sábado, 20 de septiembre de 2008

A nosa Filo



Velaí a tedes hoxe: tiña o seu retrato no meu arquivo e eu sen decatarme diso; a vellez non ten cura! Tamén é certo que non souben poñela aquí onde a vedes; hoxe atinei de milagre. Pero o conto que me trae, non é outro ca dicirvos que non está maliña; está sentindo a chegada do outono e, por iso deixou de comer e veña a durmir.
O asunto é que non entendo moito destes animaliños -e doutros tampouco- e xa me asustei ó ver que non facía de por vida. Pero aínda así, nunca fixo as cousas deste ano: envolverse nunha toalla -cabeza incluída- e así pasa as horas da noite e do día mentras eu tremo que afogue por falla de ar, e, veña a destapárlle a caluga. "Pero home, ti non ves logo que tamén está debaixo da auga e non afoga?", dime a miña dona. ¡Canto saben as mulleres!
A verdade que non somos nada sen elas. "Home casado, muller é", di o refrán. Pois nin co esas: Non sabemos zurcir un remendo nin coser un botón; facer unha cama (eu fágoa, pero sae como pode); planchar, a cousa do mundo que nunca xeito lle dín; ter a roupa a punto, sexa inverno ou verán; de facer de comer, prefiro non falar, a verdade é que me vale calquera cousa con tal que estea cocida. Ai, que me esquecía: a louza lávoa eu e tamén paso a vasoira, iso si que me gusta.
A verdade meus, aínda que nos riñan, temos que calar; é o mellor; e aguantar o sermón sen dar chío aínda que se lle pegue a tortilla ou o caldo. Nin pío meus, sei dalgún que protestou polo guiso sen sal, e..., zas, pola face abaixo todo prato de arrós.
Xa ledes, comecei coa Filo e acabei falando das mulleres. Pero ben. Achantando que é xerundio.

No hay comentarios: