lunes, 13 de mayo de 2013

QUINCE DÍAS NA COSTA BRAVA




Ola amigos, de novo aproveitei estes días que o Imserso me brindou para coñecer a devandita Costa. A pousada foi en Lloret de Mar, pero dende alí fixemos moitas excursións que vos irei narrando.

A primeira foi a Barcelona e a verdade que xa o dí o refrán: Quen non a vío, non vío cousa boa. Catedral, Parque do Montjuic, Barrio Gótico, Pueblo Español, as Ramblas, etc. Pero o verdadeiro fenómeno foi o que non podía ser menos: A Sagrada Familia.

Xantamos mesmo mirándoa e rodeámola varias veces. Imposible intentar entrar, pois as colas duraban horas. Miles de persoas de tódalas nacionalidades e miles de fotos e vídeos facían xa de por si todo un evento.Toda en obras, aínda lle faltan 13 anos para ser rematada. E somentes costeada co recaudado diariamente coas entradas, non aceptan subvencións de ningún organismo.

Outro día tocoulle ao Sur de Francia pasando pola Junquera cos Pirineos nevados: Perpinyá e Conlliure onde repousan os restos de Antonio Machado foi o suficente para considerar de todas a mellor excursión. Lástima de non poder poñer fotos neste blog que agora non mos acepta, pero quédame de recordo a foto no cemiterio na tumba de Machado.

De alí, e pola Costa pasamos Port Bou para xantar en Figueres, pobo de outro famoso: Salvador Dalí.

Sería outro día, unha máis preta como foi dende Lloret a Tossa de Mar, onde a escultura de Ava Gardner é visita obrigada. Parece que filmou alí unha pilícula e dende entón fíxose veraneante cada ano. A marxe disto, ten moita lenda e fermosura, sobre todo no seu castillo.

De Tossa a San Feliu de Gixols foi de pánico: Vinte kilómetros e 365 curvas foron suficente para acordarme que o avión é moito mellor. Un dos moitos chalets de Tita Cervera (a dos cuadros, xa sabedes) dá remate á devandita estrada que espero non volver a pisar.

E como non podía ser menos, pois, a capital da provincia: Gerona, sería punto obrigado. Entramos pola xudería onde me atopo sen contar coa casa natal de Xabier Cugat, un carreixiño o mesmo cá o noso da Man Peluda. Fermoso este barrio coa Catedral de entrada e a construción do pobo xudío todo el ateigado de historia segundo nos ía narrando a guía.

De seguido, camiño de Banyoles onde está o segundo lago máis grande de España despois do de Pola de Sanabria. Alí, paseo en catamarán e xantar na beira do lago no restaurante La Carpa, onde unha carpa de 21 kilos e pescada no lago, preside todo o comedor.

Xa pola tarde, outra vila museo gótico con moita historia xudía esperábanos: Besalú. Antiga capital do condado. O seu estilo é totalmente medieval bordeada polo Río Fluviá. Un trafego de autocares repletos dá vida a esa fermosa vila.

Logo e xa máis cerca, habíamos visitado Blanes, onde comeza a devandita Costa Brava ata Francia. Tampouco quedou atrás o parque de dona Clotilde e outros moitos lugares.

Mais falando de Lloret, pois, que me metío no bolsillo. Un segundo Benidorm, pero ateigado de xuventude e cunha marcha que non vexades. O ruído que eu buscaba por fin atopeino, e, abofé que quedei ben para unha temporada. Miles de xóvenes ingleses, franceses e rusos dan unha vida distinta a esta fermosa vila. Alí si que hai botellón!

Pero na vida páganse todas e a min pasoume o mesmo: Unha mañá paseando escoitei tocar á morto. E aló fun e era certo, un enterro. Ou sexa, 40.000 habitantes e tamén toca a campana a morto! E eu quéixome en Corme! Pido perdón.

P.D. Ai, que me esquencía, no hotel tamén toquei unhas pezas no teclado do colega, como non podía ser menos. Permitiume despois de xantar, abrir o baile para centos de persoas. Tamén me convidou o señor cura, que, para a próxima visita teño que tocar o órgano nunha misa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

About 9 folks can retail store their exclusive info on the treadmill at just one time.


Feel free to surf to my blog post - dumbbell sets

Anónimo dijo...

When you are rising your lean muscle mass mass rapidly during the procedure, you might be continually revving up your metabolism, which in transform gives you an even better,
fast-paced fat-burning amount.

my blog post click through the up coming web site