Co permiso de José Rey utilizo esta súa foto que me enche de abraio.
--------------------------------------------------------------------------
Cada día estou máis namorado do meu Corme, non teño que facerlle, e este ano a pesar do tempo, pois santo do mesmo, aínda parece que hai máis ambente.Levaba anos sen desfrutar tanto da vila que me veu nacer, e agora dende o novo peirao unha nova ilusión parece espertar, non solo en min, senón en todos os nosos veraneantes, asíduos eles que xa forman parte da familia cormelán. A verdade, todo o que vén unha vez queda enganchado de por vida. Ata dá máis devoción ir á misa ós domingos, Deus mo perdoe se peco. E xa te saúdan pola rúa coma un máis do pobo!E que sei eu como vos vou comentar este meu namoro de vello. Cando penso que de rapaz, calquera outro pobo da bisbarra me feitizaba! Sería o saír do cascarón, coma tódolos púberes. Ata que nos decatamos que non, que coma a nosa vila ningunha, sen menosprecio, por suposto, das demais da comarca.Agora temos o froito do noso traballo da Asociación de Veciños: O Xardín Vello, como se adoita chamarlle. E velaí, onde as vilas máis pretas non teñen esta xoia, pois, realmente xa parece unha alameda. Mesmo dá prace ver ás parellas facéndose garatuxas e aloumiños á sombra destes plataneiros e palmeiras que hai uns 40 anos tiven o gusto de prantar con sacho e pá. E dicía eu naquel entón: Chegarei a velos frorecer? E cheguei.Tampouco sei o porqué, ou mellor dito si o sei, pero os nosos cruñeses cada día botan máis de falta o ar do seu Corme. Veñen a finde e van cos pulmóns ateigados. Aproveitan as pontes cada día con máis devezo. E que dicir dos nosos rapaces cruñeses, estes reviven no pobo que os veu nacer.Corme ten futuro, meus, nunca o pensei. Non, non é un futuro industrial, é un futuro de agarimo, de raiceiras, de morriña, de unha idiosincrasia senlleira. De apelidos propios con raíces lonxevas, algo tan sinxelo, pero que non é tan doado atopar.Sentade fronte ó ordenador, premede nesta foto e sentiredes un formigueo, isto no é unha vila, mesmamente parece unha cidade. Ai, meu Corme, coma ti ningún.

2 comentarios:
Os que compartimos o teu sentimento, estamos orgullosos de ter unha "patria" tan querida, un eslogan "eu de corme", que tanto dí, faltabanos ben unha bandeira pa pegatina do coche.
E unha sorte que non se paga, ter a donde sacar os rapaces da coruña, medran e espabilan.
Ola María: Este verán está o pobo a rebousar, nunca lembro tanta xente incluso co mal tempo que está. Pero non vexas a nosa alameda polo día e a noite, non hai outra en toda a bisbarra. Case me parece a de Méndez Núñez. Que dixen, claro, a de Méndez eu, pois eu a plantei. Xa dicía eu que os Méndez somos moito. Saúdos
Publicar un comentario