jueves, 7 de mayo de 2009

CLASES SOCIAS. CPTLO.III DEZ ANOS DESPOIS

Nota: Para quen entre de novo, ir ó capítulo I.
-----------------------------------------------------------------
No 1700, o Porto estaba medrando ó redor da pequena Capela e do cemiterio no seu preto valdío. Fora o frade cormelán Xoán Gago -xa desaparecido- quen coa súa obra dou pulo ó pobo de Corme como asi á Confraría Dulce Nome de Jesús tamén por el fundada.
Ata iso, os rueiros e núcleos de Corme eran: Arregadiña, Agra, Arriloa, Carral e Candelago Gafote e Paxariña. Ou sexa, a xente buscaba terreos onde plantar os froitos ó mesmo tempo ca o socairo. Foi a época do espallamento na veira do mar: Baixo da Capilla, Estada, etc. Xa o pobo tiña Misa ós domingos sen falla de ir a Santo Hadrián Vello, aínda que pertencía ó devandito patrón.
Pero Andrés endexamais ía á misa por mor de non tropezar co seu antergo amor. Xurara nunca máis vela dende o día que ela casou. ¡E xa pasaran dez anos! Lupita, agora xa Lupe, tampouco saía máis ca ós actos relixiosos, era a única vida social que facía.
Unha noite de Luar, pero con nubarróns, Andrés fora ó Rancho do Campiño onde os matreros gardaban os seus pertrechos. Saía polo pequeno zapón da súa caseta cando escoita unha voz tras dun tabique: “Andrés, soy yó, Lupe”. Un calafrío fíxoo estarrecer dos pés á cabeza. Calou, non contestou, quedou teso. Unha sombra amosou nese intre xusto nun claro de Lúa. Era ela, a que el non quería ver máis de por vida.
Pero tiña razón Rosa, aquela xa non era a que el quixera con tolemia, pensou ó vela á luz do candil. Aquela non era a Lupita, o seu primeiro amor. Ela achegouse a el: “Dádeme la mano, Andrés. ¿Non quieres tocarme?”., dixo no seu castelán da época. Pero el quedou mudo. Ela comezou a chorar sen trégola ó decatarse que xa non eran os mesmos púberes noivos.
“Que queres de min, facerme máis dano? Tes o destino que elexíches, a vida non ten volta atras. Eu era un ninguén para teus pais, pero se de verdade me quixeras fuxiríamos ata o fin do mundo. ¡Pero xa ves, as cousas cambearon, eu teño a miña familia e son feliz con ela! Por tí enfermei, pecheime na casa durante anos. Ata que Rosa me salvou a vida. ¡Dándome a súa! Ela si é o meu amor de verdade. Non poido facerlle dano. Ti..., tes a túa. Fai o favor e vaite, nunca máis quero voltar a verte”.
“Andrés, despues la última noche que pasamos juntos, el mi padre habíanos espiado, dióme una brutal paliza y encerróme con llave para que non pudiera escaparme contigo. Un més inmediato, casáronme a la fuerza sin poder contravenir al mi padre. Y mi “noche de bodas”..., sentíme ultrajada y violada por un borracho”. E seguiu...
“Ahora se dan cuenta que estamos arruinados, ahora. Andrés, sé quel tú corazón es grande, nos estás dando de comer . Y el mi padre no sé como tiene valor de comer el tú pescado. Pero lo más grande que quedóme de ti, es...,es...,es que Hadrián és tú hijo, nuestro hijo, lo fruto del nuestro amor ”, dixo ela caéndo de xeonllos ó pé del cun chanto do máis fondo.
“Si Andrés, la nuestra última noche sospechábalo ya que estaba embarazada. Quería con eso fuerzárlos cuando pasaran unos meses para casarme contigo. Pero de nada valióme, ni siquiera tube tiempo de decírtelo, pues quería darte una sorpresa”. “Recién lo vés todos los días Andrés, fíjate en sus modales, en sus gestos. Los sus ojos y sus piés al andar, son los tuyos. ¡Y nació sietemesino! Para la gente, para mi nó. Hecha tú mismo las cuentas”.
Agora foi Andrés quen tamén caiu de xeonllos. De repente sentiu as bágoas dos dous caer polas meixelas ata mollarlle as mans. Quedaron sen fala. Só o contacto dos dedos entrenzados fíxoos voltar a un pasado de ledicia. Sen darse conta foron pousando o barbuqueixo no hombro dun noutro.
“Si Andrés, tú fuistelo desgraciado dos ó tres años en tú encierro. Salvóte Rosa y eres feliz, deséotelo. Pero yó llévome doce desgraciada y pásolas mis penas sola. Solo deséome la muerte antes de vivir al lado duna persona con la que nunca fuíme capaz de mantener una conversación. ¡Nel fondo, casi prefiérole borracho! Nadie sabe del nuestro hijo, pero non quiero morirme sin decírtelo, para cuándo Dios y mi Señor me llame”, borboriñou no oído del.
“Grazas por dicirmo Lupe e..., perdoa pola miña maneira de falárche. Son un egoísta, só pensei en min aínda sabendo que ti tamén sofrías. Pero endexamais imaxinaría isto. ¿Que poido facer por el..., e por tí Lupe, e polo resto dos teus fillos, son moitos”, dixo enxugándo os ollos coa manga de franela.
“Andrés, por favor, llévame a los dos hijos mayores en la tuya lancha. Morímonos de hambre y no hay otri persona que nos quiera ayudar por lo que fué mi padre. El pueblo nos odia y con razón. Te lo suplico por..., por el nuestro hijo Andrés. Sólo eso te pido”.
“¿E como llo plantexo eu a Rosa, pois ata agora xa sinto os sorrisos de cotío cando están pé de min os teus fillos, sabes? E iso que ninguén sabe...”.
“Andrés, Rosa és buena, lostá demostrando cada día dando víveres y merienda a mis hijos y..., y al nuestro. Non le digas que me viste, que nunca sepa de nuestro hijo, que no sufra por lo nuestro. Los niños pedirántelo delante della o de los tuyos marineros”.
“Ben, agora que está a Lúa cuberta de nubarróns, vaite que poden albiscarnos, falareino coa mi..., con ela, e haber que poido facer. E grazas por dicirmo aínda cando o vou a pasar mal. Dende hoxe, será para min un fillo máis aínda en segredo”.
“Gracias Andrés, gracias. Tú dísteme mi primer beso, fuiste el mi primer amor. El mi único amor. ¡Déjame a mi darte el último..., en la mejilla, Andrés, la tuya boca pertenece a Rosa! Por el mío esposo me dá lo mismo, al contrario, siempre sentíle asco por tener el valor de casarse conmigo a la fuerza y sin conocerme de nada”.
Ela foise envolta nunha toca e uns farrapos polo Carreixo da Man Peluda e Andrés baixou ó Río dos Pulpos refrescar as meixelas nunha poza do mar. Seguiu pola Estada. Sabía que non ía pegar ollo aquela noite. Tremíalle á noite. Ás voltas na cama. ¿Que ía dicirlle a Rosa cando o vise tan nervoso? Se fora verán, sairía coa lancha toda a noite. Pero non, era inverno. Na Fonte do Carral apagou a secura.
Máis a sorte estivo do seu lado. Namais chegar á casa, ela doulle unha nova: morrera o pai dun mariñeiro da súa lancha: o señor Pedro. ¡Que sorte! Que mellor ca ir ó velorio? Ceou e pillou camiño da Riloa. Termarei ata o día, dixo pa si.
No alpendre da casa do difunto e sentado nun longo tallo, a súa cabeza quedou absorta total. Agora sabía que ela, o seu primeiro amor, era digraciada de por vida. Sentiu vergoña de si mesmo pensando o quela pasou sen ter con quen desfogar. E cun home que non facía falla escoitárllo a ela, bastaba con velo dende que casou.
¿E agora que farei cando vexa mañá ó neno, ó meu fillo? E se un día se entera Rosa? Pero non, case prefiro dicirllo co tempo, non quero enganala. ¡Ai, Deus, canto daría eu por ver a Lupe en boa situación, polo menos que tivese que levar á boca! Malia que ese inútil que seu pai lle impuxo de home...,home (¿). Seu pai, o culpable de todo isto. Ata lle desexo a morte, Deus mo perdoe se peco. ¡Facerlle isto a unha filla!
O canto do galo no preto cortello do cabanel fíxoo espertar do seu ensimismamento. Estaba conxelado e nin se enterara. O albor comezaba a amosar e tiña que voltar á casa. Elas, a súa familia non podían sofrir por isto. Pero estoupaba coas gañas de chorar. Baixou polo Riñote e, ó abeiro dos piñeiros da Ribela desfogouse en bágoas.
----------------------------------------------------------------------------------------
P.D. Seguirán máis capítulos.

12 comentarios:

Anxo S. dijo...

Hola Suso¡Tesme enganchado con ista historia,vamos ter que chamar a T.V.G. pra que fagan unha novela.Enhoraboa de verdade,xa estou esperando o siguente capitulo.saude Suso.

Anónimo dijo...

¡Isto está que se sae!Como di Anxo ,hai que facer unha novela pero con actores de fora,que en Corme hai pouco actor e moito comediante.Estamos agardando o seguinte capitulo.Tas feito un "CRAC".Noraboa,en Corme facian falta catro coma ti.so que a xente ta cega.e como di a cancion:LA ENVIDIA LES CORROE.Pasa de todo e ti segue o chollo que agardamos con ansia o seguinte capitulo.

Luz dijo...

Suso, que no se termine esto. Es vivir Corme desde las entrañas. La verdad es que lo llevas dentro y esta historia tiene su algo de cierta...
Besos de una fan.

Dolores dijo...

Suso, esto é moito, a verdade que non sei como tal discurres. Polo menos tés un blog que se sae da política, crise e problemas cotiáns que falla fai.
Espero que isto chegue polo menos ó capítulo doce, pois véxoas vir...
Noraboa escritor.

Anónimo dijo...

El autobombo está prohibido en este espacio.

Administrador dijo...

Acabo de entrar no meu blog dende hai dous día e atópome co comentario que abaixo está sinalado por anónimo dous, onde polo que se entende, táchame de facerme eu os meus comentarios de eloxio.¡A verdade que quedo abradiado,aínda que un na vida vai indo e cousa vendo!
¿Canto daría eu por saber quén é o que me fai as gabanzas no anónimo nº 1? Pois non, non o sei e dende logo non son tan estulto como para facermo eu mesmo. E para que quedes complacido, diréiche que o 1º comentario xa se identifica el só. A 2ª é unha compañeira de estudos de galego e a 3ª de estudos musicais.
Grazas de calquer xeito por lerme e de corazón:Se sabes quén é o 1º anónimo terás un regalo da miña parte, pois eu realmente nonme sinto tan importante para os eloxios que me fai esa persoa que, polo que se desprende, sen dúbidas quéreme ben.Hai tempo, (tamén amigo anónimo 2º que, tampouco sei que és), que non teño paxariños na cabeza, pero si os pés no chán. Reitero as miñas grazas por lerme. Saúdos.

toñi dijo...

moi ven suso,tamos todas enganchadas o teu culebron...

Anónimo dijo...

Autobombo??? que e iso??? O que o escribiu,debe saber ven o que e,el si se debe de vender ven...que mala foi sempre a envidia.Suso,ti segue asi..."TU SI QUE VALES"

Anónimo dijo...

Son o anonimo nº1 e non é que non queira que sepas quen son,só que neste mundo de xente tan "chamalle x"as veces temos que ir cos da feira e vir cos do mercado,¿xa me entendes non?inda un non pode falar con quen lle da a gana ou ir a onde queira .¡non vaia ser!Tes que dar explicacions pa todo.O do "autobombo"moito criticar pero xa foi un dos primeiros en facer un comentario, atalora xa ta esperando coma auga de maio o proximo capitulo,senon ¿pa que entras ler se non che gusta?Bueno ,ti pa diante e por certo haber cando escribes outro "garaxe cociña"que taba superorixinal.Nos tamen temos un "FRITEPEIXE HORTA",é o ultimo grito.Saudos Suso

Anónimo dijo...

Señor Jesús, se lo repito o no lo entiende bien, el autobombo está prohibido en este espacio. No voy a discutir con usted, que bastantes discusiones acelera por doquier. Tenga usted buen día ilustrísima.

Anónimo dijo...

Señor "autobombo":yo tambien me voy a hunir al club de los anonimos(y no soy Suso)y digo yo ¿es que estas esperando impacientemente el cuarto capitulo y por eso visitas tanto el blog?o es que todo el dia estas de toca huevos y como realmente no sabes ni escribir ,porque no hai quien te entienda ,le tocas la gaita(que este afinada ,que el señor entiende de eso)a los demas.Si es que tu lo sabes hacer mejor deleitanos con algo,estamos todos impacientes "MAJESTAD"¡ANDA YA!No des mas el coñazo y pon la tele un rato que empieza MATALOBOS y a lo mejor te identificas con alguno de ellos.que tenga husted tambien un buen dia"AUTOBOMBO"CLASES SOCIALES es para gente con clase ¿ya me entiendes,no?

Anónimo dijo...

Enoraboa o anonimo que contestou o AUTOBOMBO,ven falado,asi se fai home,se non parece que ta esperando con mais ansia ca nos,o capitulo seguinte,el si que ta enganchado!!!eu sigo decindo que e por envidia,se non non tiña nada que facer neste blog,a min se algo non me gusta,non me paro nin un momento...muitos saudos suso,e sige asi.