Unha etapa máis da miña vida chegou a punto e final, dende este mes paso á lista dos xubilados, sempre que me queiran no Inserso, pois, tal e como están as cousas xa non digo nada.
Mais, non saibades a sensación que sentín despois de asinar os impresos da solicitude, namais saír e chegar á rúa quedei absorto. Algo cambeara en min en cuestión de minutos, de repente dinme conta que de algunha maneira non me sentía tan vello ata ese intre. Aínda sabendo que un día tiña que ser, que todo ten un comezo e un final. Que da mesma maneira que o pano se ergue nunha obra de teatro ó comezo da primeira escena, tamén se baixa ó remate da mesma.
Sabíao o derradeiro día das clases aos meus alumnos antes do Nadal. Pero calei e despedinme deles coma de costume, non fun capaz de dicírllelo. Os nenos non o entenderían, por algo son nenos. Quixen bicar aquelas cariñas que vin medrar un ano trás doutro, desexábao, pero non, non fun capaz. E comecei a ir gardando as leccións, os lápices e as gomas de borrar na carteira/mochila. Antes de apagar a luz, unha última ollada á aula fíxome voltar no tempo. Mais non, non chorei, cousa rara en min, éme algo inefable de explicar. E pechei a porta, agás que de maneira diferente, era para sempre, un doble peche.
------------------------------------------------------------------------------------
E por outra parte tamén a nosa tenda, o Bazar a Fonte cerrou as súas portas despois de 37 anos. Vamos, que mesmo parece que foi o destino para máis mágoa, que estes dous feitos acontecesen na mesma data. Se a música a vivín cou paixón, tamén a tenda non foi menos. Pouquiño e pouco, os andeis van quedando valeiros, mellor, polo menos fáiseme un pouco máis doce o final.
Con canta ilusión se abre un negociño cando estás no mellor da vida! E nunca maxinas que un día será o derradeiro. ¡Que pronto pasou todo, aínda que todo pasou no seu tempo! Cada mañá engadindo estantes e colgarexos. Cada noite maxinando en como colgar aquel xoguete á vista de todos.
Pechar a tenda foi pechar outra páxina principal da nosa vida, e sentirmos vellos, así, sen máis paliativos. Sintes a mesma sensación de cada noite cando vás baixando as persianas da vivenda unha tras doutra. A vida é o mesmo cá un libro entretido, vas pasando follas e chegas ó final cando menos o esperabas, cando estabas realmente disfrutando dese relato.
Agora, seguirei escribindo corcheas, fuelleándo no acordeón, serrando no violín ou espallando unhas notas no piano. Menos a trompeta que xa collíu varola aínda sendo o meu 1º instrumento e o máis doado de cantos probei. Logo seguirei dirixindo a banda ata que Deus o queira e nas noites e leceres, seguir estudando na miña escola persoal e escribindo para vós, para quén queira lerme. De rapaz non puiden estudar para ir traballar; mais agora que traballei, tempo terei de estudar.
3 comentarios:
¡Ola Suso¡non sei se erro,mais pareceme que non che senta ben iso de xubilarte,pois a min quen me dera xa poder xubilarme,disfruta todo o que poidas Suso,que vai ser o que levemos desta vida,e agora sin tenda,pois tamen tendes mais tempo pos dous,apuntate os viaxes do inserso,e idebos pra canarias,mallorca ou pra onde sexa.Animo Suso e mais que nunca SAUDE¡
xubilado, a veces solo é unha situación administrativa, cómoda ou incómoda, disfruta deste moi merecido tempo pa ti e pa os teus, tendo a ilusión que tes por aprender e por compartir seguro que sabes aproveitalo
Gracias María e Anxo, decateime hai tempo que os tres vivimos na mesma dirección, Fontiña e ata o Gafote. Casualidades, pero boas.
Con respecto á xubilación, é totalmente distinta á vida de un mariñeiro, pero entendo que tivo que ser así, malia que a miña plaza, nin todas que se vaian xubilando, non van ser cubertas por ningún xoven. Iso sí é o malo, o meu, pois, unha nostalxia que irá curando paseniñamente.
Teñamos saúde. Grazas polo voso azo.
Publicar un comentario