lunes, 18 de mayo de 2009

CLASES SOCIAIS.CPTLO.VI. ¡NAQUELA CAMA!


Camiño de Santo Hadrián Vello e Capela semellante á do Santo.

------------------------------------ºººººººººººººººº------------------------------------
Baixaban as sacristanas cando atopan a Andrés sentado nun arró enxugándose coa manga da camisa. Agora era el o que estaba ido. Non sabía onde ir nin que facer. “Ai, Andrés, logo que fais aí oh?”, dixéronlle.
“Pois..., a verdade que..., nada oh que ía por acó e senteime un pouco”, dixo dubidando. “¿Logo estás cansado, porque o que ía por aí arriba atalora está subindo Tella, ou non o viches?”. “¿Non serías ti o que lle metío lume, porque botar..., botaba fume”.
Vírono tan axitado que sentaron pé del. “¿Que tés Andrés, que pasou logo no Porto ho?”. “Dixeron que fuxira a muller e agora é el o que fuxía. Ai, este conto non hai quen o entenda, alabado sexa el Señor”.
Andrés coa cabeza baixa, contoulles a verdade. Case toda. Pero que non sabía a onde ir nin con quen falar, pois, naquel tempo non había máis Lei ca dos señoríos de casas feudales. Só eles tiñan os seus gardas persoais para impor a súa Lei, segundo lles conviña e para quen fora. Pero por sorte, a parroquia de Corme dependiu sempre de Santiago, aínda cando Gondomil estaba aforado a D.Antonio Moscoso e Caamaño, emparentado co conde de Altamira. Foi esta unha regalía do Mosteiro de Sobrado. Logo, aínda que o señor da casa fidalga era D. Antonio España.

Tamén nese tempo erguérase en Gondomil unha Capela e Santuario na honra de San Antonio de Pádua, obra levada a cabo polo arcebispo compostelán D. Thomás de Monroy. Aínda que, era mellor non entrar baixo favores desa xente, pois xa dixeran quén eran deixando de lado á familia de Lupe cando a viron arruinada. ¡E codeábanse e viñeran á voda dela!
“Mira Andrés, vén connosco a pé de D. Francisco, é un home vello e con moita experiencia na vida, verás como el arranxa a cousa. É un bon cura e aínda mellor persoa, pois non ten gañas de xustizas entre os seus fregueses”.
Erguéronse e pillaron a rilleira dos Agrelos para atallar deica ó Lugar e subir á rectoral. Nese toural estaba recén rematada -1713- a Capela de San Xosé que pronto dou nome ó fermoso outeiro. D.Francisco González de Layño -o nome do párroco- pedira facela, dada a súa idade, mentres non se erguía a de Subaldea. Cos seus anos, ir sempre ata á parroquial de Santo Hadrián nas Salgueiras, era algo penoso naquelas congostras corredoiras.

Dous petos no poxigo coa argola de cobre e saiu a criada. Mandou pasar. Xa ían de cotío polo de arranxar a Igrexia. D.Francisco mandou sair ás dúas mulleres. Que foran xantar, díxolle, que aquilo era segredo confesional. Pechou a porta do seu despacho e Andrés espallouse sen receo. Sabía que podía confiar naquel cura, el fora quen o casara e lle bautizara á súa Lara.
“Andrés, hai tempo que sospecho del este individuo y que tiene nome falso. Creo que no sabemos de donde lo és realmente. Voy escribir a la capelanía de Madríd que figura nel certificado que el aportóme, pois nonme fío dela rúbrica”, dixo no seu castelán mexturado.
“Ben, pero agora que facemos con esa muller no Rancho do Campiño?. Ninguén sabe aínda que está aparecida, só está a miña muller con ela e cando as deixei saín tremendo o peor. Non sei se morrería, D. Francisco, estaba na agonía”.
“¡Ai Deus, pillar vós el faco de la súa cuadra mentres cámbio la sotana”, dixo o cura. “Señora Estrella, córtenos unas robanadas de pan que saímos pretos al Porto”, díxolle á sirventa.
--------------------------------------ºººººººººººººº---------------------------------------
Polo camiño da Escobia que viña ata o Cubeiro viñeron sós. Pero ó velos entrar a cabalo a xente veu vindo tras deles. Nun intre a praza do Campiño quedou chea. “¿Logo, que pasará aí dentro, estará Lupe no Rancho?”, dicían todo os veciños entre si. Entre eles de seguido apareceron os seis fillos de Lupe chorando. Aquilo fixo estremecer ós presentes. “¿E se agora está morta a nai destas criaturas?. ¡ Ai, non queira Deus que queden orfiños tan novos!”, seguían dicindo.
Andrés brincou mentres D. Francisco a cabalo faloulle ós presentes: “Vecinos y feligreses míos, Lupe, la nosa querida vecina está dentro, nel Rancho. Volver a las vuestras casas y atender las vuestras vidas, puesto que levades un día de incertidume y sin descanso. És tema de tristura y non puede quedar nadie la nesta plaza. En misa de mañana domingo, yá se vos dirá como está la esta mujer. Ide con Deus y gracias por la vuestra soliradidade”.
Os veciños entenderon e sen dar pío foron deixando valeiro o Campiño. O respecto a D.Francisco era total e tamén entendían a tristura da situación. Os nenos de Lupe premeron nel que querían ver a súa nai canto antes. Baixou do faco nas escaleiras do potin e con eles ó seu lado esperaron que saíra Rosa para dicir como estaba súa nai. Bagoaban berrándo: “Mamá, mamá, queremos verte”.
“Pode pasar D.Francisco, dentro do malo parece fóra de perigo aínda que está moi magoada. Isto foi un crime”, díxolle sen escoitaren os nenos. Entrou el primeiro namentres eles quedaban ó aloumiño de Andrés.
Saiu o cura ó pasamán das casetas: “Venga pues los niños, entrar, pero cuidado con la vuestra madre que la podedes dañar en las suyas feridas”. Choutaron en dous brincos as escaleiras e aquilo foi unha escea de dor e bágoas. Ata D. Francisco non poido termar delas, logo dunha vida vendo traxedias a milleiros no mar e na terra.¡ E iso que non a viu pola mañá!
Lupe xa collera coñecemento e calor coas atencións da súa coidadora. Durante o día, Rosa fora á casa por máis roupa e unha perfia para lavala da sangue vertida. Fixérao con tanto disimulo que ninguén picou nos seus viaxes. D. Francisco falou de a sacar canto antes polo cheirume das recén encascadas redes. Andrés buscou tres veciños e entre os catro nunha parigüela pillaron camiño da casa. Tiña un brazo partido e unha perna escordada, amais da chea de mazaduras a tombos escaleiras abaixo.
“Andrés y Rosa, vós atendédela con los vecinos de confianza, puesto que los suyos hijos son muy niños. En cuanto “a lo resto” és de la mía incumbencia.”. Metío man do peto e sacou unhas moedas, as que tiña naquel intre: “Déjovolas hoxe esto, pero haberá más. Que no pasen hambre las estas criaturas inocentes nin los suxos avós. Mañana luego de la santa misa, vuelvo visitarla”.
Pero unha sorpresa agardaba a Lupe e ós presentes. Namais chegar á casa, saíron á porta as súas tres amigas da mocidade: Aida, Aurora e Yoli. Elas coa triste nova da mañá, falaron do seu mal comportamento deixándo de lado á súa amiga dende que casara con aquel home. Era hora dunha vez por todas de amosar o seu arrepentimento.
Foi así como dende a mañá acudiron pretas á casa de Lupe. Aqueles nenos máis os seus avós tiñan que ser atendidos. Limparon a casa de arriba abaixo. Acougaron a todos eles, pero sobre todo ós nenos. Fixeron xantar para o cal foran elas con boas esportas de viandas.
O encontro no umbral da porta foi sen palabras. Lupe só coa mirada e véndoas de mandil, entendiu que acababa de recuperálas. De pronto os bicos delas lle encheron o corazón. Máis bágoas, pero agora de ledicia dentro da triste situación.
Rosa e Andrés, sentiron en certo xeito unha sorte. Para eles era unha situación amolada dadas as circunstancias pasadas, aínda cando ían seguir apoiándoos, pero mellor nun segundo lugar.
Andrés nunca entrara por aquela porta principal e o corazón, aquel día tan sensible, comezou a lle palpexar con forza. Pero máis aínda cando as amigas de Lupe falaron de a deitar no cuarto de baixo para mellor atendela e sen subir escaleiras. A entrada no cuarto “dos recordos”, fixo que Andrés cruzara unha mirada con Lupe e os dous torceron o colo para que os presentes non se decataran.
Sen darse conta, viu a súa man no marco da porta. Da porta que tampouco nunca traspasara. A súa foi sempre a fiestra.¡E o cuarto aínda coa mesma pintura azul, máis as portas co mesmo verde! Non sabía se estaba soñando ou desperto. Tantas cousas nun día parecían máis ben un soño de pesadelo.
Polos cristais da porta traseira, ollou a súa antiga casiña. Alí estaba o fachinelo polo que ollaba a Lupe. Ó fondo da horta, a cancela que tantas veces brincou na noite escura para entrar pola xanela dese cuarto que agora tiña en fronte. ¡E alí estaba a cama! A mesma dos cinco torneados balaústres de castaño na cabeceira. A mesma..., a mesma da que un albor brincou sen saber que era á derradeira vez. A mesma onde ás furtadelas foron felices no seu primeiro amor...
Aloulado dou a volta e viuse fronte a D. Agapito ollándoo polas costas. Non souberon que dicir. ¡A verdade, tampouco falaran nunca! “Rosa, eu vou indo mentres vós a atendedes”. “Lupe, non foi nada e ánimo á vida, quedas en boas mans para arrufarte. Deica logo”. E saiu axiña. Aquilo éralle moi forte, máis vendo como Hadrián ó pé de súa nai sentaba á beira..., naquela cama. ¡Naquela cama...! ¡Ai Deus, se ti souberas Hadrián que de esa cama fuches ti o froito do noso amor...!

----------------------------------ººººººººººººººººººººººº-------------------------

P.D. O nome do cura D. Francisco González de Laíño, como asimesmo as datas dese tempo das Capeliña de S. Xosé -1713-, da anterior -1706- a S.Antonio en Gondomil máis os nomes dos persoaxes citados, son reais.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes boa cabeza para lembrarte de todas esas cousas.A parte da historia que contas,tamen esta moi interesante lembrar ese Corme de fai xa ben anos,pa quen sea de esa epoca tenlle que traer moitos recordos.Gustame moito¡si señor!

ANXO S. dijo...

Mui bo Suso,esta todo moi ben,so unha cousa no relato coido que hai un erro,pos o ano 1913 e segun ti mesmo pos na P.D.e o 1713,non e nada pero pode levar a enganos,sin mais.SAUDE,e sigue escribindo.

Luz dijo...

Suso, porfa, el siguiente yá.Me parece que esto promete.Saludos.