miércoles, 10 de septiembre de 2008

Vida Musical



Ben, pois aquí me tedes na miña salsa. Esta foto no Couto, foi sacada na actuación do centenario do Himno Galego o pasado ano 2007. E xa vedes como disfruto coa banda, a mesma para min na que eu me criei: a de meu pai Basilio. Sobre ela foi refundada a actual formación que agora dirixo. Dóeme que non leve o nome de Corme, patria bergantiñán musical durante o século XX, pero a vida é así. Malia isto, vou contarvos o que poñen os carteis das festas dende que eu tomei a batuta: Banda de Corme. Pero non porque eu llelo pida; sae das comisións da bisbarra.
Este ano batímo-la marca en canto a actuacións: corenta e cinco (45) sen contar que por mor dos chavales que están cos seus estudos, podiamos acadar unhas dez máis. Porque, todo hai que dicilo, a banda está neste intre formada por máis de vinte rapaces e mozos, e sete compoñentes maiores. En canto aos mozos, pois están en estudos de grado medio e superior musical, uns, e universidades e escolas -segundo a súa edade-outros. Pero todos cunha formación musical diña de envexa para a miña xeración.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Suso, nunca entrei no teu blog ata hoxe, non o sabía. A verdade que a música é o teu, chega con ollarte. sorte e segue escribindo.

Perlita dijo...

soy bizneta do pancho de sada e faime moi feliz atopar información deles.
grazas