martes, 30 de junio de 2009

CLASES SOCIAIS.Capítulo XII. VODAS CON AMOR

CLASES SOCIAIS
Capítulo XII e último
Amencía o dez de novembro co Ceo cuberto de nubarróns. Un ar de vendaval comezaba a deixarse notar na maruxía daquela mañá. As gaivotas ínquedas non paraban de chiar e os mariñeiros comezaron na Galga, uns a reforzar amarras e outros a dar arriba naquel outono inverneiro.
Hadrián non o pensou máis: “Mamá, vou ir buliñeándo ó barlovento coa lancha para a Telleira antes que o tempo vaia a máis, así xa a güarezo do temporal que se aveciña e quédome ó San Martiño que é mañá en Cándoas”. “Hijo, paréceme bién, pero debías decir que os güareceis los dós, vale?”.
Pero o tempo foi a máis no medio do serán. As lanchas comezaron a tropezar de popa unhas coas outras. Era unha marea das grandes do ano e o Monte do Carral non facía abeiro nin socairo para aquela Surada.
A lancha de Modesto corría perigo de ir contra o Biscoiteiro e saíron na chalana dende a Riveira para ver de reforzar amarras. Con el ían Quique e os outros dous mariñeiros. Malia que nunha manobra a gamela dou volta con todos eles ó mar.
Axiña acudiron os máis pretos, pero Modesto non nadaba ben a pesar da súa longa vida mariñeira. E tragou moita auga. Tanta que perdiu o coñecemento ata o feito de poñelo cabeza abaixo e os pés ó ar para vaciar a auga do estómago.
Na praia falouse que non estaba en condicións de valerse el só e non tiña familia en primeiro grado. Quique sen máis pensalo falou de levalo para a súa casa. ¡Que mellor ocasión para xuntalo con súa nai!, pensou ó mesmo tempo. Ata a xente non picou en maldade dados os anos que o rapaz levaba con el de mariñeiro.
E así entrou Modesto portas adentro na casa do seu amor: nunha parigüela e con cara de estuxado. ¡Que vergoña de presentación!, pensaba el. Pero ó mesmo tempo aínda puxo cara de máis enfermo haber se pasaba alí a noite. ¡E pasouna!
“Venga, subirlo a la habitación de arriba haber si lo cambiamos de ropa y toma algo calentito”. E alí se viu Modesto espido nas máns da súa amada. Pero iso si, coas palmas das mans tapando as “súas partes”encollidiñas por mor do frio namentres ela e as amigas o lavaban cunha almofia chea de auga morna. A xente saiu e el quedou acochadiño. ¡Que sorte tiven, maxinaba para si. Por fin podía falar con ela. ¡E falaron, tiña que ser!
“Caramba Modesto, ahora tienes mejor color en la cara”. Como no ía ter, estaba coma un tomate vermello de vergoña. “Bueno, pois aquí me tes nas túas mans. Vaia presentación!”, dixo el. “Anda hombre, no hay mal que por bién no venga. Mira tú por dónde podemos hablar”.
Os fillos dela pillaran porta a fóra adrede para deixálos a solas e Quique encargouse da lancha. Por fin Modesto sentiu unhas mans de muller contra as súas. E tremío con outro calafrío. “Te encuentras mal Modesto, parece que tiemblas?”. “Non Lupe, latéxame o corazón de ledicia, e sinto esa cousa que lle chaman celme. Ata non me importa a lancha se vai ás pedras ou non. Benvido sexa este temporal. Ai, por fin estou ó teu lado!”.
E veu a noite e seguían falando. A verdade sexa dita, tíñano todo por falar. Despois dun caldiño, Modesto sentiu o primeiro bico na súa face. Nunca un levara máis ca os da súa nai. Lupe era quen tiña que tomar a dianteira: “Modesto, pero tú sabes bién lo que propusísteme? Tengo seis hijos y...?” “Coma se tés dez, Lupe, levo toda a vida namorado de ti. Se me queres son teu en corpo e alma, total..., nas túas mans xa estou”, dixo el atallando. "Máis ben poido dicir a alma, pois o corpo xa ves, non é riqueza”, rematou el sorrindo.
Naquel intre tamén sorrían Hadrián e Lucía na cama de la de ovella. E Castor con Lara, pero sen xergón tan siquera de cazula! A súa era no trasteiro do Rancho do Campiño, sobor dos aparellos de Andrés, o pai dela. Era o seu acocho de cotío. Non había outra cousa. E sorría toda familia con semellante noite de Vendaval!
Modesto quedou tres días ata “recuperarse da pulmoeira”, dicíalle Lupe ás amigas e á xente. “Está aún muy malito con el resfriado que cojióse, aún tiene mucha tós y tampouco tiene quién lo cuide. Yo débole mucho por lo que hizo con mi hijo Castor, sabeis?”. Tós malditúnha tiña. “Mira Lupe, na casa xa o tes e mellor compaña non a atopas”, arrufábana as amigas vendo vir a cousa.
Deica aquilo, Modesto comezou a ir xantar e cear á casa de Lupe. A cousa viña mellorándo o mesmo ca o tempo empeorándo. Un més adiante apareceu Hadrián. Seica aproveitara para arranxar a quilla, o timón e a bancada de popa. Pero traguía unha nova: “Mamá, isto...,teño que casar, pois Lucía está..., xa sabes, iso..., foi sen querer mamá, ou sexa, unha noite de tronos que tiñamos medo, sabes?”, rematou Hadrián.
Unha semana adiante: “Mamá, teño que falar contigo”, era Castor coas bágoas estoupándo. “¿Que tienes luego, hijo?”. “Pois que..., que vou ter que casarme. Xa sabes, ás veces fánse cousas sen querer e saen como lle cadra”, rematou Castor coa cabeza baixa. “O sea y sin más vueltas, que tienes a Lara embarazada, nó?”. “Pois, se ti o dís...”.
---------------------------ºººººººººººººººººººººººººººººº---------------------------------
“Hijos míos, hoy os é reunido a todos, pero nó para pedir la vuestra opinión. Hoy es para deciros que me caso, yo también estoy preñada, sabeis?” Con tal susto, ós fillos veulles o xantar á boca: “Xesús mamá, a estas alturas?”, dixeron a unha.
“Ai, hijos míos, estoy preñada..., pero de amor. Por fin Dios obsequióme con el hombre de mi vida! Y que tan cerca lo tenía! Así que primero yo y luego ya tengo con quién ir a las vuestras bodas. Porque a este paso, esta vá a parecer la casa cuna. Ya no quiero ni saberlo”.
Un més adiante, ás seis da mañá, saían da súa casa: Lupe, Modesto e os fillos dela. Todos silandeiros por mor de non facer ruído. Máis nisto, un gato baixa doente cunha vella tixola amarrada ó rabo. E máis gatos con ollas, bacenillas e vellas ferradas da auga. E todo rueiro saiu ás ventás haber que era aquilo.
Era o típico dos solteiróns, viúvos e viúvas, o de casar a esa hora para evitar ás ollapeiras. Malia que era tamén típico o dos gatos e as trouladas dos amigos. Sempre se sabían as cousas. No carreixo do Campiño para a Igrexa, outra nova lles esperaba: As amigas de Lupe que non quixeron perder o casoiro. E entraron, por suposto.
Unha hora despois, a olla do caldo fervía con chiculate remexido polas amigas. Elas foron chamándo a outras e tamén ós amigos de Modesto. Total, agora xa estaba a cousa feita! Ó mencer naquela mañá de inverno, a cociña de Lupe estaba ateigada de convidados: “Ya no sé por qué casamos a esa hora, total fuénos peor el remedio que la enfermedad”.
Logo diso, veña a olla ó vertedeiro para facer o cocido do xantar. Aínda que os días eran pequenos aquel ía ser longo deica a noite. E foi festa rachada con todas as amizades máis as noivas e noivos dos fillos, entre elas Lara e Lucía todas vermellas cando a futura sogra as ollaba.
E chegou a noite. Ai que noite aquela! Cando estaban quitándo os trapiños, velaí comeza a troula no medio da Calle. Agora eran os vellos cacharros colgados nun chicote os que lles facían “a Pascua”. “¿Que hacemos, Modesto?, mira que son unos incongruentes estos tús amigos”, dixo Lupe.
“Mira Lupe, que berren canto queiran. Deitémonos tan sequera, pois o queu quero é acocharme ó teu lado. En canto ó resto..., eu aínda non aprendín e tí que..., xa esquencerías”. “No te preocupes Modesto, haremos lo que podamos pues, ya no somos unos chavales y eso..., eso és lo de menos. Pero hoy sí voy a acostarme con y por amor. Lo que realmente me importa és la tuya compañía y tú cariño, algo que nunca tuve. Y hablar y desahogar. ¡ Que tan sencillo parece y que tan dificil es encontrar a la persona con quién hacerlo!”.
Unha bátega das de idoiro, fixo que a troula fuxira cadaquén á súa casa. Os noivos eran tan, pero tan e tan felices, que non sabían se soñaban ou estaban espertos. Aloumiñados un contra o outro, aproveitaron para velarse toda a noite. ¡Como o cura mandaba! E rían, rían sen poder evitalo cos dedos das mans mesturados. Canto amor transmite unha man!,dicían os dous á unha.
Un mes adiante na Igrexa de Cándoas, Hadrián e Lucía dábanse o si quero ateigados de felicidade. “¿Que estará pensando o cura desta miña filla?, era a teima de Consuelo.
Lupe non vía como dar grazas a Deus por levar aquela bendición de home ó seu lado e Modesto sentíase cinguido polo ganchete dela que ata lle sabía a pouco o seu arreteigar.
Aquela noite e cuns groios de viño de máis, Eliseo ría a partir vendo a face da súa dona: “¿Pero que tes muller, levas todo o día coma se fora Difuntos!”. “Ai Señor, cando penso na vergoña desta filla. Menos mal que mi madre -que en paz descanse- non tivo que pasar por este tragho”, dicía Consuelo.
“Túa nai non muller, pero teu pai..., ou non lembras aquela noite que nos pescou “a ello” no catre do rancho daquel barquiño que estaba no astaleiro?”. “Pero a Deus grazas non fun preñada Eliseo, pois tiven máis entendemento”. “Non Consuelo, o entendemento foi meu que souben recuar a tempo mellor ca Hadrián. Anda, durme e pensa no netiño. Aínda che contaba un conto, pero con esa cara...”, dixo Eliseo peliscándolle. “Cala que te parto e chégate aló. ¡Ai como tás hoxe, la mar me deixe se non hei ter que ir durmir ó faiado!”, dixo ela no canto da cama.
Quince días adiante, Castor e Lara tamén selaban o seu amor de por vida. Pero a Lara, filla única, ningún dos pais lle rifou o máis mínimo. Era a súa xoia mimada. Logo do casamento con fartura dabondo, os noivos por fin estreáron cama de la de ovella. E os pais: “Ai Andrés, ata tiña gañas de ir pola parella, pois tan vella aínda non son e tesme esquecida ho”, dixo Rosa pasándolle a man polo peito.
“Pero muller, ti daste conta que o sobriño sería máis vello ca o tío?”. “O que me dou conta é que o vello érelo ti”, dixo ela dándolle as costas. “Haber logo muller, xa non sei se me lembrarei do asunto, pois con tanto preñazo e casamentos a miña cabeza está aloulada”.
E foron a pola parella. Traballo custoullo. A Andrés, por suposto. A súa cabeza aquela noite estaba voándo feliz, máis do que pensaba Rosa. Por fin podía durmir tranquilo logo de tantos anos sufrindo pola situación de Lupe. E do seu fillo, por suposto. Agora tíñaos a todos “acomodados” e ía ser avó por partida doble. ¡Ai, se se entera Rosa, entón párteme ela a min!
“¿Sabes unha cousa Andrés, estou pensando que pola parella vou eu, pois ti xa vás polo trio”. “¿Que dís muller, ti tás tola?”. “Si Andrés, sempre souben que Hadrián era fillo teu. E tamén sei o apuro que pasáches cando comezou coa nosa filla, súa irmá, eu tamén tremin, sabes? Aínda asi, sempre o sentin coma un fillo máis. Pero non teñas medo que non vou rifarche por iso. Cando comezamos de noivos xa o sabía. Quérote amor. Nin ti nin Lupe tiveches culpa, Andrés, foron cousas de..., clases sociais”.

FIN











------------------------------------ººººººººººººººººººººº---------------------------------
P.D. Ben meus queridos lectores. Sei que sodes moitos polo contador de Blogger, pero a verdade que non dades unha opinión nin tan "sequera para ben". Dí unha vella frase: "Que falen dun, aínda que sexa para ben".
Agradaríame que neste derradeiro capítulo tivésedes a amabilidade de comentar algo. Poderíame extender moito máis, pero a entrade do verán non é doada para isto e decidin finalizar neste capítulo.
Grazas a todos, e durante o estío, escribirei artigos soltos segundo me vaian saíndo.

4 comentarios:

Pedro dijo...

Suso o Verán non e para o ordenador e a xente vai a praia e de viños.
No inverno seguro que a xente ten mais lecer para escribir.
Un saludiño

Anxo Sueiro dijo...

hola Suso.So para decirche que xa lein o teu libro,PRECIOSO,de verdade.gustoume moito.saudos,e que pases un bo vran.

Suso de Basilio dijo...

Ola Anxo, grazas polo teu saúdo e a lectura do meu libro, máis aínda cando non é do teu eido. Pero ó final xa ves que terás un referente de datas cormeláns onde botar man a miúdo. Un referente único ata o momento.
Apertas.

Anónimo dijo...

Cuando yo era niña fui dos o tres veces al molino "do Roncadoiro"con mis padres.Es una pena verlos abandonados,seguro que si hablaran tendrían muchas historias que contar como esta.Feliz Navidad Suso.