Foi dende a miña nenez a chousa dos meus soños: A Serra. Pero era soñar durmindo! Eu soñaba cun hotelazo de non sei cantas estrelas. Un xeriátrico. Un Parquilandia para traer tódolos nenos da bisbarra e ata das capitais, pois xa se sabe, como un neno se poña a chorar non hai pai/avó que se resista.
A verdade que son un soñador esperto. A onde iríamos a parar cun hotel de 5 estrelas sen ningunha oferta turística que ofrecer? Sen ningúnha industria que tiráse por viaxantes, sen teatros para os actores, sen armadores ao non haber barcos, sen un clima axeitado para a 3ª idade. Non nos decatamos que aos do Inserso fáille falla moita calorciña, pois, unha baixada ó Osmo ou á Arnela en bañador e..., e unha subida de cadavres conxelados coma pitos. Falando disto temos como referente a Neaño, o cal está nunha boa encrucillada e cunha oferta hosteleira do mellor e..., a dúas velas.
En canto ao xeriátrico, pois aínda tería mellor acollida, Corme e a Costa da Morte en conxunto, teñen sen dúbidas unha poboación vella. Somos unha poboación vella. É duro dicilo, pero hai que recoñecelo: a xuventude foise.
Logo queda o 3º soño. Se acabo de escribir que non temos xuventude na bisbarra como vai haber nenos! Ata os avós aquí non temos que dar conta dos netos. Non hai! E onde non hai non se pode sacar.
Malia isto, que o meu soño non o poiden ver cumplido, alomenos síntome ledo de vivir para ver esa chousa urbanizada e libre de toxos, xestas, silveiras e lagartos e “demais familia”. Quedan bastanta pretos os nosos montes dos que afortunadamente estamos sobrados.
Mais un dos meus soños coido velo cumprido cando menos en parte, pois, velaí o tendes: o hotel. Non sei si é de 5 estrelas, pero polo de pronto leva tres pisos e piscina, amén dun contorno que dará unha boa impresión na mesma entrada de vila.
Hai cantidade de cormeláns que parece ser desexaban que iso estivese así de por vida, ou ben que o mercase o concello para facer nel entre outras cousas un auditorio e zoas de recreo. Eles tamén soñan coma min. Demasiado fermoso para ser realidade, se temos en conta que esa parcela custou 500 millóns das antiguas pesetas. Logo había que facer o resto. Tampouco non debemos esquecer que o concello ten 13 parroquias máis, algo que os cormeláns parece non queremos ter en conta.
Si meus, eu penso que a veces soñar tan alto -e falo por min- é unha maneira egoísta de ver as cousas. Todos desexamos o mellor para a nosa vila, pero o pobo é o mesmo ca unha casa de familia: ten que aterse aos seus aforros.
Sexa como for, a obra deixa un ensanche de uns 15 metros na baixada do Osmo, co cal poderáse contar cun amplo aparcadoiro se temos en conta que ata agora non tiñamos nada. Ó mesmo tempo e como podemos ver, están deixando e desmontado xa, a entrada de cara ao peirao, unha utopía á cal esa non conto chegar a vela. Tódolos portos da bisbarra están coa mesma teima, aínda cando teñen bastante máis movemento portuario ca o noso.
Teñen un agarimo especial os mandatarios de Madrid pola nosa costa que é moito. Pena deles pola vindeira Olimpiada, a verdade que os acompaño na dor! A verdade sexa dita, para esa “obra” non ían expropiar nin tocar o medio ambente. Tampouco os ecoloxistas ían pór trabas de ningún tipo, o asunto é facerse ver e sacar peito na costa.
E conclúo aproveitándo aquela famosa frase á Igrexa, pero terxiversándoa: “con Costas hemos topado, mío Sancho”. Coido ben de seguro que coa Igrexa aínda tería algún xeito, con estes..., ningún. A todo hai quen gañe!
3 comentarios:
O que tiñamos que facer os de CORME e dar gracias a quen ven gastar un peso aqui,e non chamarlle as pestes como fixeron ca fonte.Nin pa ela miran,xa pode tar chea de verdin ou de lotes dentro que ningen vai limpalos ,pero ven algen de fora cambiarlle o "loock"e poñeno verde.Se a fonte falara o mellor ata lle gustaba ese colorido,polo menos agora miran para ela.E ca serra outro tanto,polo menos vai dar gusto ir dar un paseo ata ala arriba,siquera ves algo mais ca toxos e silvas.O que ven facer algo por Corme habia que facerlle un monumento,porque hai que ter un bo par de "JUEVOS"
Hola Suso,gustame que nos vaias informando das cousas que estan a facer no nso pobo.Eu non vou a entrar en se estan ben ou mal,pois xa sei como somos os de Corme,xa me entendes.Soio quero decir que cada un ten o que merece,e alguns ainda temos de mais.Saude Suso.E sigue escribindo.
A verdade, Suso, é que o teu blog é o verdadeiro xornal de Corme. De un Corme fresco e diario. De algún xeito o levas dentro. Basta a sinceridade coa que contas os teus "utópicos soños". Para os que estamos fóra, isto é sentirse no pobo que todos levamos dentro. Grazas pola túa labor.
Publicar un comentario