lunes, 15 de diciembre de 2008

Museo Pondal por dentro





----------------------------------------------------------------------------------------------
Un día máis convosco, hoxe para cumplir a miña palabra cal foi a de amosarvos por dentro o novo Museo de Pondal. Como sabedes, esta obra foi reconvertida sobre da vella Casa do Cura, como así era coñecida ¡A verdade que quedei abraiado! Unha cousa son as fotos e outra é ollala dende dentro.
Como podedes ver na 1ª foto pola esquerda, iso eran as cortes das vacas. Agora xa vedes que é un pequeno recinto que servirá, entre moitas máis cousas, para facer teatro. Onte inaugurouno o grupo camariñán Dequenquén coa obra: As cicatrices da memoria. Moi boa interpretación por parte dos dous actores. Noraboa.
A foto seguinte é no primeiro e único andar, para o cal conta cun moderno ascensor. Un lugar supoño, que servirá para albergar á biblioteca e reunións.
A que lle segue á dereita, é no salón chamado A Lareira, onde onte José Antonio Andrade, presentou o seu libro: Reválida de sexto.
Baixamos e á esquerda, ao meu entender, é o pasillo onde se ven as antigas comedeiras das vacas.
Vemos agora unha foto da fermosa lareira que é o salón máis acolledor. Supoño que de seguro será o máis funcional, por así dicilo.
E canto á última, corresponde ó digamos soportal onde ó mesmo tempo suben as escaleiras ó senlleiro piso.
É unha obra merecente de ver, onde non falta a tecnoloxía máis avanzada, toda ela comunicada por cableado totalmente soterrado. Só pasar o seu umbral, parece que xa recende a cultura. Agora só falta un bon acceso e aparcadoiro. Pero ben, o principal xa está acadado e o demais é secundario.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias Suso, estás haciendo unha labor distinta. Nos estás mostrando algo que ni idea teníamos los que vivimos fuera. Hasta da envidia y ganas de ir para Corme. La verdad que vale más una imagen que cién palabras. Saludos.

Anónimo dijo...

Suso, moitas grazas polo teu blog e por enchelo coas nosas novas, quizais nós non o faríamos por Corme,pero xa vexo que ti és diferente.saúdos.

Anónimo dijo...

por favor Suso, non nos fagas sufrir máis vendo como medra o Couto e nós a dúas velas.sei que o fais por ben, pero esto xa é moita dor.