SESENTA ANOS DESPOIS
Era eu neno cando se fixo esta rúa, como adoito chamala: Rúa de Xoán Gago, xa sabedes o porqué. Ben, pasaron 60 dende aquilo, xa chovío, e aínda teño a sorte de a ver de novo transformada, agás que agora en asfalto, cousa que non é do meu agrado, pero entendo que para renovala en cemento de novo habería que cortar o tráfico ao muelle e non hai outra vía alternativa.
Coido que todo aquilo que fixera D.Xosé (O Alemán) xa vemos o que durou e duraría, pois o oitenta por cen da actual de cemento aínda era orixinal dos anos cincuenta.
Sen dúbidas, gustaríame que a arranxasen de cemento, sobre todo pola cor negra do asfalto e o cheirume do alquitrán nos días de sol moi forte. Pero como dixo hoxe un veciño: “tamén fai xogo coas aceras en negro”. A verdade que é unha cor que odio e rexeito, o negro, cando que xa Galicia é triste polo clima, facíannos falla colores craros e relucentes, pero en fin, éche o que hai.
E nada, que vos estou escribindo estas catro verbas ao mesmo tempo que estou escoitando as máquinas cando son as 12 do mediodía, pola tarde engadirei a foto de rematada, pois tempo lles sobra no día, e, como dicía o “vello de Madrí”, q.e.p.d., “cabrones de Cabra, queda inaugurado este pantano”.
P.D. A obra rematou ás 5 e a inauguración (?) será o vindeiro sábado pola tarde, haberá pinchos de lacón en fartura con orellas e follados. Quedades todos convidados, pois paga o Concello, que, total coma os demais concellos, non vai pagar a factura así que tanto lles ten que sexamos cincuenta ou cen.

No hay comentarios:
Publicar un comentario