiante, que neste intre están estarrecidos de frio e neve. ¡Xa vedes meus, que nonme esquezo de vós! Non quixen perder estas imaxes (fresquiñas coma o peixe do día ) e aló pillei a miña cámara da que non teño nin idea. Mais non quixen que perdérades este mencer primaveiral do voso Corme querido. Apertas dende a Fonte do Campo.
-----------------------------------------------------------------------------------
P.D. Que me esquecía. Non sei que idioma falan as suecas de Suecia, se algún de vós sabedes algo, non deixedes de ensinarmo mesmo acó debaixo: en Comentarios.

2 comentarios:

coral de Tella dijo...

non sei como falan as suecas. So te convido a ollar o noso blog. Saudos

coraldetella.blogspot.com

Administrador dijo...

O blog está ollado.(?) Nada novo baixo este sol de primaveira. ¿Tampouco tedes unha "suequiña" aínda que sexa cuarentona?, podías prestárnola namentres tanto.
Falaríamos por sinais.
Corto e cambeo colega.Saúdos.