viernes, 9 de octubre de 2009

UN CORME CON AIRE NOVO












----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ben, pois continuando co anterior artigo en prol da obra da Serra, sigo hoxe coa mesma, pero deixando matizado que non teño arte nin parte na obra. Que máis quixera eu! Nin sequera coñezo aos promotores.
Como vos dicía no anterior, velaí tendes algo que eu mesmo lle pedín ao Alcalde: Que deixásen a futura entrada para o noso peirao. A palabra está cumprida e aí está na primeira foto, un ancho máis ca sufizente e case dicíndolle aos de Costas: "Xa podedes seguir, o comezo está feito".
E pensar que hai dous anos isto era unha matigueira ata de raposos e todo canto escribin no anterior!
Como vos dicía, síntome ledo de vivir e chegar a ver esta ditosa finca arranxada. Ben pensado, tiñamos no medio da vila unha auténtica selva, malia aínda entre as nosas dúas praias máis céntricas e usuales. Observade ao mesmo tempo o ancho na baixada ao Osmo e a esquina da mesma que tremendo corte leva.
Coido que para o vindeiro ano, a faciana de Corme, por chamarllo así, vai ser outra moi distinta no que se refire á estética. Logo en aparcadoiros, un problema do século actual en cidades e vilas, esta obra vén de dar unha alternativa, a cal e aínda sendo privada é digna de ter en conta. Así e a ollo de "bon cubeiro" están feitas máis dun cento de prazas en varios andares.
Na foto da esquerda de abaixo, pódese ver, aínda que non me saiu moi atinada, como están urbanizando e cos seus saneamentos gas e teléfono subterráneos xa a priori para o día que se vaia erguendo polas correspondentes fases.
Quizais me vexades con moita ilusión con esta obra. Xa o dixen no anterior, era unha mágoa para min, repito, o feito de non chegar a vela. Cando menos xa vexo "o meu utópico hotel" erguido. Ata teño gañas de ir durmir unha noite nel, pois, sempre me encantaron os hoteis e neste noso non o poderei resistir. Agora está moito de moda nos festivais do Cancro e Cáritas, que entre os regalos das casas comerciais un deles é o de durmir unha fin de semana no hotel que colabore cos benéficos eventos.
E xa rematando con este tema, quero tocar -de música non, de escrita- o tema da nosa ditosa Fonte no próximo artigo. Outro atractivo para a nosa vila, pois, vexo o que nunca vin desde a miña casa: Que nunca tan fotografiada foi polos forasteiros que nos visitan. De algún xeito coido que quizais chegue a ser o emblema cormelán. Ata agora, ninguén a ollaba nin sacaba a cámara. Agora si. Por algo será


3 comentarios:

Anónimo dijo...

La verdad, Suso, es que llevas Corme en la sangre. Basta leer tú Blog y ver que siempre le sacas partido a los cuatro puntos cardinales de tú pueblo. En horabuena, a pesar de los derrotistas que todo lo ven mal en Corme.

CHUCO dijo...

eu quixera saber que quere algun que ven por Corme de ves en cando. A serra un desastre, o monumento o percebeiro o mismo, que as calzadas romanas tampouco, as casas que iden e asi todo polo estilo. Quixera eu saber onde viven eles se todo e tan perfecto. E moi facil ver os toros desde a barrera eo futbol desde as gradas, o malo e salir o campo, vinde pa Corme e logo vedes millor as cousas e de paso arrimadelo hombro que ingenieros sobran.

Conchi dijo...

Como cormelana, pero fuera, no acabo de entender la opinión de alguna persona, que diciéndose amante de Corme tilda esta obra de aberración sin antes verla terminada. A veces no sabemos lo que queremos y hay cariños que matan.