lunes, 2 de mayo de 2011

O SPA DOS NOSOS AVÓS


Non tiveron ducha, baño nin chacusi. Tampouco radio nin televisión e menos fío musical. Escasamente coñeceron a luz eléctrica e non ían á piscina nin ao chiscólogo polo de relaxarse co estrés.
Non, os nosos avós non coñeceron esa verba. Quizais viñese no diccionario, pero tampouco había diccionario, aínda que mellor dito, non estaba inventada. Os nosos devanceiro/as relaxábanse co sacho, o rancaño ou co fouciño, co feixe de herba ou co xerro do leite á cabeza.
Outros co remo ou en barcos veleiros coa estiba nas bodegas e na cuberta. E da bodega enchendo sal ou cemento. Malia iso, tampouco tiñan ducha, retrete nin auga doce para lavarse sinxelamente por parroquias. E elas, nosas avoas, coa caixa de peixe deica as minas de Varilongo. E non tiñan estrés os nosos devanceiros.
Os nosos avós tampouco ían á praia para broncearse e menos aínda ao solarium. Xa estaban morenos de tanto sol no traballo, co salitre do mar ou co vento norteiro das agras e chousas.
E agora non nos chega coa ducha, o baño, o chacusi nin a piscina, agora hai que relaxarse co spa, ou sexa, o mesmo antes citado agás que todo revolto, pero con nome moderno.
Mais se nos remontamos á historia, isto xa o inventou Cleopatra bañándose en leite de burra, pois, naquel entón non eixistían as cremas hidratantes en envase de plástivo ou cristal con fecha de caducidade. E á condenastra abanicándoa dúas ducias de doncelas con plumeiros de pavo real!
Non sei porqué, pero creo que nos estamos pasando catro parroquias cando falamos de estrés. Tamén lles estamos faltando ao respecto aos nosos ancestros, eles que na súa humildade xamais empregaron o termo reivindicar nin se queixaron de nada.

3 comentarios:

mariasuagon dijo...

Tes razón, os nosos avós sabían conformarse, ahora non nos chega con nada, nin siquera coa vida, queremos "calidade de vida", eso añinda sin facer méritos para merecela.
Temos demasiadas "necesidades", que non son reales.
Ninguén desea que volvan os tempos de antes, pero como vir veñan, vai ser a fame, que non o estrés o que acabe con nos.

mariasuagon dijo...

mira que costa traballiño poñer un comentario, hoxe por fin deixoume, namais intento publicar algo, invitame a facer un blog

Administrador dijo...

Ola María: Unha das cousas que non nos chega agora é o tempo. Xusto cando non temos can nin gato, mellor dito, unha hortiña que plantar. Tés razón, como a cousa dea a volta non vai facer falla o spa. Saúdos veciña.