jueves, 11 de diciembre de 2008

Cospindo, capital O Couto.
















Así estaban hoxe ás catro do serán as obras do complexo hostaleiro de O Couto-Cospindo. A súa situación está ó pasar a curva de Valarés e comezar a subida a Corme. Como podedes ver, O Couto está de noraboa e cunha nova imaxe para o vindeiro verán, pois non só é isto, senón que o sábado día 13 inaugúrase o Museo Pondaliano. (Mañá poñerei as fotos).
A xeito disto, colocouse en todo o Routeiro Pondaliano unha ducia de menhires co nome de cada encrucillada. Pero dese evento falaremos mañá ou pasado, hoxe vamos co hotel.
Realmente non sei se é un soño o ver esta ladeira convertida nunha verdadeira xoia onde contrasta o antigo co moderno. A súa vista natural é de total privilexio ollando o esteiro do Anllóns. Coido que nalgunha foto xa vos decataredes da panorámica vista de todo o val, tanto pontecesán como de Cabana. Tal é que, podemos contemplar: Tella, Lestimoño e a Graña, Carballido, Ponteceso, A Trabe, Anllóns, Neaño, A Telleira, Cándoas e un longo, etc., que xa non consigo recordar.
¡E nós sen unha cama!, dicía eu fai uns días. Pois xa vedes, ademais diso o complexo leva un restautante de 1ª liña. Ou sexa, de levar carteira chea para "logo da chea". ¡A verdade que os do Couto deben ir máis a Misa ca nós! Digo eu por caerlle unha breva así e uns inversores que namais ver a rilleira costa arriba dos Oqueiros dixeron: "Mira, xa está ben aquí a inversión sen subir máis". E ala, velaí se ficaron.
Mais dentro do malo, aínda é unha sorte a súa cercanía de seis quilómetros e na estrada principal de Corme. Sen dúbidas hoxe en día non hai distancias.(?). Isto dígoo eu para disimular a raxeira de non facer a obra en Corme, pero a "procesión" vai por dentro. Ou sexa, a envexa. Así con rima.
Entrementres, queda o tamén noso complexo da Serra co seu hotel correspondente. Eu maxino que madrileños e de toda castela, máis ben quererán ollar o mar. ¡E con dúas praias á beira! Logo, poden xantar aquí os nosos percebes e de postre as roscas do Couto. (Uns días adiante falarei do vencellamento cormelán con O Couto na Idade Media como así de un fito histórico entrambos).
Ben, pois, a miña intención neste blog é a de manter ó día aos nosos cormeláns que non poden vir tan a miúdo como quixeran.
E remato cunha vella frase que xustamente reflexa a antiga unión entre nós. Cando os mozos de Corme v¡ñan de troula ou ben das mozas, dicían no Couto antes de pillar costa arriba: "Alto aquí, taberna do Couto, casa de Tío Modesto, tomemos unha copa e con roscas".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Envexa Sana é o que sinto eu, de que en Corme nadie soupera invertir cando habia cartos en algo así.
Nadie creiu nunca no noso pobo e non valen disculpas de que non hai nadie en inverno.
sólo hai que ver as garzas calquer fin de semana para darse conta que solo fai falta creer en un mismo e traballar, traballar e... traballar

Anónimo dijo...

Es muy fácil ver los toros desde la barrera, pero disponer de más de 500 millones de las antiguas pts. para un hotel,no está al alcance de cualquier atrevido.
Lo triste es que no haya ni una pensión por lo menos.

Anónimo dijo...

De certo que estás facendo un blog dos que non hai. Grazas pola túa labor Suso, ata fai revivir a un o noso entorno cormelán.Esto é unha labor positiva e de traballo.saúdos