Pois iso, que me sinto feliz e así o manifesto, de vivir para ver como vai quedando o noso Corme. Ata co cámbeo de estación ten o seu encanto. O que máis mágoa me fai é a falla de ruído polas rúas ata que veñen os nenos da escola, despois xa isto vai sendo outra cousa. Ó mesmo tempo na baixa do serán, comezan as rondas típicas e isto vaise animando. Logo e hoxe que é venres, pois o dito, que xa veñen os nosos da Coruña despois desa semana que se lles fai tan longa e Corme de novo alédase de seu.
Deica logo e apertas. Premede nas fotos para alongalas e haber se coñecedes a que currunchos cormeláns pertencen, tampouco é tan difícil!
2 comentarios:
Hola Suso,animate con el blog que para la gente que esta fuera es importante,te comunico que hay en marcha un proyecto para montar un buen restaurante aqui.
Saludos
Carallo, e aínda hai quen ve o que estan facendo mal,alguns non sei que queren. moitas gracias polas fotos Suso que eso hasta levanta o animo os que estamos fora. A tua páxina dende logo e a única que lle da vida ao Corme net pola súa seriedade no que escribes, o resto son marioladas. Ánimo.
Publicar un comentario