miércoles, 22 de febrero de 2012

AS PARELLA DA AGORA, DECLÁRANSE?


Hoxe toca falar de amor, ou saber se nas parellas actuais hai iso, amor. Levo toda a vida entre rapaces, entre unha mocidade que se criou ó meu lado, onde, así a ollo de bon cubeiro penso que pasaron preto de min uns 150 dito sexa en números redondos. Falo dos 27 anos da orquestra e dende hai 9 na banda.
Algunhas veces lle pregunto se saben declararse e sorrínme sen resposta. E así se fan noivos sen declaración previa. O de noivos é un dicir. Cada ano por San Valentín, teño que recordárlles na banda o do ramo de flores. E non vexades vós o que mo agradecen! Ata me dan as gracias de parte delas, das súas noivas, pois non fondo para a muller, o mellor galano segue sendo unha flor! Aínda que, cunha xoia quedarían máis ledas!
Eles pregúntanme como é iso de declararse, que hai que dicirlles, como hai que facer? Ou sexa, que, o romanticismo perdiuse, xa ten un pase que suspendan en matemáticas, pero en químicas tamén deben suspender e o amor é iso: química.
Falando disto, vou contarvos unha anécdota real cun dos “meus” rapaces: Estábamos xantando nunha parrillada -porque os músicos somos de churrasco con criollo e viño de barril- e un dos compañeiros non quitaba ollo da camareira, unha rapaciña nova e de bo ver. El é tan bo rapaz como tímido. Ata que lle entramos á cousa: “Veña ho, que esperas prá dicirlle algo?”. “E que non sei que dicirlle, nunca tiven moza!”, dixo el. “Pois home, algo poético ou así”, lle dixemos.
E así foi, meus, como nunha das idas e voltas da rapaza lle soltou treméndolle a voz: “Nena, tés o corazón como a roda dun carro”. Ai, Deus, a rapaza fuxiu mentres nós quitábamos os panos prá enxugar as bágoas. E o pobre quedou desanxelado: “Fíxeno mal, logo?”, preguntou. E máis risa en col da mesa.
Como vedes e ledes, isto non ten arranxo, que non saben declararse, vánse achegándo e disque “quedan prá saír o sábado de marcha”. Tamén é certo que a maoiría xa se coñecen no colexio, pero aínda así tiña que haber unha declaración como Deus manda.


Onde vai aquilo de: “Carmen, estou toliño por ti, nena, queres ser miña moza?”, dicíamos coa boca máis enxoita que un monllo de palla. E as Carmen, Pepitas, Manolas ou Josefas non podían resistir aquilo e quedaban feitizadas e sen durmir ata o domingo seguinte para saber si a cousa fora polas dúas copas de coñac Terry do pretendiente –polo dos nervios- ou llelo ían corroborar o vindeiro domingo.
Pero a cousa non solo era o coñac, o conto era que había que ir ben fardados con traxe e gravata dos días de festa. E coas ondas do cabelo pregado de gomina como se nos lambera a cucha. Logo e despois do afeitado, unha loción de Floid ou Varón Dandy que facía repelús. Eu ata maxino que máis ben quedaban alouladas con semellante cheirume, pero no fondo daba resultado. Seis meses adiante case nos desmaiábamos co primeiro bico, ou co sabor a Jazmin e o ulido a colonia La Maja e xabón Heno de Pravia. Elas tamén tiñan as súas artimañas para resaltar a "súa natural beleza", ai non!
En resumindo, que o romanticismo é auga pasada, pero si aquilo era de risa o de agora é de chóra. Moitos bicos da perra, pero nin un de "tornillo". Moito móbil e o pantalón rompido, os cabelos sen pieitar, sen afeitar e…, non se saben declarar. ¿Bailar…?, como moito “Bailar pegados”.

2 comentarios:

mariasuagon dijo...

Rinme ben coa roda do carro. Pero ó teu tema, define parella de agora: ¿dous que pasan un anaco xuntos? ¿revueltos? certo que non necesitan declararse.
Pero creendo que o amor existe, os dous que sigan tendo necesidade de estar xuntos, en algún momento e de moitas formas declararán os sentimentos.

Administrador dijo...

Ola María: Como che digo máis abaixo, eres a miña verdadeira fan, a que ousa escribirme.
Pero entrando ao conto, xa vexo que che dou moita risa o "corazón como a roda dun carro". Pois foi tan certo como que hoxe hai sol.
Xa me contarás se o teu..., non che fixo unha declaración como Deus manda. Senón a fixo agora xa é tarde, non lla queiras xa.
Saúdos María e claro que o amor eixiste.