martes, 16 de diciembre de 2008

A Torre do Faro



¡Case 50 anos que está erguida! Por estas datas podemos dicir sen engano que xa estaba case coa altura total de uns 30 mtrs., e 259 sobre do nivel do mar.
No vindeiro ano, celebraráse o seu cincuentenario. ¡Que logo pasa o tempo! Comezara a obra dous anos antes, no 1957 e foi inaugurada o catro de setembro do 1959 polo Cardeal: D.Fernando Quiroga Palacios. A verdade que nunca pensei que resistise tantos anos. Digo isto por algunhas veces que de mozo subín arriba e balanceaba. Pero termou. E polo que se vé, seguirá aínda moitos anos máis.
En canto ao seu promotor, pois case todos da bisbarra saben que foi Ricardo Pose Ouréns, emigrante en Montevideo.
Mais facendo un pouco de historia -algo que me prace- vou contarvos un pouquiño da Capela. O único que fun capaz de acadar ata o momento. ¡E mirade que remexín!
O primeiro dato desta Capela é do 10 de xuño de 1715, cando o prior da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña, D. Francisco de Castro Figueroa visitou este Arciprestazgo. Así quedou reflectido no Libro da Cofradía de Nosa Señora do Faro e anexa á Igrexa de San Xulián de Brántuas. Non hai nada referente a cando nin quén a poido erixir.
Seis anos adiante, o 19 de maio de 1721, é visitada de novo. Nesta ocasión polo Arcebispo de Santiago: D.Luís de Salcedo Azcona, atopándose que "esta Capela non tiña Constitución".
Sería o 24 de agosto de 1729 cando é aprobada a Constitución da mesma ante o notario Jacob Méndez de Souto en presencia do cura de Brántoas: D.Antonio Puga e Arixón.
Dous anos adiante, no 1931, fai o retablo: Domingo Martínez e a pintura ó ano seguinte: Francisco Gómes (sic). Dende sempre, parece ser que se honrou o día oito de setembro, tal e como todos xa coñecemos.
E sen máis, dicirvos que para o vindeiro ano, pois iso, que vai haber festa rachada na que ademais estase a involucrar o noso concello.Como tal, xa está mandando as postais de Nadal coa foto do Faro. Sen dúbidas, será unha efeméride digna de non perder. E como din os de Brántoas resumindo o apego que nos teñen: "O día que falten os de Corme, o Faro acabouse".
-----------------------------------------------------------------------------------------
Nota:A foto é do día da inauguración.Premer nela e sae pantalla completa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sempre que teño ocasión, achégome ata o lugar, pola extrema beleza da paisaxe que pode verse ao seu arredor. Dúas curiosidades ou coincidencias, Suso: eu nacín no ano en que se empezou a erguer; e na miña próxima novela unha pasaxe desta descurre ao pé da mesma.

Saúdos cordiais.

J. Antonio Andrade

Administrador dijo...

Saúdos J.Antonio. Eu ese ano tamén comecei a miña andaina. E, a que non sabes onde? Case preto da túa Seavia natal. Foi en Ferreira de Agolada o luns de Pascua. Xa choviu.
Apertas.