miércoles, 13 de mayo de 2009

CLASES SOCIAS. Capítulo V. O FADO DE LUPE


-----------------------------------------------------------------------------------------------
A vida parecía comezar a sorrirlle a Lupe. Agora os dous fillos ían traendo para a casa, cando menos para comer. Andrés ademais de darlle o seu quiñón, botáballe no cesto -coma quen non quere a cousa- canto peixe podía sen que os mariñeiros se deran conta.
Un domingo á saída da misa e no medio do rebumbio, Deus –tivo que ser El, pois da misa viñan- fixo que no portelo do adro se encontraran Rosa e Lupe. Puxéronse vermellas e intentáron sorrir mentres de esguello vían ás marmuradoras.
Coma tódalas mulleres, comezaron a poñer ben o pano ea toca unha a outra. Viñeron vindo ata o Campiño falando somentes de Hadrián e Castor. “Ai, Lupe, non sabes ben o ledo que está Andrés con eles de formales, educados e traballaores que son”. “Cuanto alégrame lo que me dices Rosa. Para una madre no hay mejor orgullo que oir esto”.
Deica ese día, xa as dúas facían por atoparse no adro e ata ousaban entrar na Capela e para o mesmo tallo. As vellas de reollo, peliscaban unhas nas outras en tal ver. Ó sair: “¡Ai Pepa, a que mundo chegamos, Rosa falando coa primeira moza do seu home! El Señor nos colla confesadas”.
“Tan boa é unha como a outra, María, se tiveran vergoña nin se miraban á cara. E pa máis Andrés, aínda lle leva os fillos na lancha .Quedoulle a boca doce de..., xa me entendes, na Furna do Osmo.” “¡Ai meu Lelo -na Groria esteas- que me leváche ó altar coma cando nacín”, dixo Pepa.
“Bueno Pepa, que aínda recordo aquela tardiña en Allarís cando vos pescamos dentro dunha xesteira”.
“¡Ai barallo, logo de onde saíches ti máis o teu Ramón aquela hora, se pode saberse?”.
“Baixabamos de Candelagho do estrume, muller, pois..., veume axudar a erguer o alimpeiro, sabes? ¡Aaai meu home, nel Cielo estea que, tamén me levou ó Altar o mesmiño ca ti, o mesmiño”, dixo María.
“Pero mira muller, volvamos ó conto e deixémolo noso: falando destas dúas, vaite ti a saber o que hai no medio. ¡Ai, meu Sanantonio mo perdoe se peco.” “Calemos que vimos en gracia de Deus, pois confesamos e comungamos hoxe”, dicían ó saír e dando un Nome do Pai, do Fillo, do Esprito Santo e Amén, que casemente llelo creería o cura.
Malia que as cousas comezaron a complicarse en casa de Lupe. O seu home -por chamárlle algo- agora xa quitaba o peito fóra coas ganancias dos fillos. Xa pedía purrela do mellor nas baiucas e fumaba cuarterón con librito. A cousa viña sendo que: facía ir ós nenos pequenos vender o peixe dos irmáns ás cánebas do pobo para ter el cartos de seu. ¡E viño na mesa!
Aquilo comezou a facer mágoa nos fillos e tumbar a Lupe de novo: “¿Te dás cuenta de lo que valen mis hijos, pueblerina? Gracias a ellos, pues, por la tenencia del tú padre vaia por Dios. No sé ni cómo hé venido parar al este pueblo de miseria teniendo mi carrera en Madrid”, e así de cotío.
Mais isto non foi nada. Unha noite que viña bébedo coma sempre, petou no cuarto de Lupe: “Abre la puerta, eres la mi mujer y quiero hacer uso del matrimonio que para eso otórgamelo la Ley”. Lupe non habrío e el descerraxou o fecho. Sen máis, batiuse sobre dela na cama. Ela, nun arranque de xenio arrumbouno contra o roupeiro mentres fuxía do cuarto.
Un retorno ó pasado fíxoa estarrecer e berrar cando el a agarrou pola melena e comezou a pegarlle cal fera endemoniada. Os nenos co seu avó ollándo aquilo e véndoa sangrar. ¡Seu pai! ¡Seu pai ollándo o quel fixera antes! A rolos polas escaleiras chegou ó chán de pedra. Ollou ós seus fillos bagoándo: “Adiós hijos míos, cuidaos y cuidar la abuela”. Coxeándo e a toda présa dou volta ó ferroxo do poxigo e perdiuse na noite escura. “Mamá, mamá, no nos dejes solos, mamáaaa...”, sairon pretos tras dela pero xa non a ollaron na noite de néboa.
Pola mañá seguía a néboa cando se escoitou a campá da pequena Capela tocar a rebato. O pobo baixou a choutos á Ribeira. ¿Quen faltaba, quen fora ó mar?. “Ningún mariñeiro”, berrou o sacristán baixando a Solaina: “Falta Lupe da súa casa que a mallou o seu home”.
A xente fixo correlos para porse de acordo na súa busca. Falaron de comezar espallándose pola beira da Ría. Rosa e Andrés ollánrose mudos, non sabían que dicir. De pronto el tivo un presentimento: “Rosa, espera aquí un pouquiño, vou ó Rancho polas botas e veño nun intre”, mentiu.
Namais subir as seis escaleiras, comezou a ollar. ¡ De sotaque, un calafrío lle fixo pór a pel de galiña! Alí estaba Lupe nun curruncho encollediña, descalza, en camisón ensanguentado que case nin se coñecía. Coa cara magullada e os cabelos pegados pola sangue na comisura dos beizos, a súa mirada estaba ida e non artellou fala.
Andrés abriu o zapón da súa caseta e volveu por ela. Pero non se tiña de pé. De pronto sentíua nos seus rexos brazos como cándo a collía de mozos. Estaba conxelada. Parecía unha mártir lapidada. Acomodouna sobre dunhas redes e tapouna con canto farrapo había alí. Envolveulle os pés nun vello gabán e aloumiñouna. Ela non atinaba coa mirada, estaba ida.
Andrés saiu voando. A néboa seguía e ata o agradeceu. En catro brincos estivo ó lado de Rosa no potín da Ribeiriña. “Rosa -díxolle sen que ouvise ninguén- Lupe estaba no Rancho e resgardeina na nosa caseta. ¡Mete medo vela! Colle axiña á nena, leva á casa dos avós e baixa a présa con roupa, meiciñas e un caneco de leite quente que quedaba preto da lareira. Non digas nada a ninguén e queda con ela o tempo que faga falla ata que eu volva, eu vou semellar que a estou buscando namentres pensamos que facer. Isto é moi serio”.
Saíron calados cada un ó seu. Rosa logo baixou cunha esporta cuberta dunha roupa de augas para disimular. ¡Só vela, reventou a chorar mentres pechaba a porta! Comezou a dárlle unhas fregas nos pés xeados e porlle uns escarpíns de la. Axiña un pouco leite morno do caneco e cunha culler, o mesmo ca ós agónicos, achegoulla á ensanguentada boca ata que comezou a ir bebendo sen forzas. “Deus Santo, Lupe vaime morrer nas mans”, maxinou pa si. “Mira ti o inútil ese para o que vale, era visto”, pensou.
Andrés baixou e no mesmo potin do Rancho tropeza co Igüeldo con cara de ínquedo baixando ó Río dos Pulpos. “Verás Andrés, discutimos un poco, nada, cuatro tonterías y se escapó dejando a los niños solos. Estas mujeres de ahora...”, dixo facendo o inocente. “Haber si la encontramos entre los dós, hombre”, seguiu. “Si ho, vén comigo deica á Arnela ou ó Osmo”, dixo Andrés.
No Río da Arnela: “Vaia hombre, y ahora como salto yó sin mojar mis zapatos de boscal”. “Se tanto lle queres á túa Lupe, pois, descálzate”. Brincou e mollou os pés ata os nocelos. Pasaron o Pescante e Andrés ollándo ás pedras coma quen: “Pois aquí tampouco está, vaia por Deus. Vamos deica ó Osmo logo”. “Si hombre, que no hará yó por la madre de mis hijos”, dixo o cínico.
Baixaron ó Osmo e o maxín de Andrés comezou a voar mentras cruzaban a praia. Nunca máis voltara á Furna dende que estivera con ela, con Lupe. E agora..., con este cerillitas ó meu lado, pensou. “Anda, veña, brinca o río que non é tan ancho”, díxolle.
Namais sortexar as pedras da Furna a mirada fóiselle contra a parede da esquerda, a que facía de abeiro e escondrixo ó pobo. Os ollos comezaron a sairlle das casulas e o corazón a petárlle con forza. “Vén, anda, haber se está escondida tras da pena”. ¨Subiron a pequena rilleira de area ata que Andrés coa caluga baixada ficou quedo.
“¿Que te pasa Andrés, encuéntraste mal?”. Andrés baixouse naquel “currunchiño”, colliu un presa da area na man e bicouna. Aínda de xeonllos erguiu a cabeza e..., a súa mirada fixo estarrecer a Igüeldo. Nunca o “madrileño” vira uns ollos tan vermellos de carraxe.
“¿Ves esta area, Purrelas, porque non és outra cousa. Nela eramos felices Lupe máis eu. Ela con 15 e eu 17 anos. Neste curruncho está o noso amor e neste areal a nosa felicidade de noivos. Esta foi a nosa primeira cama, sabías? ¡Ata que chegáche ti. E sacáchema sen amor que tampouco llelo díches a ela!
“Acabo de atopala e vela na agonía...,e..., agora vouche dar o mesmo amor ca ti a ela. Coa mesma “discusioncita” como ti dís”. Sen máis erguiuse cos ollos reflectindo sangue entre as bágoas. “Toma a miña navalla mariñeira e mátame á primeira”, díxo poñéndolla na man. “Porque, ou me matas o mesmo que a Lupe, ou te mato, mal nacido”. Igüeldo, vendo as cousas mal paradas quixo facerse valer. “Así que tú... y mi mujer...” “Pues considérate nel cementerio. Tú lo has querido, pobre matrero de mierda”,dixo ó mesmo tempo que comezaba a facer unhas filigranas coa faca.
“Toma a area da muller que maltratáches, miserable cerillitas”, díxolle ó tempo que lla tiraba ós ollos. Non tivo tempo de limpálos cando Andrés xa o pillara pola pechera arrincándolle os botóns e a paxarela. Apretoulle o esmirrado puño coa súa man de rexo mariñeiro ata que a faca caiu na area ó mesmo tempo ca os xemelgos de camisa do “señor”. Nun intre xa de tolemia, Andrés comezou a darlle unha caterva de sopapos. Na súa locura pillouno polo cocote e fíxolle comer unha presa “daquela”area para que a levase de recordo.
Era agora o pobre diablo quen choraba de xeonllos pedindo clemencia. Erguiuno polo cinto: “Sabes, morto de fame, agora vás pillar o camiño de volta á "túa cidade". ¡Porque tí és un home da capital! Pero vás saír por onde non entráches, cobarde inútil”. Enfilouno polo camiño do Mal Paso deica a praia da Ermida. “Ves, por aí é o teu camiño de volta a onde nunca debías haber vido. Andando, asasino cobarde”.
“Andrés, por favor, déjame ir por otri sitio, por aquí puedo matarme, esto pone miedo”. “Se te matas, diráse que foi un sucidio polo que fixéches. Todo pobo pensará o mesmo”.
Agarrado ás rochas e ós guizos dos toxos, berraba coma un tolo cando ollaba os cantís afiados. Suaba e sangaba coas espiñas nas mans. “Veña valente, así cando chegues a esa "cidade" que ninguén sabe cal é, poderás contar esta fazaña”.
Chegaron á Ermida e atravesaron polas Areas. Logo de pasar as Brañas e na Pedra da Serpe díxolle: “Aquí e poñendo esta Cruz de testigo, xúrame que nunca máis voltarás a Corme. Ves esta costa que vai ó Santo Hadrián?, pois, pillas camiño arriba e nunca máis volvas a aparecer neste pobo. Se o fais, sabes que o cárcere che espera de por vida polo que fixéches. Todo pobo irá en contra túa. Fuxe e..., non te preocupes polos teus fillos que agora an ter máis que comer”, díxolle Andrés ó mesmo tempo que lle lostregaba “unha lapada máis de recordo”.
Andrés sentou na Pedra ollándoo ata que desapareciu. Baixou ó río de Gondomil e refrescou a cabeza ardente. O Igüeldo, chegara á Capela do Santo Hadrián e dúas mulleres estaban preparando a Igrexa para cando "aparecera" a difunta. Ó velo tan magoado dixéronlle: “Ai, San Antonio, pero a que falta non é a túa muller?”. Mais el seguiu sen fala e a fume de carozo mentres elas quedaban abraiadas en tal ver. “Ouh María, non che parece un morto en vida?”. “Pois ata tés razón Jesusa, porque en vida xa foi un morto”. “¡O malo é que non temos chope sen non hai enterro! Pecha a porta e vamos daí xantar que é hora”.
----------------------------------------------------------------------------------------------
P.D. Glorasio deste léxico: Baiuca=tasca. Cáneba=tenda. Choutos=saltos. Cuarterón= tabaco antigo . Paxarela=pajarita. Purrela=viño cativo.
Castelán: Semellándo ó desa época.




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Anonimo 1 dache a noraboa.MOI BEN,MOI BEN,MOI BEN.Isto hai que levalo a television.Ata eu lle taba mallando o lombo a ese "cerillitas".De verdade que quedo abraiado co que ti escribes.Parabens Suso

mariñeiro dijo...

o mar non foches, pero de Corme vese que es e o levas dentro.ainda te acordas do rancho, xa chovio. veña e sigue que xa me tarda.

Requeteneta dijo...

Polo que se ve, Suso, parece que naqueles tempos tamén ivan "al altar como las de ahora"........ ai, ai, e logo falan de nós as súas requetenetas.eu penso que é millor non intentar engañar a Deus. nada é novo baixo o sol, e menos este ano que xa non ven.saudos