domingo, 29 de marzo de 2009

MODAS IN. GARAXES COCIÑA

Pois o conto veu sendo que en varias ocasión fumos de visita a casas de xente que nunca foramos. E todo tan limpiño que mesmamente daban gañas de rolarte polo chan. ¡Nin un lixo e todo brilante que casemente non facía falla espello!

Ai, pero namais saír e xa dentro do coche veña cabreo: “Non temos perdón, na nosa cociña non hai máis ca lotes. Que se mazáns, peras, limóns vellos, botellas, a ristra de allos, vasos, o azucareiro, serviletas, meiciñas, almanaques con santiñas do ano catapún. A nosa cociña é unha vergoña”.

Tempo adiante, nova visita e..., a mesma historia. “¡Pero é que todo mundo ten as cociñas tan limpas que non hai nin unha ghuisandera?”, petei con xenio contra o volante que case vou á gabia. E veña outra vez a mesma discusión.

E a pobriña da parienta termando no meu colesterol. Sen dar pío. Caladiña. Sen saber que dicir en tal ver e oír. O de oír é un conto porque a radio do coche ós domingos todo é: Gooooollllllll...., aínda para máis cabreo. Pero ela, aínda dándolle máis volume, pois antes fútbol que aturarme e min.

¡Ata que un día decatámonos do truco!, as cociñas eran no garaxe. ¡E alí vaia se había cousas! Con moita limpeza, iso si, pero xa o conto non era o mesmo: A roda de reposto baixo o andel dos víveres, a lata do aceite do coche preta a do guiso. (Un día engáñanse e verás ti:estofado ó Repsol).

Seica empezaran frixindo unhas bicudas e sardiñas polo San Xoán na butana vella polo do fume e o cheiro, dicían coa disculpa. ¡E xa quedou o invento patentado! A cociña de verdade de adorno total, só para abraiar ás visitas. ¡Así calquera, pensamos nós!

Eu tamén pensei ó chegar ó coche. Pensei en non dar pío mentras ollaba de esguello á parienta. Pobriña, ata non me atrevín a pedirlle perdón cando me lembrei que non había moito vira a un vitima coa tixola frixindo baixo do potín de fóra. ¡E chovéndolle na cueira, pois non cabía dentro!

Malia que nós non temos garaxe na casa, (esa é a salvación), unicamente ir ata á Paxariña que é onde está, pero queda un pouco lonxe e chegaría a tortilla fría. Mais, ben pensado, para que quererá a xente vivir no garaxe e coa cociña de adorno? Nese caso mellor sería facer un “estar/estou” na cociña de verdade, sempre sería máis barato e útil.

Non é de extrañar que a xente vaia vivir á cidade, alí polo menos xantan na cociña de verdade. Tamén sexa dito, non teñen alternativa porque xa non hai garaxe privado. ¡Quen viría os da vila, todos eles na súa praza individual frexindo as sardiñas e logo subíndoas no ascensor!

A verdade que ó mundo non hai quen o entenda; cando non había cociñas por falla de cartos, xantábase na lareira vella. Agora que os hai, xántase no garaxe.

3 comentarios:

Xoan dijo...

No estás al loro, aquí en Coruña llamamos a telesardina y ya está. Je, Je
Esto é como de cubrir os asentos dos coches e os 15 anos ter coche vello e asentos novos

Pepi dijo...

Cuidado con el admin. y el Xoan, teneis un rabo...
Pero en el fondo dices verdad, Xoán, en lo del coche. La verdad es que me partí de risa con tu comparación.

Mani dijo...

y suerte que teneis el día que os echemos al garaje, pues ya `podeis dormir en el coche, lavar los cacharros y comer caliente.