domingo, 29 de mayo de 2016

¡QUE GANAS TEÑO DE ESCRIBIR!. PERO...


Pero non vexo de que, meus. Xa sei que levo 5 meses sin facelo e non encontro nada que levar á “mesa”. Se un fala de política, mal vamos. Se é de fútbol, peor aínda. E se a cousa se tercia falando de mulleres, pois iso, que son un vello verde. Así que xa vedes, estou atrapado. E mirade vós que me prace escribir, tanto que durante estes meses quixen comezar varios artigos, pero ó final os fun deixando polo motivo que vos digo.

Logo tamén está a cuestión que moitas veces vos comentei: a falla de interactivar con algún que outro lector, que me fagan algún comentario. Xa sei que se falara do primeiro que dixen, ardería isto como a pólvora, calquera se mete nun lío coma este, onde os “profesionais” da cousa casan e descasan uns cos outros coma quen cambea de chaqueta. Antes, cando eu era mozo, lles chamaban vira chaquetas. ¡E que tanta idea me levou! Aínda que dito isto, tamén me levaron e levan moita idea outras cousas e hainas que ir deixando de lado, coma se fora un moble vello aínda sendo mellor que os de Ikea.

No entanto ao fútbol, xa nada, unha que non me gusta e outra que non lle encontro sentido a que un galego deste curruncho ou aldea esquecida, sexa fan total do Real Madrid ou do Barça. Ata aí chegamos meus, pois eu non o entendo, ou si, sempre queremos arrimarnos aos grandes aínda que para eles sexamos uns ninguén, como diría Neira Vilas poñéndose de Balbino. Non, non podo escoitar que os destes lares choren por estes dous equipos nos cales ao fin e o cabo solo son millóns de pelas que se moven. ¡Que fácil ou doado é arrimar aos grandes!. Veleiquí  nestes dous temas, cabería un artigazo se non fora que a armo polo que quixera dicir e teño que calar.

E como vos dicía, solo queda aquel tema do que tanto falabamos na orquestra: de mulleres,  pois falar de política e fútbol era quedar todos a mal e logo había que sorreir no palco. Pero agora non teño orquestra e Deus a leve consigo, polo tanto, xa non teño que apacigar aos forofos polos temas de ídem. Aparte disto, me chamarían un vello verde. E estarían medio no certo, porque o de vello é verdade. En canto ao de verde maxino que non, porque o pouco cabelo que me cubre a calva xa branquou total.

Agora mirade vós e dicídeme cal dos tres temas non traería discusión. Eu por experiencia digo que este, porque as mulleres seguen sendo fermosas e os homes feos, ou  polo menos sempre os vin feos. Eu xa non poido mirarme ao espello, porque vendo tanta arruga váiseme a moral. O resto, como dicía, xa se foi hai tempo. Queda a vistiña, Santa Lucía bendita nola conserve aínda que sexa para “sofrimento”.

Mais cambeándo de tercio, tamén vos comento que fun de vacacións Imsersianas ata aló en Gandía 15 días e a Valencia ver a Cidade das Ciencias e das Artes. Fantástica obra, o malo foi  comer a “rica paella valenciana” que non é máis ca un guiso de arrós con polo. E se lles parece mal que veñan probar a nosa. Tamén me enterei alí que andan mal entreles, seica non leiran, parece ser que lles vai caendo o pelo de tanto branqueo e “putacións” ou algo así din os xornais. ¡Que tamén me branquou a min, amigos!. (Pero isto que quede entre nós, pois foi un segredo que me contou un de Ourense que traballa alí facéndolle pulpo á feira).

E logo está a miña paixón de caravaning. ¡Cada vez que penso que non vou estrear unha desas de verdade non sei que me dá! Aínda que tamén xa vou tendo medo na carretera, como creo vos dicía no outro artigo. Así que agora o tempo vaise coa miña dona, pois, non me deixa nin ir comprar o pan solo, debe ter medo que me perda. ¡Nin que fora tanta perda!. Non sei porqué, pois, para atopar outro coma min non ten que romper moito a cabeza, total para o  que cobro de pensión aínda non sei como me lava e plancha. ¡E cociñar tamén, todo hai que dicilo, que ben cociña, meus!. A verdade que por este precio non atopo acougo en ningunha pensión nin de unha sola estrela e con cama de xergón de palla. Non sei que será de min se un día me chimpa fóra. Tamén xa calo canto poido. E achantando, xerundio do verbo achantar.

Así que colegas, como dicía, creo que foi San Agustin, estamos en tempo de tormentas e non convén facer mudanzas, enténdase comentarios. Cando o asunto se vaia calmando e as augas de castela e do mediterráneo  lles volvan aos ríos xa veremos de que falamos. Aquí as nosas augas xa están ben encauzadas e aló morren de sequía. Ata nos baños dos hoteis rogan non gastarlles moita auga. Mentras tanto, "vivamos como galegos e a vaquiña polo que vale".


P.D. Ai carallo, agora que rematei, acórdome que puiden falar de coches, sempre mola cantidade coas últimas novidades e nunca trae trifulcas, pero xa foi, e outro día será.

5 comentarios:

O renqueante dijo...

Sexa do que sexa, pero sigue facendo crónicas. Sí é verdade que, cando os tripulantes de un velero dan a volta ao mundo, teñen prohibido falar de tres cousas : fútbol, política e relixión. Porque son as tres cousas que dan luar a discusións, a veces terribles. En tema local, creo que é unha das cousas polas que os galegos falamos sempre do tempo, jajaja... Eu tampouco entendo a quen, sendo de aquí, apoia mais ao Madrid, Barcelona, Bilbao, etc... que ao Deportivo e demais equipos galegos. Unha vez, para picar aos madridistas en Malpica, pregunteilles : e vós...¿si o Malpica, hipotéticamente, chegara a primeira división e se enfrentase ao Madrid, con quen iríades, cal dos dous querríades que gañase? Vergoña me deu a resposta.

Administrador dijo...

Grazas Renqueante, pero se os mariñeiros teñen prohibido falar desas tres cousas que dís, de que falarán logo? Do que eu dicía, do tema nº 3, así non hai trifulcas. E moitas grazas por interactivar comigo, pero xa ves que solo eres ti. Saúdos.

Unknown dijo...

Moi bos artigos! Non coñecía eu esta faceta túa! Sinceramente, estou gratamente sorprendido e a partir de agora andarei mais ao tanto das tuas publicacións. Un saúdo mestre!

P.D.:da igual do tema que se fale se se fai dende o respeto e con argumentos sólidos. De feito, ás veces é agradable ter un sano debate nalgún deses temas tan "polémicos" sabendo que ao final as dúas partes antepoñen as formas e os puntos en común ás diverxencias.

Un saúdo maestro!

Administrador dijo...

Ola Santi: Me aledo que entrases non meu vello Blog, pois xa ten os seus anos, case tantos coma ti. Con respecto á temática deste último artigo, vamos deixalo aquí, e como eu digo, a mellor conversa é falar de mulleres, porque de algún xeito é a cousa máis fermosa que Deus trouxo ao mundo. Un home sen muller é coma un barco sen timón, sen vela e sen brúxula.
E cóidame á parienta Torrada, pero ten cuidado que este apelido..., ou sexa, que teñen moito carácter, ollo ó boi. Dille que este ano é o centenario da Fonte que o bisavó Torrado fixo diante da miña casa, menudo canteiro, por algo veu de Brántuas. E nada máis, ata o luns.

Rosa María Rey Varela dijo...

Querido Compañeiro: Falóume Santy do teu blog e aquí estou, interactuando contigo e "flipando" con esta faceta túa tan fantástica. Primeiro téñoche que confesar que non falo galego no meu día a día pois ti xa sabes que son una rapaza de cidade,de "educación exquisita" nun colexio "pijo" e a única fala na que fun acostumada a comunicarme foi o castelán. Cústame falar e escribir en galego, espero non cometer moitas faltas, tes que perdoar...
Pois sí, a mím encántame escribir,teño feito moitas cousas,moitos poemas,tamén artigos e un par de libros a medio acabar, que, seguramente,por timidez e por inseguridade nunca verán a luz. Xa sabes que os meus antergos eran todos, todiños "Da Costa Da Morte",´pero eu xamáis coñecín a ninguén da miña suposta familia, nin avós, nin tíos, nin primos, aínda que creo lembrar algunas caras por esporádicas visitas de rigor a Barizo ou a Campara. Pero pouco, pola parte da miña nai todos viñeron para aquí e, despois de moitos anos ningún quixo voltar, nin miña nai, nin meus tíos, disque traíanlle malas lembranzas... E xa, asentados, non foron quen de facer "a segunda residencia" ou " " a casiña na aldea" para o verán ou o fin de semana...Non, querido Suso, todos teñen pisiño en Sada...¿Pódelo creer?...Bueno, meu pai fíxose cun pisiño en Malpica... fai tempo que o queren vender...
Eu quedéime sen raíces, non teño donde voltar, nacín nun piso, nun barrio,así de mala gana!...Pero saín músico,porque eu insistía, eso sí, non daban un "peso" por mín, despois de loitar cos meus irmáns maiores(levámonos moitos anos),non podía querer ser músico a última, a que veu sin pensar...Pero fun.
Bueno amigo,non falei de política, nin de relixión e moitísimo menos de futbol(totalmente dacordo cos teus comentarios)eso sí, son muller e faléi de mín, o mellor eso conta co tema das mulleres ¿non?... Perdona o roio,xa nos coñecemos un pouco máis...Apréciote, Rosa.