Foi moito o falado en prol desta nosa marquesina, quén máis, quén menos non está de acordo co seu asentamento, pois, para mariñeiros nós, todos sabemos que case sempre chove de vendaval.
Isto vén a conto polo comentario no artigo de abaixo -que sempre agradezo, por certo- da miña veciña e amiga Maríasuagón. Ela dí:"gústame a utilidade da marquesina". Pero de contado que "sigue sen verlle outra, pois nin abriga da chuvia nin da sombra". Creo que non entendín ben, ou ela non expresou o que quería dicir, dende logo sombra a fai. Con respecto á chuvia, abriga máis do que parece, non sempre chove de vendaval e con vento. Son testigo por vecindade, de como estaba a xente ás 7 da mañá en días de chuvia, aquilo era de pena e tercermundista.
Pero unha das cousas que aprendín nos 15 anos na A.de V. foi que cando se pon trabas a unha cousa, hai que dar alternativas a outra, neste caso por exemplo: onde, donde, en que lugar, etc.
Porque o que dí María, é un pouco o sentir do pobo, todo quisque a buscárlle voltas, pero ninguén dí onde a poñería: "En calquera lado, menos neste", é a resposta cotiá. E eu pregunto: ¿onde é calquera lado?.
Cando veu o delegado da Xunta co tema das marquesinas -había tres concedidas para a nosa bisbarra- e llelo comentou ao alcalde, tivo que dicir sí ou non, pero xa. E sinalar o lugar, xa. De non ser así, iría para outra vila. Tampouco valía o quedarse co diñeiro e invertilo en cousas máis importantes ou necesarias. Creo que todos sabemos como as plantexan as administracións. Isto foi outra cousa que o pobo non quixo entender. Porque solo entendemos o que queremos entender.
Con respecto á ubicación, eu pediría ideas e solucións. Como todos sabedes, a miña cabeciña "non para" -frase de moda- en darlle voltas a Corme, é o meu pasatempo. Todo menos xogar a partida. E pásoo ben. Sen ir máis lonxe, o aparcamento fronte á Igrexa para coches de vodas e enterros, foi idea e petición miña dende hai uns 15 anos. Pero mirade que no da marquesina lle dín voltas e nada, que non saiu outro lugar máis idóneo aínda entendendo que "case sempre chove de vendaval".
E remato con esta teima dicindo que por moitas voltas que lle dín, o mellor lugar que atopei e abrigado do vendaval, foi entre a Fonte do Carral, e a caseta da maquinaria da rampla, xa sabedes. Pero empezan os peros: queda totalmente descentralizada para os nenos do colexio, pois solo teñen unha única parada. Imaxinade os nenos da Arnela! E a máis gorda se cabe: con Costas haberíamos topado, "mío Sancho".
Con respecto ao modelo tan singular-vangardista, tampouco couberon alternativas, o plano era así e, ou o tomas ou o deixas.
P.D. Fai máis abeiro do que pensades, quixera que virades á marxe dos viaxeiros, as nosas avoas e nais tomando o sol mentras esperan polo cotiá Rosario, xa é un lugar de encontro e pasatempo. E polas noites para os viaxeiros: ¿Que había antes disto? A cabina para unha persoa en caso de chuvia. Ah, e para os púberes comer pipas e de paso "ligar", se cabe, agora xa non están na porta da Axudantía.
ESPERO IDEAS PARA SE NO FUTURO HAI QUE CAMBEALA. E con respecto a min, pois iso, que é o meu mellor pasatempo, nunca máis lonxe de outra cousa. Bo día, meus, en Corme xa estamos de verán.
2 comentarios:
Espero que non tomases mal o meu comentario, a min a ubicación pareceme perfecta, é a estetica a que non me parece acorde a situación. De ahí a miña crítica a utilidade.
Opinións claro que ten que haber de todos os gustos, a xente que toma as decisións debe facelo de acordo a conciencia de procurar o mellor, evidentemente non poderá contentar a todos.Ademais intentalo conduciría a non poder facer nunca nada.
Por suposto, eu non teño conocementos para argumentar como a facería mellor, pero estou segura que cos mesmos cartos e no mesmo sitio, poderíase facer algo máis práctico cara o vendaval, quizá habería que ter visto mais proyectos técnicos ou deseños máis axeitados pa Corme
Ola María: Os teus comentarios son para min un azo para seguir escribindo. Visto está que se as mulleres non tirades para diante, os homes nada. Gracias veciña e escríbeme moito. (Aquí está un día de verán).
Publicar un comentario