domingo, 14 de septiembre de 2008

Galego sí, ou galego non?

Nos xornais de hoxe, 14 de setembro do 2008, salientan unhas novas do Clube Financieiro de Vigo, onde poñen en dúbida a importancia do idioma galego. Sinalan os asinantes a súa postura na cal dín: "As linguas vernáculas están moi ben para andar por casa, agás que máis ben coma un belo adorno". Entre outras moitas cousas, definen o idioma galego coma: "un atranco e pérdeda de tempo", deixando claro que: "con el, non se vai a ningunha parte".
Mirade vós por onde me chove un xerro de auga fría. Agora que estaba eu dando "caña" para ver de facer o "meu" Celga-4, veñen estes innovadores falando que: "o importante é o castelán e o inglés". ¡Deica aquí chegamos, progres! Logo destas afirmacíons, coido que sería mellor ír dunha vez por todas e sacar do baúl dos recordos aquel esquecido Esperanto.
Deben olvidarse -os nosos financieiros- dos vascos e cataláns, aos cales nin nomean tan siqueira de pasada. ¡E falan vasco e catalán! Os de Vigo non, os devanditos citados. Eles, os nosos, deben falar de seguro o castelán refinado: "Fuistes por casa?"; "Llamastes a mamá?"; "Toy cunos amigos"; "Mi mujer vá cunas amigas", e así unha ristra de refinamentos que fan deles unha clase de élite cando viaxan ó seu Madrí añorado, e alí practican coa Jet-Set do Clube de turno.
O conto meus, que fai tempo veño ollando como máis de catro aínda soñan coa época medieval -por non dicir caciquil -ou xa máis preto, coa tristura do século pasado. Nel, xa falabamos castelán.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como dixo unha sabia, as únicas portas que fecha o galego son as da ignorancia ;)